viernes, 3 de marzo de 2017

VISITA Á CORUÑA

Fomos de excursión A Coruña para visitar a Casa dos Peixes, o MUNCYT e o Monte San Pedro.

Ao chegar ao acuario, fumos ver un tiburón chamado Gastón. Tiña dous penes e tres filas de dentes. Debido as filas de dentes, non podía pechar a boca. Despois presenciamos a alimentación das focas. A continuación leváronos a ver os peixes en pequenos acuarios.Descubrimos que os peixes pallaso frotábase coas anémonas para que os recoñeceran, xa que eran os únicos peixes que non lle picaban. Era unha simbiosis, pois as anémonas alimentábanse dos restos de comida dos peixes. Logo fumos a ver uns acuarios xigantes con peixes típicos das rías galegas.
Ao rematar esta visita, dirixímonos ao Muncyt, alí realizamos un experimento consistente nunha reacción química para determinar cal dos seguintes alimentos tiñan mais vitamina C: a laranxa, o limón, o zumo de laranxa de brick ou unha pastilla de vitamina C. Ao finalizar o experimento percorrimos o museo. Primeiro comtemplamos o Jumbo747, o mesmo que trouxo o Guernica de Picasso.
Para finalizar, emprendemos camiño cara ao Monte San Pedro. Dende alí podíase divisar A Coruña.

Pasámolo xenial!!!!
Lucas, Rober e Alba



No hay comentarios:

Publicar un comentario