lunes, 16 de octubre de 2017

ARDE A NOSA CONTORNA

Retomamos as nosas entradas no blog enfadados, preocupados, doídos e sen dar crédito aos lumes que nos asolaron onte e que seguen rodeando neste momento o noso concello.
Unha vez máis o sinsentido dos incendios pon a nosa vila no centro do lume. Temos alumn@s desaxolados, familias desesperadas e unha pérdida de patrimonio natural difícil de recuperar.
Onte foi unha odisea apagar os lumes: a seca, a falta de auga nas traídas comunais e nos pozos particulares, a falta de medios e a acción do vento foron un caldo de cultivo perfecto para un incendio coma non se recorda.
Hoxe coa cinza espallada pola ambiente, un cheiro a fume que afoga as nosas forxas, unha rabia e impotencia total pedimos e clamamos medidas urxentes para que isto non volva a pasar, depurar responsabilidades e dotar de medios as brigadas para que o lume non volva deixarnos un futuro negro e desolador.

1 comentario: