sábado, 30 de diciembre de 2017

A FESTA DA ANPA

E rematamos o trimestre participando nos talleres organizados pola ANPA para todo o alumnado do centro.

viernes, 29 de diciembre de 2017

O PHOTOCALL DO NADAL

A nosa festa de nadal tivo de todo, tamén un divertido photocall polo que todos pasamos para ter un recordo deste fantástico día!!!

jueves, 28 de diciembre de 2017

CELEBRAMOS O FIN DE ANO

Aproveitamos a proximidade das festas do Nadal para celebrar nas nosas aulas unha festa de Fin de Ano. Todos viñemos vestidos de gala e preparamos todo coas cousas que mercamos dous días antes no supermercado.
Decoramos a nosa mesa, preparámonos e disfrutamos dunha velada falando de coma celebramos o fin de ano nas nosas casas, comendo, compartindo e festexando poder estar xuntos.
Non faltaron as uvas, nin o brindis ou os abrazos.
Fixemos unha conga e coma a Hugo tocoulle o "macarrón" no roscón fíxonos un estupendo baile.
Houbo máis cousas que xa volas iremos contando!!!

martes, 26 de diciembre de 2017

XOGOS PARA O NADAL

Aquí vos deixamos algúns xogos para este nadal. Esperamos que vos gusten:

AXÚDALLE AO ESQUÍO A COLLER LANDRAS

http://www.isladejuegos.es/animales/nut-rush-3-snow-scramble
DECORACIÓN DE NADAL
http://tema.isladejuegos.es/christmas-cake-decoration.html
SOLITARIO DE NADAL
http://www.minijuegos.com/juego/solitaire-classic-christmas
AXUDA A PAPANOEL A CHEGAR A CHEMINEA
http://www.minijuegos.com/juego/santa-s-chimney-trouble
 


sábado, 23 de diciembre de 2017

PARA O NADAL


Tendes actividades asignadas no Khan Academy. Lembrade os vosos contrasinais.
 Ademais, a volta comezamos con robótica, así que se queredes no Khan Academy, na páxina principal podedes escoller a parte de programación. Para iso ides ao final da páxina onde tedes as actividades e clicaques aquí:

Ao clicar vaivos sair isto:
 
Entrade no primeiro e podedes comezar a facer actividades relacionadas coa linguaxe computacional.

martes, 19 de diciembre de 2017

MÁIS VÍDEOS PARA O CONCURSO "VINDEVIDEOS"

O outro día fixemos un artigo sobre "A máquina do tempo", o primeiro vídeo que presentamos ao concurso Vindevideos. 
Pero, ademais dese, preparamos dous vídeos máis usando diferentes técnicas. 
O segundo que fixemos preparámolo usando unha aplicación para a tablet que se chama Puppet Pal coa que se poden facer cousas moi simpáticas. 
O vídeo foi preparado por Brais, Alba P e Noa que escolleron facer marionetas.
 Mirade que ben o fixeron.

IMOS DE VISITA A COMPOSTEIRA VECIÑAL

Onte A e B fixemos unha visita moi especial. Fomos pasar a xélida mañán a composteira veciñal.
 O outro día tivemos a visita de Jesús, o técnico de medioambiente do concello que foi o que nos falou desta estación e grazas a súa mediación puidemos facer a visita.
Alí duas rapaces que traballan para a Deputación de Pontevedra explicáronnos moi ben todo o proceso de compostaxe.
Aprendemos moito, pasámolo moi ben e ademais viñemos cunha bolsa de compos para casa.
Estade atentos ao vídeo para ver coma é todo o proceso.

AS RAS

Se o xoves foron os compañeiros de A os que falaron do seu animal o venres foi a quenda de B.
 Nos escollemos a ra e dividimos o traballo por equipos. Cada equipo documentouse e elaborou un mural coa información. Unha vez feito isto estiveron practicando a exposición, fixemos un par de probas na aula e... listo!!! 
O venres abrimos a porta da nosa clase ao resto do alumnado do centro e falámoslle da ra e as súas características, da súa anatomía, da diferenza entre ras e sapos, as súas funcións, o seu ciclo vital e, por suposto, algunhas curiosidades.
 E fixéronno realmente moi ben. 
Aquí tedes a proba.

