domingo, 30 de diciembre de 2018

TOMAS EDISON

E continuando coa electricidade, sabedes a quen lle debemos que hoxe teñamos bombillas nas nosas casas?




sábado, 22 de diciembre de 2018

LECTURA VINTE MIL LEGUAS DE VIAXE SUBMARINO



Máis de 300 persoas súmanse á lectura radiofónica de Verne
Colexios, institutos, políticos, xentes da cultura e veciños en xeral participan desta iniciativa promovida polas Bibliotecas municipais e a emisora de radio Local coa que se busca conmemorar os 150 anos da "chegada" do Nautilus a enseada de San Simón. En total máis de 15 horas de radio que se emitirán os luns 24 e 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas e que permitirán aos oíntes achegarse dun xeito diferente a un texto de referencia nas novelas de aventuras, a obra "Vinte mil leguas baixo dos mares" de Jules Verne.
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=9155

viernes, 21 de diciembre de 2018

Bo Nadal para tod@s

A Profe Luisa måis eu desexamosvos unhas felices festas a todos e un no 2019.
Desfrutade restes días de leer

miércoles, 19 de diciembre de 2018

TRABALLANDO POESÍA NA AULA: "LO SIENTO"

Durante este trimestre adicamos o noso taller de expresión escrita á poesía. 
Estudiar poesía sempre parece algo tedioso pero os poemas están máis preto do que cremos.
Comezamos o trimestre traballando coa canción "Dejala que baile" de Melendi, Arcano e Alejandro Sanz e serviunos para analizar a métrica, o ritmo e a ritma.
Rematamos o trimestre cun reto que ofrecía 15 puntos no class dojo, tratábase de analizar a canción "Lo siento" de Beret, un éxito que encanta na nosa aula.
Despois dunha semana de pescudas analizamos en conxunto a canción e sairon cousas moi, moi interesantes. 
Evidentemente, os recursos literarios son máis e máis complexos do que vimos na aula pero coma iniciación ao tema estivo xenial, sobre todo, porque as pescudas foron un traballo individual de investigación e  de exposición oral argumentada. Direivos que sairon máis das que puxen no poema pero non podía poñer máis información senón quedaba todo demasiado saturado.
Inda así, teño que darvos a noraboa a todos porque fixéstedes un traballo estupendo e, sobre todo, porque unha vez máis, aprendemos divertíndonos e moitos dos recursos non os esqueceremos na vida, coma pasa por exemplo, coa "paranoja".

Montar o vídeo levounos un par de sesións de gravación, xuntamos sobre 40 minutos de edición e, tanto tempo, tamén deu para tomas falsas.

martes, 18 de diciembre de 2018

AMOSAMOS O NOSO TRABALLO AO RESTO DE COMPAÑEIROS DO CENTRO

Despois de todo un trimestre traballando ao redor do PDI do centro, hoxe tivemos a oportunidade de defender as nosas aprendizaxes diante de todo o cole e fixémolo, moi, moi ben.
Para preparar a exposición fixemos 5 equipos de 6 membros cada un, con alumn@s de A e B. Cada equipo preparou unha das partes que traballamos na aula e, cada equipo, escolleu aos seus representantes na defensa oral.
Hoxe, con todo listo, tocou falar para 240 compañeiros e o profesorado do cole, e a pesar dos nervios e de ter que facer reaxustes de última hora, a nosa exposición foi clara, concisa e amena.
A tarxeta da cámara encheuse antes de Nairara rematara a súa defensa, inda así aquí tedes a ponencia case enteira.
Un bo adianto para o congreso de final de curso.

NORABOA A TOD@S, SUPER ORGULLOSAS DE VOS

 

OS ALUMN@S DE SEXTO TAMÉN NOS SUMAMOS AO MINUTO DE SILENCIO

TODAS SOMOS LAURA 

 

 

lunes, 17 de diciembre de 2018

AMOSAMOS AO RESTO DO COLE O NOSO TRABALLO AO REDOR DA FÍSICA E DA QUÍMICA

Este trimestre comezamos a desenvolver o PDI do centro centrándonos nos elementos físicos e químicos que temos ao noso redor. Xa vos demos boa conta deles ao longo das diferentes entradas pero aquí vos deixamos o vídeo que imos amosar ao resto dos nosos compañeiros na presentación que faremos mañá.

martes, 11 de diciembre de 2018

QUE HAI DETRÁS DE UNHA CAMISETA?

Os sextos seguimos desenvolvendo o proxecto de "Física e Química", nesta ocasión estamos investigando sobre a ropa que usamos.
Como elemento introductorio vimos parte do vídeo do programa "Salvados" sobre a fast fashion e, a partir das pescudas de Jordi Évole comezamos o noso traballo.
E, vos, sabedes que hai detrás dunha camiseta?

lunes, 10 de diciembre de 2018

miércoles, 5 de diciembre de 2018

UNS DÍAS DE DESCANSO!!!

Despois destas semanas tan intensas toda descansar e coller forzas para a recta final. Aproveitade a ponte para saír, ler, facer o que vos gusta e,se vos apetece, tedes xa nos site recursos para ir vendo o que imos traballar en mate e lingua.

Ao volta imos facer unha postal de nadal con Scracth pero, de momento, vouvos deixar algúns xogos navideños feitos con Scracth para que vexades todo o que se pode chegar a facer.

