jueves, 11 de enero de 2018

EXPERIMENTANDO COS ECOSISTEMAS

Estes días andamos un pouco tolos buscando experimentos relacionados cos ecosistemas e o que atopades é "crear un ecosistema". 
Nembargante, hai moitas outras experiencias que se poden levar a cabo relacionadas cos ecosistemas. Para iso debedes fixarvos nos elementos que o conforman, que o deterioran ou en factores que inflúen no ecosistema. 
 Aquí tedes algunha idea:

 EXPERIMENTO 1: COMO INFLÚE O SMOG NO ECOSISTEMA

Vos preguntaredes que iso do Smog. É coma se denomina ao aire contaminado que cubre moitas veces algunhas cidades (por exemplo, Madrid). Este termo estableceuse a principios do século XX cando se cría que Londres estaba cuberto dunha néboa permanente que, non era outra cousa que, néboa con partículas de fume, de hai o nome smoke: fume e fog néboa.

COMO SE FAI:

Precisamos: dous frascos, vinagre, culler, fósforos, papel de alumnio e sementes xerminadas de céspede.
Primeiro collemos un frasco, botamos unha cullerada de vinagre, botámoslle un fósforo prendido e tapamos rapidamente co papel de aluminio. No segundo poñemos as sementes e tamén o tapamos do mesmo xeito.
Facemos dous buratos en cada papel de aluminio e colocamos un frasco enfrontado co outro.

Imos ver que pasa coas sementes de cespede expostas ao smog.

De feito o ideal sería ter un terceiro frasco onde ter sementes xerminadas sen exposición para poder comparalas.

Que vos parece?

Pois tamén podemos facer experimentos relacionados coa calidade da auga, simular un verquido de petróleo sobre un ecosistema, o impacto do lixo no crecementos das plantas, a calidade do chan (plantar en diferentes chans)
E moitísimas máis ideas:

PODE MEDRAR UNHA PLANTA SEN LUZ?




Espero que o artigo vos axude a atopar experimentos sobre o tema, e, sobre todo, a disfrutar coa investigación do mesmo.

1 comentario: