miércoles, 24 de enero de 2018

EXCURSIÓN A SANTIAGO

O día 17 de xaneiro de 2018 fomos de excursión a Santiago.
Ao chegar ao colexio había un autobús agardándonos para levarnos a Meteogalicia.
Xa alí, nada máis chegar, merendamos e falamos. Ao acabar soltamos un globo sonda e, xusto despois, vimos ao noso guía que explicou un pouco que é o clima?, que é a metereoloxía? e máis preguntas relacionadas.
Cando acabou, o guía levaounos xunto dun traballador que explicounos máis datos sobre o globo sonda e coma funcionaban e se usaban os aparellos metereolóxicos.
Ao acabar collemos o bus que nos estaba esperando e fomos a Cidade da Cultura.
Estivemos xogando antes de comer e despois da comida seguimos xogando ata a hora da visita. Despois de comer subímonos a unha cuberta que tiña un "tobogán" onde Miguel rompeu o pantalón.
Cambiamos ao parque con forma de balea. Alí houbo moitos "accidentes" e caídas moi graciosas.
Logo fomos a visita guiada a Cidade da Cultura onde nos explicaron cousas sobre o deseño da mesma. O que máis nos sorprendeu e que nos levaron a uns túneis subterráneos que estaban feitos para que foran os camións a descargar as súas mercadorías.
Ao saír recollemos as nosas mochilas e cada un comprou unha cousa.
                                                                                                                 Brais 5º B

No hay comentarios:

Publicar un comentario