sábado, 30 de septiembre de 2017

O UNIVERSO

Arrancamos co primeiro tema de sociais: O UNIVERSO.

Os equipos de 5º A e 5º B serán os encargados de facer unha pequena investigación para desenvolver este tema. Dita investigación completarase cun traballo e posta en común onde lle amosen ao resto dos compañeiros as súas pescudas.

Para levar a cabo este traballo deixámosvos unhas pequenas pautas que vos indican os pasos a seguir para que o traballo sexa un éxito. Clicade na imaxe para acceder a presentación
https://www.dropbox.com/s/nz5sa7wooqqbw91/COMO%20PRESENTAR%20UN%20TRABALLO%20PARA%20CLASE.pptx?dl=0
Finalmente, para que a vosa investigación na rede sexa máis precisa, aquí vos deixamos uns truquiños para usar con maior eficacia o google.

http://musicascativas.wixsite.com/busquedasengoogle

Tédelo claro? Comezamos!!!!!