domingo, 17 de diciembre de 2017

AS MIÑOCAS

O xoves e o venres desta semana, todas as clases do colexio fixeron unha exposición sobre un animal para que os demais poidésemos coñecer e aprender sobre el.
A nós como nos interesa moito todo o relacionado coa compostaxe e a horta, fixemos o noso traballo sobre as miñocas e a vermicultura. Sobre as miñocas, investigamos como é o seu corpo, que órganos  posúen, como realizan as súas funcións vitais...; pero quixemos ir un pouco máis lonxe e adentrarnos no mundo na vermicultura. Buscamos información sobre a súa orixe, que produtos se obteñen, que cuidados hai que proporcionarlle a unha vermicompostera e, o máis importante, como se pode facer unha vermicomposteira con materiais de refugallo. Como é facil imaxinar, non nos poidemos resistir a facer as nosas. María e Celia foron as primeiras en mostrarnos a súa e continuaremos facendo unha por equipo para poder ver a súa evolución e ao mesmo tempo aproveitar o humus de miñoca e o fertilizante líquido  para a nosa horta.

Así foi a nosa exposición


miércoles, 13 de diciembre de 2017

O NOSO PROXECTO SOBRE O VINDEL

Seguimos compartindo con todos o noso traballo ao redor do Vindel agora que está chegando ao seu fin.  Antes de facer os vídeos houbo moitas sesións de traballo previo, superando diferentes probas. 
Aquí vos deixamos un resumo dalgunhas cousas que fixemos. Nos vindeiros días vos seguiremos contando.

O CLIMA: DÚBIDAS E RETOS

O tema do clima que estamos a traballar danos moito que falar e pensar. 
Hoxe falamos da presión atmosférica. 
Onde hai máis presión en Galicia ou en Toledo? 
 Despois de varias pescudas e de errar unhas cuantas veces, incluida eu, hoxe chegamos a novas conclusións e aquí tedes información a maiores. A páxina é de secundaria pero deixovos imaxes dos artigos que máis nos incumben.

A PRESIÓN ATMOSFÉRICA

DINÁMICA ATMOSFÉRICA

Se queredes profundizar un pouco máis, podedes visitar:
http://meteolab.fis.ucm.es/meteorologia/presion-atmosferica--2

martes, 12 de diciembre de 2017

TRABALLOS DE NATURAIS

O próximo xoves e venres imos amosarlle aos nosos compañeiros do cole todo o que sabemos sobre miñocas e ras. Para axudarvos no voso proceso de documentación aquí vos deixamos uns vídeos moi interesantes.

AS RAS 


AS MIÑOCAS

lunes, 11 de diciembre de 2017

PROBA FINAL DO PERGAMIÑO VINDEL: O NOSO VÍDEO

Imos presentarnos ao concurso Vinde vídeos coas nosas creacións artísticas. As bases din que os vídeos que se presenten non poden pasar de 3 minutos pero nos grabamos un programa de televisión moi interesante sobre a lírica medieval do que imos seleccionar unha parte para o concurso. 
Mirade que artistas temos na aula.

VÍDEO OFICIAL DE GALICIENCIA

Antes de inscribirnos en Galiciencia vimos o vídeo da edición anterior onde había un resumo das actividades realizadas. 
No vídeo deste ano hai algunhas caras coñecidas. A ver quen as atopa!!

OS MURAIS

Estes días A e B andan moi ocupados elaborando murais sobre o animal que escolleu cada clase. A as miñocas e B as ras. O xoves e o venres será o día de expor o resultado a todos aqueles que queiran saber máis cousas do noso animal pero antes de darlle os toques finais aos vosos murais, deixámovos uns consellos para que o traballo sexa un éxito.

