lunes, 13 de noviembre de 2017

RECUNCHOS DE MATEMÁTICAS

Dende a semana pasada os luns son para os Recunchos de Mate. 
Para levar a cabo esta proposta aproveitamos os equipos que xa temos formados na aula. Cada un dos equipos, cada semana vai a un dos recunchos propostos, de xeito que, ao rematar o mes todos os equipos pasan por todos os recunchos, pois non se pode repetir recuncho.
Temos un recuncho informático onde os alumnos traballan de xeito individual no Khan Academy. Esta plataforma permítenos personalizar as aprendizaxes a cada alumno, ver a súa evolución e, ademais, dalle a posibilidade aos rapaces de ver vídeo titoriais para resolver dúbidas e poñerse a proba en desafíos e retos.
Tamén hai un recuncho de xogo matemático, cada mes cambiaremos o xogo e este quedará na aula para que os alumnos poidan xogar nos momentos de ocio. Este mes estamos usando o Rummikub. As regras son parecidas as do Chinchón nas cartas. Os alumnos deben facer escaleira da mesma cor ou números iguais de cores distintas sempre en grupos, alomenos, de 3. Trátase de desenvolver as destrezas de asociación, seriación, combinación e formación de conxuntos.
Os outros dous recunchos son de cálculo e resolución de retos. Recunchos de traballo na mesa en equipo, onde uns membros se axudan aos outros para mellorar as súas estratexias de cálculo e ter unha maior capacidade de abstracción e razoamento para poder resolver problemas.
Aquí vos deixamos un resumo de coma foi o noso primeiro día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario