Estas actividades son para repasar este tema de ciencias naturais
miércoles, 29 de marzo de 2017
PROPORCIONALIDADE E PORCENTAXES
Estas actividades van a servirvos para practicar este tema tan importante para a nosa vida diaria
jueves, 23 de marzo de 2017
DESCUBRIMOS O CACAO
Esta semana veu Guille, un compañeiro de 4º A, a ensinarnos o froito do cacao.
O seu pai trouxo un froito de cacao e unha bola de cacao desde Ecuador. Contounos que en Ecuador había campos de cacao moi estensos.Díxonos que para que medrara fai falla certo clima càlido que hay en Ecuador e nos non temos aqui.
Deunos a probar un pouco da bola de cacao.Non estaba tan bo como pensamos dado que estaba amargo. Tamén nos dixo que neses países non lle botaban Cola Cao no leite se non que collían unha bola de cacao e un coitelo e relábano e botábanlle creo que a todos lles encantou.
Pablo,David y María
Deunos a probar un pouco da bola de cacao.Non estaba tan bo como pensamos dado que estaba amargo. Tamén nos dixo que neses países non lle botaban Cola Cao no leite se non que collían unha bola de cacao e un coitelo e relábano e botábanlle creo que a todos lles encantou.
Pablo,David y María
lunes, 13 de marzo de 2017
PARQUES NACIONAIS
En Ciecias Sociais, como estabamos estudando os parques nacionais, aproveitamos para facer uns traballos sobre os máis importantes de España.
Este é o fantástico resultado!!!
Motaxe do vídeo realizado por: Lucas C., Lucas G., David e Alex
jueves, 9 de marzo de 2017
PREPARANDO A HORTA
Despois dun periodo de mal tempo, puidemos retomar o traballo na horta.Comezamos preparando os neumáticos para poder volver a plantar neles e tamén recollemos follas para facer o acolchado . O primeiro día sementamos:cebolas moradas e herbillas e onte patacas moradas.
Ainda queda moito por facer, esperemos que o tempo nos acompañe!!
Lucas C., María e Alba.
martes, 7 de marzo de 2017
domingo, 5 de marzo de 2017
A REPRODUCCIÓN HUMANA
Con estos dous vídeos podedes complementar a información do tema que estamos a estudar. Tamén tedes dous enlaces con actividades para realizar.
A reproducción humana 1
A reproducción humana 2
A reproducción humana 1
A reproducción humana 2
viernes, 3 de marzo de 2017
VISITA Á CORUÑA
Fomos de excursión A Coruña para visitar a Casa dos Peixes, o MUNCYT e o Monte San Pedro.
Ao chegar ao acuario, fumos ver un tiburón chamado Gastón. Tiña dous penes e tres filas de dentes. Debido as filas de dentes, non podía pechar a boca. Despois presenciamos a alimentación das focas. A continuación leváronos a ver os peixes en pequenos acuarios.Descubrimos que os peixes pallaso frotábase coas anémonas para que os recoñeceran, xa que eran os únicos peixes que non lle picaban. Era unha simbiosis, pois as anémonas alimentábanse dos restos de comida dos peixes. Logo fumos a ver uns acuarios xigantes con peixes típicos das rías galegas.
Ao rematar esta visita, dirixímonos ao Muncyt, alí realizamos un experimento consistente nunha reacción química para determinar cal dos seguintes alimentos tiñan mais vitamina C: a laranxa, o limón, o zumo de laranxa de brick ou unha pastilla de vitamina C. Ao finalizar o experimento percorrimos o museo. Primeiro comtemplamos o Jumbo747, o mesmo que trouxo o Guernica de Picasso.
Para finalizar, emprendemos camiño cara ao Monte San Pedro. Dende alí podíase divisar A Coruña.
Pasámolo xenial!!!!
Lucas, Rober e Alba
Suscribirse a:
Entradas (Atom)