https://issuu.com/nivecaro/docs/como_facer_un_mural.pptx

sábado, 9 de diciembre de 2017

A COMPOSTAXE

O pasado luns, Xesús, o técnico  de medio ambiente do concello, veunos a lembrar a importancia da xestión dos  residuos que se xeramos nas nosas casas e nas aulas.
Para comezar, recomendounos que o primeiro que debíamos facer é reducir o noso consumo, ben non mercado obxectos que non precisamos ou a hora de mercar, optar por aqueles produtos que non teñan demasiados envoltorios ou que estén feitos de materiais facilmente reciclables.
Todos nós temos moi claro cal é o contedor do papel e cartón, onde se botan os plásticos, o vidrio, o aceite ou as pilas, pero o que a maioría descoñece, é que no contedor verde de xenéricos, non debemos depositar os residuos  orgánicos. Estos representan o 50% dos residuos que xeramos. Con eles podemos facer compost, ben a nivel individual nas nosas casas, ou depositando estos residuos na composteira comunitaria que hai na nosa vila. Deste xeito estamos a reducir o lixo que se leva a planta de tratamento de residuos e ao mesmo tempo obtemos o compost que podemos empregar nos cultivos das nosas plantas ou hortas.
Os nenos e nenas de 5º encargamos da xestión dos residuos orgánicos que xeramos no noso colexio. Por turnos, a hora do recreo, pasamos por as aulas a recoller os restos órganicos para logo depositalos na nosa composteira. O compost que obtemos empregámolo para os cultivos da na nosa horta.

jueves, 7 de diciembre de 2017

O PERGAMIÑO VINDEL

En 5º A levamos un tempo traballando arredor do Pergamiño Vindel e con toda toda a información que recollemos cada equipo encargouse de facer un mural e unha exposición oral.
Este é o resultado!

A DIVISIÓN II

Continuamos deixándovos máis recursos para que non se vos resista ningunha división

miércoles, 6 de diciembre de 2017

A DIVISIÓN

Empezamos tema novo en mate. Imos traballar a redor da división. Xa tedes recursos no site para que vaiades practicando.

A DIVISIÓN E AS SÚAS PROPIEDADES


https://www.blinklearning.com/Cursos/c880569_c47588379__DIVISION_Y_SUS_PROPIEDADES.php

 PRACTICAMOS?

http://aprendiendomates.com/matematicas/divisible_1.php

martes, 5 de diciembre de 2017

DECORACIÓN DE NADAL

Estes días de ponte queremos que decoredes un CD vello polas dúas caras para colgar no noso corredor. Podedes facelo coma queirades pero para inspirarvos aquí vos deixamos algunhas ideas.

lunes, 4 de diciembre de 2017

O CAMBIO CLIMÁTICO

Unimos no seguinte vídeo o tema de sociais sobre o Clima coa actividade de Lingua Española sobre coma redactar unha noticia. 
Para facer as seguintes noticias, os rapaces primeiro viron un vídeo sobre o cambio climático, tomaron apuntamentos seguindo o método Cornel. Unha vez listo, viron as partes que tiña unha noticia e fixeron xogos on line para practicar. Xa con todo listo fomos a Telepepe, set preparado polo equipo de normalización lingüística do centro, a gravar as nosas noticias. E o resultado foi fantástico!!!

domingo, 3 de diciembre de 2017

PROGRAMAR CON CÓDIGO

Como sabedes a partir de xaneiro imos incorporar a robótica nas aulas de quinto.
As profes estamos indo a clase e traballando arreo polas tardes para sacarlle o máximo partido aos robots que xa temos no cole.

Pero mentres chega ese momento xa estamos aproveitando as aulas de informática para aprender a programar con código.
Ata fai ben pouco a programación era un campo exclusivo para os profesionais. Nembargante actualmente a linguaxe computacional está asequible a calquera usando os bloques ou códigos que non son máis que caixóns onde organizar as ordes que queremos darlle ao noso sistema ben para facer un videoxogo ou para programar un robot.
Na aula estamos traballando a través de CODE.ORG. Pero tamén podedes seguir adestrando na casa. De feito, en canto acabedes o curso 3 podedes comezar a xogar co curso 4.
Pero os máis osados podedes comezar a botarlle un ollo a Scratch Tamén o imos usar na aula, pero será un pouco máis adiante.

jueves, 30 de noviembre de 2017

O BAÑO SONORO

A profe Rosa de Infantil comparte connosco o vídeo do baño sonoro de 5ºB, en breve, tamén vos amosaremos o de quinto A.

