martes, 16 de mayo de 2017

MARÍA CANOSA.

O xoves 27 de abril recibimos encantados a visita da escritora María Canosa, a autora do libro que lemos¨ Rubicundo ¨. Realizámoslle unha serie serie de preguntas que xa tiñamos preparadas e ela respondeunos encantada. As súas respostas eran amplas, dandonos infinidad de detalles, e iso pareceume un dato interesante; pois seguramente outra persoa non o houbera feito.
Contounos en que se inspirou para facer os personaxes. Erea reflexábase en nós, os nenos. Rubicundo creouno porque o seu ilustrador pedíralle un malo, e a ela como non se lle daban ben os malos, fixo a unha persoa triste e enfadada.
Tamén averiguamos que para escribir o libro non escribia todolos días, pero aínda que algúns días non  o fixese, a súa cabeza non paraba de dar voltas. Tiña unha libretiña na que anotaba nomes e ideas que se lle ían ocurrindo, por si despois os precisaba para algún libro, de feito, de alí sacou o nome de Rubicundo.
Persoalmente pareceume unha boa escitora. Sorprendeume bastante que estudara enxeñería de camiños en lugar de literatura. Algo que me gusta dos seus libros é que utiliza un vocabulario bastante amplo, aínda que eu descoñezo o significado dalgunha palabra.
Ao final da visita, firmounos a todos os libros.

 Foi unha boa experiencia!!!!!
Lucas C.