A repasar!!!
martes, 27 de junio de 2017
REPASO!!!
Neste enlace podedes acceder á páxina que vos ensinei na clase para repasar os contidos de todas as materias.
sábado, 24 de junio de 2017
TODO FOI UN CONTO
Tede calma rapaciños que esta obra que fixéstedes non foi de toliños, foi o voso último regaliño😍😍😍
viernes, 23 de junio de 2017
ESES LOCOS CACHARROS!!!!
Para porlle punto e final o temario de Ciencias Naturais, nada mellor que construir trebellos ou experimentar Cos efectos da electricidade e/ou o magnetismo.
Este foi o resultado !!!!
lunes, 19 de junio de 2017
miércoles, 7 de junio de 2017
DESCUBRINDO O MACEIRAS
Uns días ante de realizar a visita fixemos varias fichas relacionadas co río e o seu paseo e organizamos a saída.
O día da excursión, antes de marchar, a profe deunos dúas follas con fotos de plantas (árbores, arbustos e herbas) cos seus nomes ademais dun caderniño onde tíñamos que apuntar todas as variedades de plantas que íamos atopando e outros exercicios relacionados co río e o seu paseo.
Baixamos a Redondela camiñando e seguimos o río,preto de onde se xunta co Alvedosa ata o principio do paseo.
Nada máis chegamos xa vimos alguns animais e árbores como patos e unha nube de mosquitos,ademáis tamen observamos un salgueiro moi preto do río.
Ao comenzar o paseo,xa vimos bastante vexetación,como varias maceiras,de ahí o nome do río,e tamen abeleiras.
Tamen alguns probamos a lingua de boi,que segun a profe sabía a ostra,pero eu non notei nada.
Un pouquiño máis adiante observamos un monton de lúpulo,que é unha pranta que se utiliza para facer cervexa e ata en Alemaña teñen plantacions.
Observamos bastantes nogueiras,unha árbore que non é moi común aquí na beira dos ríos. A profe nos contou que seguramente plantaron unha foise reproducindo.
De vez en cando, parábamos e gardábamos silencio para intentar apreciar os sons da natureza, pero en ocasións, esto era imposible xa que se escoitaban ruídos de máquinas e coches.
Pouco despois vimos leiras, case todas abandoadas e cheas de plantas invasoras, pero entre as que aínda se cultivaban miramos plantacións de patacas e grelos e tamén varias viñas.
Despois pasamos por unha especie de ponte pequeniña que pasaba por enrriba do río e ao lado estaba un antigo muiño. Seguindo por esa zona observa levantaran un muro ilegal preto de onde estaba unha antiga fábrica de barcos.
A profe tamén nos contou que de xoven ía ler debaixo dun amieiro que estaba a o outro lado do río.
Finalmente se nos fixo tarde e tivemos que volver rápido para non perdernos a función de títeres que tiñamos despois da nosa visita. Ao final,non nos deu tempo a ver a composteira comunitaria, pero polo demáis, foi unha grande experiencia para coñecer un pouquiño máis da nosa vila e val do Maceiras.
Texto: María
fotografía: Rober
Montaxe vídeo: Rober e Lucas C.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)