PICACHU NAVIDEÑO

https://scratch.mit.edu/projects/153074026/

XOGO DE NADAL

https://scratch.mit.edu/projects/53568116/

Tamén tedes unha chea de postais de nadal feitas con Scracth podedes velas aquí.

BOA PONTE A TODOS!!!

lunes, 3 de diciembre de 2018

APRENDEMOS PROGRAMANDO

Este ano participamos no Plan Proxecta, co proxecto "Aprende programando", un programa da Consellería que pretende achegar ao alumnado a linguaxe computacional. 
A linguaxe de programación do MBOT, os nosos robots, é unha linguaxe que parte da programación SCRACTH, polo tanto, o noso alumnado xa está familiarizado con ese xeito de programar. Trátase de simplificar a linguaxe de programación e facelo a través de bloques, o que facilita que o alumnado poida achegarse á programación de xeito sinxelo e motivador.
O obxectivo deste curso será facer un xogo interactivo relacionado co acoso escolar. Pero para iso inda falta moito.
De momento estamos coas primeiras prácticas e empezan a saír cousas interesantes.

jueves, 29 de noviembre de 2018

AS MULLERES TAMÉN FACEMOS CIENCIA

Onte, a profe Luisa máis eu fomos a Santiago a unha xornada STEM. Tivemos a sorte de asistir a unha ponencia moi interesante sobre o papel da muller no eido científico e onde nos ensinaron porque os Clubes de ciencia deben incentivar a presenza feminina. A igualdade defendese dende o momento que existe, pero, para chegar a ela queda moito camiño por recorrer e a escola debe encargarse de ir facendo camiño. Aquí vos deixo un par de cousiñas dignas de ver: 

A CIENCIA NA ESCOLA 


 O LUGAR QUE OCUPAMOS 



As mulleres tamén podemos facer ciencia e necesitamos modelos. Hai unha chea de científicas, debemos visibilizalas. Na páxina mulleres con ciencia tedes unha boa mostra dalgunhas delas.

miércoles, 28 de noviembre de 2018

OS VENRES E A QUÍMICA: LEVADURA, KEFIR E PERFUMES!

Seguimos traballando co noso proxecto de Física e Química.
 O venres pasado fixemos empanadillas de verza e tiñamos coa traballo para esta semana investigar que é e cales son as propiedades da levadura e que pasa coa levadura e a sal. 
Ademais, Luisa trouxo kefir. 
Finalmente, aproveitamos para rematar o taller de perfumes que iniciamos xa fai unhas cantas semanas.
 En fin, un venres apaixoante, práctico e experimental.

COMA MOLAN OS VENRES!!!

martes, 27 de noviembre de 2018

FACEMOS CROISSANT

Despois de descubrir que os croissant non eran franceses e que estaban directamente relacionados coa Idade Moderna, igual que o cacao, non nos quedou máis remedio que unir as dúas cousas e facer os nosos propios croissant de cacao.

lunes, 26 de noviembre de 2018

QUE FIXO POR TI A IDADE MODERNA?

A semana pasada tivemos a inmensa sorte de contar coa visita de Ramón Noche, profesor de Xeografía e Historia en Educación Secundaria.
Ramón veu falar da Idade Moderna pero dun xeito moi especial, xa que, veu a contarnos todo o que a Idade Moderna fixo por nós.

Aprendemos moítisimo coa súa visita e pasámolo xenial.
Ademais, deixounos traballo, pero traballo do que nos gusta. Tres retos a superar para poder abrir o cofre do tesouro.

Que máis se pode pedir? Ah, sí! Tamén fixemos croissants. Pero iso verémolo maña.

MOITÍSIMAS GRAZAS A RAMÓN NOCHE POR PRESTARSE PARA LEVAR A CABO A ACTIVIDADE, GRAZAS POLO TEMPO ADICADO A PREPARALA E A SÚA BOA PREDISPOSICIÓN E GRAZAS POR UNHA SESIÓN TAN EDUCATIVA.

UN VERDADEIRO PRACER!!! VOLVERÉMOSTE CHAMAR!!!

domingo, 25 de noviembre de 2018

25 de NOVEMBRO:DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia de xénero é unha lacra. Un mal que non ten desculpas, excusas nen xustificación nunha sociedade avanzada.
A educación, tanto na escola coma na casa, é fundamental para mudar as coisas. E esta educación pasa por recoñecer que cousas non se poden tolerar.
 Non nos lembremos das mulleres maltratadas só 25 de novembro, o maltrato ten múltiples formas e está máis preto de nós do que cremos. A violencia é intolerable sempre.
NON VOS CALADES NUNCA, NON A TOLEREDES XAMAIS.

NON SOMOS FADAS, NIN PRINCESAS A QUEN MIRAR.

 


jueves, 22 de noviembre de 2018

EMPANADILLAS DE VERZA

Estamos reformando a horta dos maiores e toca recoller o sementado para que non se perda. A semana pasada collemos as cebolas e as verzas e con elas fixemos unhas deliciosas empanadillas de verza.
Inda que a maioría non tiñan moitas ganas de comer verza, a receita resultou ser todo un éxito.

martes, 20 de noviembre de 2018

MÁIS SAMAÍN

Aquí vos deixamos máis fotos que resumen as actividades que levamos a cabo a última semana de outubro. Fixemos talleres plástico para celebrar o Samaín, a escape room e unha sesión de contos de medo escalofriante!!!

lunes, 19 de noviembre de 2018

ASÍ CELEBRAMOS O SAMAÍN



Este ano o noso samaín foi diferente.
Comezamos o encerro vendo un vídeo que parecía inofensivo.
Non sabemos moi ben coma acabamos pechados na biblioteca e o único xeito de poder saír era ir superando probas e descifrando as pistas que nos levaban a onde estaba agochada a chave.
Para iso cada equipo contaba cunha mochila onde tiña un kit básico para superar as probas no que había lapiz, bolígrafo, tesoura, pegamento, unha lanterna, un folio e a primeira pista gardada nun sobre.
As probas estaban relaciondas coas cousas vistas na aula, neste caso, co proxecto de Verne e con contidos da área de matemáticas.


Cos pelos de punta comezamos a buscar a saída pero, pouco a pouco, as luces da biblioteca fóronse apagando ata que quedamos a escuras e so podíamos ver con axuda das nosas lanternas.

Inda así, con paciencia, confianza e, sobre todo, traballo en equipo, conseguimos saír da biblio e o equipo gañador levou 30 puntos no class dojo.

QUE VOS PARECE O NOSO XEITO DE CELEBRAR O SAMAÍN???

jueves, 15 de noviembre de 2018

TRABALLO POR EQUIPOS SOBRE A REPRODUCCIÓN HUMANA

Aquí tedes a segunda parte do traballo por equipos sobre o tema de ciencias.
Nesta ocasión imos aprender máis sobre a regra e, finalmente, veremos que é un glosario e falaremos dalgúns termos específicos sobre o tema.

UNHA VEZ MÁIS, TEMOS QUE FELICITARVOS. NORABOA DA GUSTO VERVOS TRABALLAR, APRENDER E EXPOÑER ASÍ!!!

SCRACTH

Xa tedes o recuncho de recursos actualizado co material scracth.
Lembrades que o outro día fixemos unha práctica sobre o cambio de escearios?

Moitos conseguístedes facer a práctica e comezamos coa segunda parte: tentar que o gato volvese ao esceario principal. 
Podedes aproveitar para prácticar e xogar na casa.
 So tedes que entrar en SCRACTH, podedes iniciar sesión coa conta do cole. 
Ao rematar poñedes de título o voso nome e gardedes a práctica. Se vedes que na parte dereita pon Ingresar, en vez de omanantialsantopaio, clicades en ingresar e volvedes a abrir a conta pero, sempre despois de poñer coma título no lado esquerdo o voso nome.

O outro día falamos despois de facer a práctica de tentar que o gato volvese a escea 1. O cambio de esceario en Scracth está pensado para representar o cambio de nivel (nun xogo interactivo) así para que o gato volva a escea 1 debemos facer algúns cambios na programación.
Pensade que o gato cando chega ao novo esceario de xeito natural camiña ata a esquerda. Unha solución sería poñer outra porta na lado esquerdo e programar que ao tocar esta volva ao esceario 1. Para iso é mellor que fagades as portas máis pequenas para que non ocupen todo o fondo.

TENTÁMOLO?

miércoles, 14 de noviembre de 2018

TRABALLOS POR EQUIPOS SOBRE A REPRODUCCIÓN HUMANA

Seguimos traballando sobre a reproducción humana. Desta volta pasamos do traballo de documentación por parellas ao traballo de investigación por equipos.
Despois de tres sesións preparando as diferentes presentacións chegou a hora de facer a defensa oral.
Comezamos coa xenética e a diferenza entre mellizos e xemelgos.



Acabades de ver o resultado final pero para chegar aquí tivemos moito traballo previo:

NORABOA AOS EQUIPOS PORQUE AS EXPOSICIÓN FORON MOI CLARAS, CONCISAS E INTERESANTES!!!

OS DETERMINANTES

Xa tedes o recuncho de recursos cheo de actividades para traballar os distintos tipos de determinantes. 
Tamén botádelle un ollo a este vídeo onde explica moi ben que son os determinantes e en que se diferenzan dos pronomes.




 Este segundo vídeo seguro que vos fai máis gracia e, o mellor de todo, vos pode servir para recordar mellor que son os determinantes. NON DEIXEDES DE VELO!!!

sábado, 10 de noviembre de 2018

MAXIA E CIENCIA

O pasado mércores poidemos disfrutar dun sorprendente espectáculo do mago Paco no que mestura a maxia e a ciencia.
Deixounos a todos abraiados!!!

viernes, 9 de noviembre de 2018

A IDADE MODERNA

Este trimestre estamos achegándonos a Idade Moderna. 
Pouco a pouco imos avanzando e cada vez hai máis información para procesar.
Para botarvos unha man tedes novos vídeos publicados no site de recursos e un novo apartado con xogos e máis información.
Aproveitade para botarlles un ollo e ide usando os xogos e demais recursos para repasar.
Non o deixedes todo para o final.


BOA FINDE!!!

jueves, 8 de noviembre de 2018

SUPERFICIES

Iniciamos novo tema de mate.


Aquí vos deixamos un vídeo onde vos explica algunhas das cousas que xa vimos na aula.


No site xa tedes unha chea de recursos para ir practicando.

http://www.escolar.com/geometr/10medsup.htm

miércoles, 7 de noviembre de 2018

CLUBE DE CIENCIA

Hoxe levástedes unha folla con información para anotarvos no Clube de Ciencia.
No CEIP de Laredo, Chapela, levan un ano desenvolvendo esta actividade e os alumnos do clube fixeron unha chea de experimentos, aquí vos deixo a memoria visual do clube de ciencia de Laredo do curso pasado para que vexades de que se trata. Clicade na imaxe e desfrutando navegando pola páxina.
https://twitter.com/search?f=tweets&vertical=default&q=%23clubciencialaredo&src=typd

ACTIVIDADE MEDIOAMBIENTAL NA PRAIA DE CESANTES

Dende o departamento de Medio Ambiente do Concello queremos convidarvos a nova actividade que se celebrará o vindeiro sábado día dez de novembro.

Sairemos as 10:30 do peirao de Cesantes, xunto a lonxa, e daremos un paseo pola praia ata a punta da praia de cesantes onde nos centraremos na importancia dos sistemas dunares. A actividade rematará en torno á 13:00.
Para inscribirse podedes contestar a este correo ou ben chamar ao 986 400 300 (Departamento de Medio Ambiente) ou no 698 142 025.
 
 

domingo, 4 de noviembre de 2018

SEGUIMOS CELEBRANDO O DÍA DA BIBLIOTECA

Xa vos contamos o outro día coma celebramos o Día da biblioteca este ano no cole de Reboreda. Pero a cousa non quedou aí. 
Ao día seguinte 4º, 5º e 6º visitamos a praia de Cesantes no Chocochu para facer unha lectura colectiva dos libros de Verne acompañados polos ollos do capitán Nemo. 1, 2º e 3º fixeron a mesma actividade o venres.
Pero, os alumnos de sexto aproveitamos a visita a praia para axudar ao capitán Nemo a resolver un misterio e traballar todos xuntos resolvendo un reto. Tratábase dunha pequena xincana onde afrontamos un par de probas que lle brindaron un bos puntos aos gañadores no Class Dojo.
Ademais visitamos a Nemo e fixemos a lectura colectiva.
Pasámolo moi ben pero, o mellor de todo, foi viaxar no Chocochu.
Mirade, mirade!!!



martes, 30 de octubre de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA

Este ano sexto B foi o encargado de festexar o Día da Biblioteca.
Aproveitamos esta data para comezar o noso traballo ao redor de Verne. Investigamos na rede e, por equipos, preparamos unha presentación breve para explicarlle ao resto dos nosos compañeiros do cole quen era este escritor.
Con todo listo, cada equipo encargouse de pasar por 3 clases e alí facer unha presentación oral das súas pescudas e fixérono realmente ben!!!
Aquí tedes un resumo da presentación dos distintos equipos.

BRAVO RAPACES!


E aquí tedes os preparativos e a visita polas aulas.

lunes, 29 de octubre de 2018

VISITAMOS O CASTELO DE SOUTOMAIOR

En ciencias sociais comezamos o temario pola parte da historia. Rematamos quinto na Idade Media e nese punto arrancamos en sexto. Tiñamos pendente dende o curso pasado visitar o castelo de Soutomaior. 
O noso guía contounos unha chea de cousas e desfrutamos visitando as estancias do castelo e vendo os seus cambios ao longo da historia.
Despois da visita guiada paseamos polos xardíns.
Foi unha mañá moi interesante e onde aprendemos unha chea de cousas!!!

miércoles, 24 de octubre de 2018

A BOTELLA LINGÜÍSTICA

Este ano temos un gran reto por diante que é traballar lingua de xeito máis práctico e ameno, xa que é a materia que menos nos gusta.
Así que, de cando en cando, pasan cousas coma esta. Xogástedes algunha vez ao xogo da botella? Seguro que sí, e agora mesmo estaredes pesando que, coma é posible que a mestra deixe xogar a botella no cole?
Mellor vémolo para que o entendades.

jueves, 18 de octubre de 2018

JULES VERNE

Iniciamos unha nova aventura. O vindeiro día 24 de outubro imos participar na lectura colectiva da obra de Verne 20.000 leguas de viaxe submarino  para celebrar o 150 aniversario da chegada do Nautilius a Ría de Vigo, e aproveitando a ocasión imos a achegarnos a Verne que, ademais de ser un escritor fantástico, nos seus libros describiu aparellos prodixiosos que remataron sendo realidade moitos anos despois.
Verne puido facer isto porque tiña moitos coñecementos científicos, sobre todo, relacionados coa física.
Para aprender máis aquí vos deixamos unha webquest coa que imos traballar estes días.

http://www.animalec.com/wq/julioverne/tarea1.htm

miércoles, 17 de octubre de 2018

NOVOS RECURSOS

No apartado da expresións escrita en recursos xa hai unha chea de material para traballar poesía. Non vos esquezades de pasar por alí.



jueves, 11 de octubre de 2018

lunes, 8 de octubre de 2018

RECURSOS

Este ano queremos que vos sexa máis sinxelo usar o espazo de recursos para repasar e traballar na casa. Estamos barallando diferentes opcións. Ter un site para cada asignatura ou probar cun wix coas materias onde teñades todo recollido. 
Aquí vos deixamos unha proba do wix para que naveguedes, probedes e nos deades a vosa opinión. Inda non hai recursos de todas as materias pero xa vos serve para darvos unha idea de coma estarían organizados.
Esperamos as vosas impresións para seguir mellorando. Clica na imaxe e xa iredes ao wix.

https://omanantialsantopai.wixsite.com/misitio

A REPRODUCCIÓN HUMANA

Comezamos novo tema. Un tema apaixoante e moi importante no momento vital no que vos atopades. E tempo de ler, investigar e aprender. De seguro que unha chea de preguntas rondan polas vosas cabezas por iso é necesario coñecernos ben para entender todo o que acontece.




O outro día vimos un vídeo na aula sobre o que nos esta pasando. Aquí vos deixamos o vídeo completo para que lle botedes un vistazo con calma.

¿Que me esta pasando? from zumkat on Vimeo.

Agora é tempo de traballar. Aquí tedes material para iniciar o proxecto.
Para comezar:
SISTEMAS DE REPRODUCCIÓN HUMANA
LA REPRODUCCIÓN
TEMA DA REPRODUCCIÓN COMPLETO
REPRODUCCIÓN HUMANA
PUBERTADE MASCULINA 
PUBERTADE FEMININA
SISTEMA REPRODUCTOR FEMININO 
9 meses en catro minutos
FECUNDACIÓN Y REPRODUCCIÓN
LA REPRODUCCIÓN HUMANA HAPPY LEARNING
LA REPRODUCCIÓN VIDEOPROFE
LA MENSTRUACCIÓN 
LA FECUNDACIÓN 
8 COSAS INCREÍBLES QUE UN BEBÉ .......

Para practicar na casa e repasar:
RECURSOS ANAYA 
LAS PERSONAS CAMBIAN
LOS CARACTERES SEXUALES
CARACTERES SEXUALES
APARATO REPRODUCTOR FEMENINO
APARATO REPRODUCTOR MASCULINO
LA FECUNDACIÓN
EL EMBARAZO



jueves, 4 de octubre de 2018

FESTA DO EQUINOCIO II

Ademais dos talleres de cociña, na nosa festa houbo moitas outras actividades. 
A profe Luisa encargouse de preparar dous talleres para facer xabóns e perfumes, por outra banda, os alumnos que xa sabían ensinaron aos seus compañeiros a facer pulseiras de macrané. Plantamos plantas aromáticas grazas a Guille, fixemos unha carreira por relevos de dicionarios buscando termos relacionados co outono e, finalmente,  unha busqueda do tesouro otoñal. 
Unha chea de actividades para celebrar o equinocio de outono pero, sobre todo, a volta ao cole.
 Aquí tedes un resumo.

miércoles, 3 de octubre de 2018

FESTA DO EQUINOCIO DE OUTONO I: TALLER QUÍMICO DE COCIÑA

A semana anterior celebramos a festa do equinocio de outono pero a nosa festa non foi coma a do ano pasado. Fixemos unha chuvia de ideas entre as dúas clases e unha das cousas que querían facer na festa era comer pero, "coma o pan hai que gañalo" preparamos un taller de cociña moi especial.
Un día antes de cociñar fixemos un xogo por equipos onde lendo diferentes textos, cada equipo tiña que descubrir cal ia ser a receita que ían cociñar e que procesos químicos se puñan en marcha cando faciamos a receita.
Chegou o día e puxémonos mans a obra. Cociñamos e, por suposto, comemos!!!

SCRATCH DAY

O vindeiro 20 de outubro terá lugar na Cidade da Cultura o IV Scratch Day, organizado polo CPETIG coa colaboración da Amtega, dirixido a escolares de entre 7 e 15 anos que deben asistir acompañados polo seu pai ou nai. Nesta edición, a rapazada aprenderá a programación dun videoxogo no ordenador. Solicitamos a maior difusión posible entre o alumnado. As familias interesadas poden inscribirse en http://scratchday.cpetig.gal

O IV Scratch Day ten como obxectivo difundir os valores da programación informática entre os nenos e os seus pais, de xeito que os participantes poden acceder ao mundo da programación de forma lúdica e divertida, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento. Asemade, o CPETIG pretende que esta iniciativa contribúa a eliminar mitos en relación á programación informática e a superar desde a infancia os estereotipos de xénero sobre este área do coñecemento, difundindo as posibilidades que ofrecen as TIC e reducindo a fenda dixital.

O CPETIG concibe esta formación no contexto da familia por considerar decisiva a implicación dos pais e as nais neste ámbito, como apoio e motivación para que os seus fillos se sintan atraídos cara á programación informática, de xeito que esta actividade non sexa unha excepción, senón o principio dun labor a seguir no fogar.

Requerimentos
A sesión estará dedicada á programación de videoxogos, sendo preciso que os asistentes leven o seu portátil, xa que non serven tablets ou smartphones.
A formación do Scratch Day será impartida pola Asociación Programamos, dedicada a promover o desenvolvemento do pensamento computacional en todas as etapas escolares, a través da programación de videoxogos e aplicacións para móbiles.

OS REIS CATÓLICOS

Aquí tedes máis vídeos sobre o comezo da Idade Moderna




miércoles, 26 de septiembre de 2018

SEXTO E O TRABALLO EN EQUIPO

Cremos firmemente que a unión fai a forza por iso insistimos unha e outra vez que o traballo en equipo fainos mellores, máis competentes e mellora as nosas relacións.
E puidemos comprobalo con diferentes dinámicas que levamos a cabo fai uns días. Tratábase de xogar e pasalo ben pero no fondo o noso obxectivo era amosar que necesitamos aos demais moito máis do que cremos.
Comezamos xogando individualmente, xogamos a pedra, papel, tesoira pero incorporando unha variante. Todos eramos pitiños pero o gañador volvíase mono, e os monos so podían xogar con outros monos. Os monos volvíanse homes ao gañar e debían buscar outros homes cos que xogar. Finalmente, os gañadores entre homes volvíanse SUPERHOMES. 

Un superhome pode coller unha pelota que está no medio dun cadrado sen pisar os bordes do mesmo?

Despois de descubrir que o superhome precisa dos demais, é posible pasar unha pelota de pin-pon dun vaso a outro se usar as mans e onde cada membro do equipo teña unha labor?

E agora que sabemos que podemos repartir tarefas, poden uns fídeos finos e endebles soster unha nube de gominola sen romper e manténdose en equilibro?

INDIVIDUALMENTE SOMOS UNHA PINGA PERO XUNTOS, FORMAMOS UN OCÉANO!!!

NON O ESQUEZADES!

martes, 25 de septiembre de 2018

SABEDES CAL É A DIFERENZA ENTRE FÍSICA E QUÍMICA?

Arrincamos proxecto deste curso facendo un pequeno xogo na aula. Tiñamos diferentes textos divididos por partes. Cada texto explicaba algunhas cousas sobre a física e a química. Cada un de nos foi buscando as partes que faltaban do seu texto e que tiñan outros compañeiros. 
Cos textos completos, cada equipo explicounos de xeito oral do que trataba o mesmo. 

viernes, 21 de septiembre de 2018

A QUÍMICA DOS ALIMENTOS

Xa vimos que a cociña é coma un gran laboratorio onde non paran de suceder reaccións e alteracións químicas moi interesantes pero, os alimentos por si mesmos teñen química? Hai alimentos naturais e alimentos químicos? Debemos comer so dos primeiros?

Neste vídeo tedes unhas poucas curiosidade sobre a química alimentar.


jueves, 20 de septiembre de 2018

PREPARANDO O EQUINOCIO: UN MENÚ MOI QUÍMICO

Empezamos o curso coma nos gusta, celebrando unha festa!!! 
O sábado entramos no outono e esta nova estación traerá consigo unha chea de cambios no medio que nos rodea. Para celebrar a chegada desta estación A e B reuníronse e fixeron propostas. Estudiadas todas e tendo en conta que o tema deste curso é Física e Química, decidimos levar a cabo varios talleres. Un deles é o de cociña. 
Imos facer un delicioso menú  que non so vai encher os nosos estómagos senón tamén as nosas mentes, xa que hoxe descubrimos que a cociña é un gran laboratorio cheo de reaccións e alteracións da materia.
Moitos quedástedes con ganas de saber máis. Pois aquí o tendes a primeira parte!!!

OS FLOCOS DE MILLO


Alguén quería ver coma era o proceso de explosión do floco de millo, tamén o temos:
O FLAN

sábado, 15 de septiembre de 2018

OBRADOIRO GRATUITO DE ROBÓTICA

Trátase de obradoiros tecnolóxicos (audiovisual e robótica) para nenos e nenas de 7 a 15 anos, que xa percorreron con éxito diferentes vilas da nosa comunidade.
Non é necesario ser cliente R para poder gozar deste obradoiro.
Obxectivo
Que os nenos e as nenas desenvolvan a creatividade e aprendan a traballar en equipo. Crearán un prototipo tecnolóxico, utilizando placas e materiais de refugallo.
Convoca
Empresa R. Colabora Líbolis, Escuela de Valientes, cun método que potencia o espírito emprendedor dos máis pequenos e pequenas a través do xogo.
Inscrición
Cada obradoiro está limitado a 20 participantes.
Contacto:

viernes, 14 de septiembre de 2018

UN ANO CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA

Un novo curso comeza. 
Estes son días de reencontro e ilusión polos novos proxectos. 
Para a profe Luisa e para min e un auténtico pracer recibirvos e iniciar con vos un curso importante, pois este é o voso derradeiro ano no cole de Reboreda. Esperamos estar a altura do que merecedes e que xuntos poidamos facer que este sexa un bo remate a esta primeira etapa escolar.
Comezamos decorando a aula e buscando frases que nos sirvan de inspiración para a vida.

BENVIDOS A E B!!! 

 

martes, 11 de septiembre de 2018

TODO LISTO! UN NOVO CURSO COMEZA

Ola a todos!!!
Rematan as vacacións e comeza unha nova aventura no cole de Reboreda.

Estamos desexando vervos!!!  

Xa está todo listo, so faltades vos! 

E para comezar con ganas, tedes que buscar e traer a escola 3 obxectos relacionados con este verán!!! Poñede as cabezas a traballar.

lunes, 2 de julio de 2018

EXCURSIÓN E FESTA DE FIN DE CURSO

Un curso tan intenso coma o que tivemos este ano precisaba dunha festa a altura das circunstancias. Tivemos, ademais, a sorte de que fixese un día estupendo así que despois de coller toda a comida que compramos o día anterior no Familia, e as nosas mochilas, puxémonos en camiño. 
O paseo foi moi instructivo, Luisa contounos unha chea de cousas sobre Reboreda.
Xa no río aproveitamos para explorar e facer xogos moi, moi divertidos coma carreiras de cabalos e xinetes, carretillas, relevos, comer galletas sen usar as mans amosando os nosos coñecementos sobre Reboreda, pasar a auga...
Cando o sol comezou a apretar foi á hora de darnos un baño, divertidísimo lanzarnos a auga e bañarnos, iso si, a temperatura da auga cortaba a circulación.
Despois de tanto movemento había fame, e coma era día de festa, fixemos unha merendola.
O camiño de volta tamén foi moi divertido, mollándonos todo o camiño.

UN GRAN FINAL PARA UN CURSO FANTÁSTICO!!!

POR CERTO, PREGUNTA DE CALDEIRO:
COMA SE CHAMA O TOMILLO SALVAXE QUE FORMA PARTE DO CACHO DAS HERBAS DE SAN XOÁN ????

BO VERÁN PARA TODOS, DESCANSE, DISFRUTADE E VIVIDE EXPERIENCIAS!!!

VÉMONOS EN SETEMBRO

miércoles, 27 de junio de 2018

VISITA A EXPOSICIÓN DE XOGUETES ANTIGOS

O luns 18 de xuño fomos ao multiusos de Redondela a ver a obra de títeres de Tanxarina " A Galiña Azul" e aproveitamos para solicitar que nos fixeran unha visita guiada pola exposición de xoguetes antigos ¨Volve a vivilos¨ .  A verdade é que estos xoguetes son verdadeiras xoias.Ainda tedes toda a semana se queredes volver a vela.
Non vos esquezades asistir as actividades culturais que se van a celebrar durante o verán na nosa vila.



martes, 26 de junio de 2018

COÑECENDO REBOREDA

Os últimos días de clase estiveron cheos de cousas interesantes. 
Por grupos, os alumn@s de A e B prepararon un pequeño traballiño sobre a súa parroquia para poder facernos unha visita guiada. 
O mércores 20 saimos do cole e fomos a dar un paseo moi informativo por Reboreda.
Foi unha xornada estupenda onde aprendemos unha chea de cousas, desfrutamos do aire libre e pasámolo moi ben.

NORABOA A TODOS QUE O FIXÉSTEDES XENIAL!!!




lunes, 25 de junio de 2018

MANUAL DE SUPERVIVENCIA DOS IRMANDIÑOS

Presentamos o último manual de supervivencia. Neste caso as Panteras Negras nos aproximan ao mundo dos Irmandiños e nos contan que debemos facer para poder sobrevivir. 
Unha vez máis un manual moi interesante e unha presentación óptima.
Moi ben Panteras Negras!!!
MANUAL

https://issuu.com/nivecaro/docs/powerpoint_panteras

Exposición:

viernes, 22 de junio de 2018

MANUAL DE SUPERVIVENCIA DUN CABALEIRO

E seguimos aprendendo máis cousas da idade media. 
O equipo Perfect fálanos das cruzadas e explícannos con moito humor coma ser un cabaleiro na Idade Media.
Parece que aprender e pasalo ben ao mesmo tempo é posible.
Fantástico rapaces!!!
MANUAL
https://issuu.com/nivecaro/docs/power_point_edad_media_perfect_7156c05b548215


Exposición:

jueves, 21 de junio de 2018

MANUAL DE SUPERVIVENCIA EN AL-ÁNDALUS

Despois de ver o manual de supervivencia dos campesiños, imos aprender algo máis dos musulmáns. Noa e Lucía tiveron o handicap que non poder contar con dúas das súas compañeiras de equipo e, inda así fixéronno moi ben e contáronnos unha chea de cousas moi interesantes. 
Prestade atención!!! 

MANUAL

https://issuu.com/nivecaro/docs/manual_definitivo_callate_la_boca_31e0634945ca79


Exposición:

TAREFAS DE VERÁN

Déixovos os enlaces para repasar no verán
 Bo verán!!!!

miércoles, 20 de junio de 2018

MANUAL DE SUPERVIVENCIA DUN CAMPESIÑO

Despois de adicar o terceiro trimestre a Idade Media, os equipos presentaron os seus manuais de supervivencia. O primeiro equipo en facelo foron "Bubbles" cun estupendo manual de supervivencia para o campesiño. Fixeron un traballo estupendo e unha exposición espectacular. 


NORABOA RAPACES, FIXÉSTELO XENIAL!!!

AQUÍ TEDES O MANUAL 

https://issuu.com/nivecaro/docs/power_point


 E a presentación:

martes, 19 de junio de 2018

MASTERCHEF REBOREDA!!!

Estamos rematando o curso e estes días son un pouco máis lúdicos. 
A semana pasada fixemos unha sesión de Masterchef. O reto consistía en facer un tiramisú con frambuesas da nosa horta. 
Cada equipo organizouse e repartiu os ingredientes para traer ao día seguinte e cociñar pero, cando xa tiñamos todo arranxado, unha nova dificultade sumouse ao reto, un membro do xurado era celíaco así que había que buscar algunha alternativa.
Despois de bastantes rompedeiros de cabeza os equipos volveron refacer os seus ingredientes e o material a traer e, ao día seguinte puxémonos mans a obra. 
Foi moi divertido, cociñamos, manchámonos, berramos, rimos e fixemos uns tiramisus moi ricos.
Mirade!!!

VISITANOS LEDICIA COSTAS

A semana pasada tivemos a visita de Ledicia Costas que veunos falar do seu libro "As peripecias de Extravaganzza Perez". Foi unha visita moi interesante e todos quedamos encantados con todo o que nos contou.

PARTE 1



PARTE 2

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

A semana pasada, xunto cos alumnos de sexto de primaria fomos de excursión a Santiago de Compostela e as Dunas de Corrubedo. 
O autobús deixounos no Monte do Gozo e, dende aí, iniciamos o camiño ata Santiago. Unha vez alí e despois dun merecido almorzo, tivemos a sorte de realizar unha visita guiada por Santiago da man de Jorge.
A visita foi moi interesante e aprendemos unha chea de cousa. Visitamos a catedral e logo fomos comer a Alameda. De sobremesa xeados e, despois, puxemos rumbo a Corrubedo.
No centro de visitantes puxéronnos un vídeo para explicarnos a formación da duna (que non nos gustou moito!) e, despois da merenda, fomos a ver a duna.
Foi un día estupendo, cheo de risas, confidencias e moita diversión!!!

viernes, 15 de junio de 2018

REBOREDA MEDIEVAL

O próximo día 20 imos a descubrir a Reboreda do medievo. 
Para iso cada equipo debe escoller un lugar singular da parroquía e preparar a información teórica que nos van contar nese lugar.
Os equipos escolleron coma temas: o feudalismo, os cruceiros, os muíños e a igrexa.
Para botarvos unha man aquí vos deixamos algo de información xeral que vos pode axudar.

jueves, 14 de junio de 2018

MANUAIS DE SUPERVIVENCIA DA IDADE MEDIA

Mañán remata o prazo para finalizar os manuais de supervivencia. Sei que aínda faltan detalles, información e retoques pero para que vaiades repasando e vendo o que xa tedes feito aquí vos deixo os  powerpoint que xa me pasastedes.

miércoles, 13 de junio de 2018

ÚLTIMO EXPERIMENTO DO CANAL O MANANTIAL

Imos pechando o curso. Xa tedes colgados no canal os últimos vídeos dos experimentos e rematamos coa experiencia tan fantástica que nos ensinou a profe Luisa e que moitos puideron desfrutar na Feira de Ciencia e Tecnoloxía: sacar o ferro aos cereais.



REPASO DE LINGUA/LENGUA

Xa non queda nada!!
O final de curso está chegando pero antes de marchar de vacacións as linguas merecen un pequeno repaso para ter ben fixados os conceptos para o vindeiro curso. 
Así que veña, o último esforzo!!!


PALABRAS SIMPLES E COMPOSTAS




PREFIXOS

SUFIXOS


LEMBRAMOS?




O ADXECTIVO


NO SITE TEDES UNHA CHEA DE RECURSOS, PERO AQUÍ VOS DEIXO ALGÚNS XOGOS PARA REPASAR:
CREACIÓN DE PREFIXOS
PREFIXOS ANAYA
SUFIXOS ANAYA
SUFIXOS ANAYA 2
PALABRAS DERIVADAS
DERIVADAS
PALABRAS PRIMITIVAS E DERIVADAS
FAMILIAS DE PALABRAS
ESTRUCTURA DAS PALABRAS
ADXETIVOS E CLASES
ADXECTIVOS
ADXECTIVOS ANAYA



viernes, 8 de junio de 2018

Mais Ledicia Costas

E despois da fantástica visita de Ledicia Costas, en breve poremos as imaxes, mañan tedes a oportunidade de volver vela na feira do libro de Redondela. O sábado as 7 da tarde.


https://www.facebook.com/feirasdolibrogalicia/?hc_ref=ARRO5vmGte-BgYWSgVw_0kh3E9zltkZZr8STfqbQfXqLc0OlYcecH42btyUtwk-p5LQ&fref=nf

QUE SABES DE XEOMETRÍA?

Imos rematar o curso achegándonos a xeometría. De seguro que xa sabes moito máis do que pensas. Xogamos e de paso repasamos? Máis recursos no site. 

https://www.mundoprimaria.com/juegos-matematicas/juego-poligonos-regulares

jueves, 7 de junio de 2018

martes, 5 de junio de 2018

QUE BEN O PASAMOS NA FESTA DE VOZ NATURA

Un ano máis o primeiro sábado de xuño participamos na festa de Voz Natura no parque Acea da Ama en Culleredo. Foi unha xornada lúdica e moi divertida.
Aquí tedes un resumo.


lunes, 4 de junio de 2018

SCRATCH

Para empezar, non fai falla que descarguedes o programa, podedes traballar on line clicando aquí,
ademais tamén tedes un morea de exemplos.
Repasa os vídeos que vimos na clase e intenta que o teu gato atrape o rato😸😸 e, se quedas con ganas de máis, crea o teu propio xogo con novos personaxes.







 E para saber un pouco máis tedes estos dous vídeos.




domingo, 3 de junio de 2018

CHEGOU O CONGRESO

Despois de ensaiar, practicar e preparar, por fin, chegou o día do Congreso. Foi un día moi intenso, cheo de emocións, traballo e ilusión.

NORABOA A TOD@S!!! FIXÉSTEDELO XENIAL. 

viernes, 1 de junio de 2018

FESTA DE VOZ NATURA

E, por fin chegou o día. Xa está todo listo para a festa de voz natura



Mañán ás 9 da mañán sairemos do cole e volveremos ás 9 da noite.

Lembrade levar roupa e calzado cómodo, e a comida.
En principio, segundo Meteogalicia non vai chover. Crucemos os dedos.
É un día para desfrutar e pasalo ben. Non vos perdades ningunha das actividades.
Aquí tedes o plano da festa.
 Alí ao chegar tamén vos van dar un. Tamén hai unha chea de actividades.
Aquí vos deixo o minuto a minuto.
E toda a información aquí.


VEMONOS MAÑÁ!!! UNHA BOA FESTA PARA CELEBRAR O FANTÁSTICO TRABALLO DE TODO O CURSO.