lunes, 15 de enero de 2018

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL

Antes de rematar o primeiro trimestre propuxémonos un gran obxectivo, crear o noso propio canal de experimentos onde ir amosando as experiencias que facemos na clase relacionadas cos temas de ciencias que estamos a traballar.

A experimentación é un xeito práctico de comprobar os coñecementos teóricos. Para levar a cabo as nosas experiencias seguimos o MÉTODO CIENTÍFICO, o que fai que teñamos que facer hipóteses antes de levar a cabo o traballo de campo. Ademais, cada experiencia que se fai na aula ten que ser probada previamente na casa, e debemos cubrir unha ficha onde se indican os materias, hipóteses, procedemento e, finalmente, conclusións.

Antes de iniciar o noso canal fixemos algunhas probas onde todos fixemos as mesmas experiencias e probamos cal sería o mellor xeito de recollelas audiovisualmente. Estes primeiros pasos ensínaronnos que non sempre os experimentos saen ben e que é necesario perseverar, facerse preguntas e pequenas modificacións para alcanzar o éxito pois moitas das cousas que vemos na rede non saen tal coma nos ensinan.

Comprobamos que a ciencia é divertida e que aprendemos tanto dos éxitos coma dos fracasos.

Aquí tedes o noso primeiro intento de facer un tornado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario