miércoles, 31 de enero de 2018

Os substantivos: repasamos e xogamos

Despois de practicar o substantivo en castelán é a quenda de facelo en galego


https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1360327885/contido/o_substantivo.html

PRATICAMOS LOS NÚMEROS MIXTOS

Empezamos a ver os números mixtos na aula pero tivemos problemas coa actividade 1. Para poder entender ben o que estamos facendo podedes visitar a página de Smarctik onde explican  que é un número mixto. Entrade e  lede a información pero no vos subscribades.
 https://www.smartick.es/blog/matematicas/fracciones/numeros-mixtos-fracciones-impropias/

Despois de ler e entender ben a información podedes comprobar os vosos coñecementos xogando.
TIRACHINAS

Máis información no site de recursos.



lunes, 29 de enero de 2018

BIOGRAFÍA E AUTOBIOGRAFÍA

No noso taller de escrita dos luns estamos traballando as biografías.
 A semana pasada lemos a biografía de Amaral e despois de ver as partes que debe ter unha, cada un escribiu unha biografía sobre un dos seus avós. 
A verdade é que quedaron xenial por iso queremos compartilas con todos vos. 

Para a semana que ven, cada un debe escribir a súa propia autobiografía. Aquí vos deixamos as indicacións para que vos sirvan de guía. 

https://issuu.com/nivecaro/docs/autobiografia.pptx

IDE PRACTICANDO A COREOGRAFÍA PARA ENTROIDO

sábado, 27 de enero de 2018

FACTORES QUE INFLÚEN NOS ECOSISTEMAS

Nesta diapositiva tedes información sobre os factores que inflúen no ecosistema.
http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/4esobiologia/4quincena10/imagenes10/biotopo_reformado.swf

E imos aprendendo cousas xa para aplicar no noso proxecto:


Pero hai moitísima máis información no site de recursos. Pasádevos e botádelle un ollo.

viernes, 26 de enero de 2018

MÁIS SOBRE A POBOACIÓN

Para seguir traballando sobre o tema da poboación aquí vos deixamos novos recursos. E moito máis no site. Botádelle un ollo.

A POBOACIÓN XOGA E APRENDE

https://cplosangeles.educarex.es/web/cuarto_curso/sociales_4/poblacion_4/poblacion_4.html

A POBOACIÓN DE ESPAÑA 

http://ares.cnice.mec.es/ciengehi/c/03/animaciones/a_fc28_01.html

ACTIVIDADES ECONÓMICAS

http://www.clarionweb.es/6_curso/jclic6/c_medio/tema11/cm611.htm

jueves, 25 de enero de 2018

INTRODUCIÓN Á ROBÓTICA 3

Seguimos avanzando coas nosas pescudas robóticas. Aquí tedes as prácticas desta semana. Máis información no site no apartado de robótica.

https://issuu.com/nivecaro/docs/introducci__n_a_la_rob__tica_3.pptx

O SUBSTANTIVO

Xa tedes no noso novos recursos para traballar o substantivo.


 EL SUSTANTIVO: EDUTECA

miércoles, 24 de enero de 2018

PROXECTO DE ROBÓTICA

Neste segundo trimestre temos unha chea de ideas para traballar na aula. Entre elas arrancamos co proxecto de "Introducción a robótica na Educación Primaria".
Nas primeiras sesións fixemos unha toma de contacto para ir coñecendo a linguaxe específica e ir vendo os componentes que veñen nos kits.
Unha vez visto, comezamos coas primeiras prácticas coa placa base.

OS XENTILICIOS

Os xentilicios son adxectivos que determinan o lugar de orixe das persoas ou cousas. A mellor forma de aprendelos e practicando así que aquí vos deixamos algúns recursos para que vaiades aprendendo.


Xogamos?



Tedes máis recursos no site.

EXCURSIÓN A SANTIAGO

O día 17 de xaneiro de 2018 fomos de excursión a Santiago.
Ao chegar ao colexio había un autobús agardándonos para levarnos a Meteogalicia.
Xa alí, nada máis chegar, merendamos e falamos. Ao acabar soltamos un globo sonda e, xusto despois, vimos ao noso guía que explicou un pouco que é o clima?, que é a metereoloxía? e máis preguntas relacionadas.
Cando acabou, o guía levaounos xunto dun traballador que explicounos máis datos sobre o globo sonda e coma funcionaban e se usaban os aparellos metereolóxicos.
Ao acabar collemos o bus que nos estaba esperando e fomos a Cidade da Cultura.
Estivemos xogando antes de comer e despois da comida seguimos xogando ata a hora da visita. Despois de comer subímonos a unha cuberta que tiña un "tobogán" onde Miguel rompeu o pantalón.
Cambiamos ao parque con forma de balea. Alí houbo moitos "accidentes" e caídas moi graciosas.
Logo fomos a visita guiada a Cidade da Cultura onde nos explicaron cousas sobre o deseño da mesma. O que máis nos sorprendeu e que nos levaron a uns túneis subterráneos que estaban feitos para que foran os camións a descargar as súas mercadorías.
Ao saír recollemos as nosas mochilas e cada un comprou unha cousa.
                                                                                                                 Brais 5º B

lunes, 22 de enero de 2018

viernes, 19 de enero de 2018

AS FRACCIÓNS

Estes días tiveste ocasión de comprobar que hai moitos xeitos que explicar as mesmas cousas. Uns métodos máis sinxelos ca outros. Todos están ben pero nos sempre imos buscar o xeito máis simple para poder dominar ben o que aprendemos. Unha vez que o teñamos ben entendido sempre podemos ir engadindo complacións de xeito máis tranquilo.
Aquí vos deixo un vídeo para repasar coma estamos a traballar as fraccións na aula.

jueves, 18 de enero de 2018

SEGUNDA CLASE DE ROBÓTICA

Seguimos aprendendo a programar a nosa placa base. Tendo en conta o visto o xoves pasado, hoxe empezamos a traballar arreo para que a nosa placa base se convertese nun semáforo.
 Aquí tedes as leccións con solucións para poder seguir traballando na casa.

https://issuu.com/nivecaro/docs/introducci__n_a_la_rob__tica_2.pptx
Para los más inquietos. Teneis máis recursos en nuestro site, en el apartado de robótica.

miércoles, 17 de enero de 2018

E por fin temos o canal listo!!!

Xa temos o primeiro vídeo de experimentos subido ao canal. Iremos mellorando os vídeos e as presentacións nas vindeiras semanas pero o primeiro paso xa está dado. Inaguramos o canal con María e Paula. Seguide os seus consellos, subscribídevos e dádelle ao "Like".

martes, 16 de enero de 2018

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL 2ª PROBA

Xa vos explicamos onte que andamos a voltas co noso canal de experimentos. 
Despois das dores de cabeza que nos deu "o tornado nun botella", volvemos a tentalo pero, nesta ocasión, facendo un "tornado nun frasco". 
Desta volta tivemos máis éxito que na vez anterior e aproveitamos para ir pulindo detalles.

lunes, 15 de enero de 2018

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL

Antes de rematar o primeiro trimestre propuxémonos un gran obxectivo, crear o noso propio canal de experimentos onde ir amosando as experiencias que facemos na clase relacionadas cos temas de ciencias que estamos a traballar.

A experimentación é un xeito práctico de comprobar os coñecementos teóricos. Para levar a cabo as nosas experiencias seguimos o MÉTODO CIENTÍFICO, o que fai que teñamos que facer hipóteses antes de levar a cabo o traballo de campo. Ademais, cada experiencia que se fai na aula ten que ser probada previamente na casa, e debemos cubrir unha ficha onde se indican os materias, hipóteses, procedemento e, finalmente, conclusións.

Antes de iniciar o noso canal fixemos algunhas probas onde todos fixemos as mesmas experiencias e probamos cal sería o mellor xeito de recollelas audiovisualmente. Estes primeiros pasos ensínaronnos que non sempre os experimentos saen ben e que é necesario perseverar, facerse preguntas e pequenas modificacións para alcanzar o éxito pois moitas das cousas que vemos na rede non saen tal coma nos ensinan.

Comprobamos que a ciencia é divertida e que aprendemos tanto dos éxitos coma dos fracasos.

Aquí tedes o noso primeiro intento de facer un tornado.

AS METÁFORAS

A metáfora serven para realizar comparacións sen usar a palabra "como":

"Os cabelos son de ouro"-----------CABELO LOIRO
"Este cuarto é un forno"------------FAI CALOR
"Isto é pan comido"-----------------MOI SINXELO

Para que vaiades practicando aquí vos deixo algún recurso pero tedes máis no site, no apartado de lingua.



domingo, 14 de enero de 2018

A VERMICOMPOSTEIRA

Coma sabedes, os compañeiros de 5º A escolleron a miñoca coma animal a investigar. Xa na súa presentación nos falaron das vermicomposteiras e agora, aproveitando o proxecto Voz Natura, imos ter dúas vermicomposteiras na aula. Os alumnos de 5ºB foron a 5ºA para aprender coma facer unha e logo puxéronse mans a obra. Mirade!!!

sábado, 13 de enero de 2018

O AMIGO INVISIBLE

Quedábamos pendente dende o nadal  amosarvos o noso intercambio de agasallos no amigo invisible. Foi unha entrega moi especial onde todos traballaron moito e nos ensinaron que, con pouco e moitas ganas, pódense facer cousas extraordinarias.

viernes, 12 de enero de 2018

ROBÓTICA

Empezamos a traballar co proxecto de robótica. Calquera de vos, inda que non teña o robot fisicamente, pode comezar a programar usando o software que ben co mbot. Ese software funciona coma Scratch, que é un sistema de programación en código ou bloque, coma o sistema que usamos en "A hora do código", ou na parte de programación que tedes en Khan Academy. Para poder programar na casa e facer as vosas pescudas tedes que instalar o software. Clicando no oso xa vos leva a dirección web da que o podedes descargar.  
Na paxina está en inglés pero cando o descarguedes xa lle podedes cambiar o idioma e poñelo en castelán.
http://www.mblock.cc/software/?noredirect=en_US

 Aquí vos deixo a primeira clase, que foi bastante teórica. Pegádelle un repaso porque a partir da vindeira semana comezamos coas prácticas.

https://issuu.com/nivecaro/docs/introducci__n_a_la_rob__tica_1.pptx

Para traballar na casa aquí tedes unhas indicacións moi sinxelas de como facelo:
 https://www.makeblock.es/soporte/mblock/

jueves, 11 de enero de 2018

EXPERIMENTANDO COS ECOSISTEMAS

Estes días andamos un pouco tolos buscando experimentos relacionados cos ecosistemas e o que atopades é "crear un ecosistema". 
Nembargante, hai moitas outras experiencias que se poden levar a cabo relacionadas cos ecosistemas. Para iso debedes fixarvos nos elementos que o conforman, que o deterioran ou en factores que inflúen no ecosistema. 
 Aquí tedes algunha idea:

 EXPERIMENTO 1: COMO INFLÚE O SMOG NO ECOSISTEMA

Vos preguntaredes que iso do Smog. É coma se denomina ao aire contaminado que cubre moitas veces algunhas cidades (por exemplo, Madrid). Este termo estableceuse a principios do século XX cando se cría que Londres estaba cuberto dunha néboa permanente que, non era outra cousa que, néboa con partículas de fume, de hai o nome smoke: fume e fog néboa.

COMO SE FAI:

Precisamos: dous frascos, vinagre, culler, fósforos, papel de alumnio e sementes xerminadas de céspede.
Primeiro collemos un frasco, botamos unha cullerada de vinagre, botámoslle un fósforo prendido e tapamos rapidamente co papel de aluminio. No segundo poñemos as sementes e tamén o tapamos do mesmo xeito.
Facemos dous buratos en cada papel de aluminio e colocamos un frasco enfrontado co outro.

Imos ver que pasa coas sementes de cespede expostas ao smog.

De feito o ideal sería ter un terceiro frasco onde ter sementes xerminadas sen exposición para poder comparalas.

Que vos parece?

Pois tamén podemos facer experimentos relacionados coa calidade da auga, simular un verquido de petróleo sobre un ecosistema, o impacto do lixo no crecementos das plantas, a calidade do chan (plantar en diferentes chans)
E moitísimas máis ideas:

PODE MEDRAR UNHA PLANTA SEN LUZ?




Espero que o artigo vos axude a atopar experimentos sobre o tema, e, sobre todo, a disfrutar coa investigación do mesmo.

POBOACIÓN E SECTORES ECONÓMICOS

Ide botándolle unha ollada a estos vídeos do tema que imos a traballar en Ciencias Sociais








miércoles, 10 de enero de 2018

NOVO TEMA DE SOCIAIS

Imos traballar a poboación e os sectores económicos. Aínda que nos imos centrar en Redondela aquí vos deixamos un resumo onde ir collendo ideas xerais.
http://boj.pntic.mec.es/jverdugo/CCSS_5/HTML5_%205_CCSS_TEMA6/index.html

lunes, 8 de enero de 2018

NOVOS RECURSOS DE MATEMÁTICAS

Comezamos o estudo das fraccións e aquí vos deixo uns enlaces para que vaides practicando.

NOVOS RECURSOS DE LINGUA GALEGA E LINGUA CASTELÁ

Para comezar o  novo tema das linguas aquí tedes unha morea de recursos que tamén podedes atopar no noso recuncho de recursos.

Lingua galega

Lingua castelá