 A profe Isa non para e xa está mergullada buscando os diferentes e orixinais sons dos animais. Nesta ocasión coa axuda dos nenos e nenas de 5º agasallounos cun “baño sonoro” cheo de sons coñecidos ou descoñecidos que podemos apreciar polos nosos bosques unha tarde de outono. Foi toda unha experiencia sensorial tanto para grandes como para pequenos!

lunes, 27 de noviembre de 2017

ASÍ FOI A NOSA VISITA A GALICIENCIA

Despois de moitos preparativos dentro e fóra da escola, chegou o momento de ir a Galiciencia. Madrugamos un pouco, con algúns nervos e moita emoción puxemos rumbo a Ourense.
Unha vez alí dividímonos en 2 equipos: os alumnos que ían para os stands e os alumnos que facían a visita. Estes últimos comezaron o día merendando.
 A partir das once non parou de vir xente  a ver a exposición, incluidos os nosos compañeiros.
As 12 o resto dos compañeiros foron a un taller de astronomía onde aprenderon unha chea de cousas. Foi unha xornada moi divertida!

domingo, 26 de noviembre de 2017

ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS

Para comezar o estudo destes dous grupos, aquí tedes os seguintes vídeos






A CURACIÓN DE CONTIDOS

Estamos facendo moitos traballos en equipo e aproveitamos estes traballos para falar de coma buscar na rede, formas de traballar en equipo, coma presentar os traballos... 
Pero, moitas veces tendes problemas para gardar a información. Internet ten moitísima información coma xa falamos moitas veces, sen embargo, toda esa información pode saturarnos ou confundirnos e  non sabemos coma organizala.
 As mestras tamén nos pasa por iso imos organizando todo o que atopamos no site de recursos, en wixs coma a do Pergamiño, ou noutros recursos.
Facendo o traballo do Pergamiño Vindel moitos equipos querían gardar recursos pero non sabían onde nin coma facelo.
Para axudarvos a gardar a información e ser máis operativos podedes usar diferentes recursos.
Empecemos polas imaxes: en pinterest podedes gardar, sobre todo imaxes (aínda que tamén hai textos e vídeos)

Para as páxinas web que imos usando podedes usar moitas plataformas pero recomendámosvos SYMBALOO
Agora entrade nas plataformas, testeade e probade!!!

sábado, 25 de noviembre de 2017

MÚLTIPLOS E DIVISORES

En breve imos comezar tema novo en mate pero convén que lle deades un repaso aos múltiplos e divisores. No site de recursos  deixamos enlaces novos.

LEMBRADE!!!

QUE VOS PARECE SE DESTRUÍMOS MÚLTIPLOS? Entrade no xogo e lede ben as instruccións antes de comezar a xogar.

https://www.ematematicas.net/destructor.php

No tanque matemático tedes moi ben explicados os múltiplos e os divisores e ademas podedes introducir un número e davos todos os seus múltiplos. Aquí vos deixamos actividades sobre os múltiplos pero no blog tedes 28 actividades distintas para traballar múltiplos e divisores. 

http://www.eltanquematematico.es/todo_mate/multiplosydivisores/multiplos/multiplos_p.html

viernes, 24 de noviembre de 2017

O PERGAMIÑO VINDEL. PROBA 4

Xa estamos na proba final do Pergamiño. Nos vindeiros días necesitamos lembrar todo o que levamos traballado para poder superar esta última etapa.

https://nivecaro.wixsite.com/vindelomanantial

Para axudarvos un pouco aquí vos deixo un xogo Lim para que xoguedes e repasades.

jueves, 23 de noviembre de 2017

PREPARANDO A VISITA A GALICIENCIA

A visita a Galiciencia foise achegando e antes de ir tivemos que preparar algunhas cousas. 
As maquetas chegaron a aula a semana pasada. Unha vez visto o seu funcionamento e ultimado detalles comezamos a preparar a exposición oral por parellas. Cando as tivemos listas e consensuadas decidimos ir a biblioteca para facer un simulacro de stands. Montamos as maquetas en catro mesas e a todos os que se achegaban lles fomos contando o que tiñamos preparado.

O mércores fomos a facer as presentacións a aula de 5ºB, o que nos serviu para practicar e correxir erros antes de visitar Galiciencia.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

5º A SEGUE COIDANDO DA HORTA

O venres pasado aproveitando que tiñamos os invernadoiros reparados despois do verán e unha chea de sementes para prantar, os alumnos de 5º A puxéronse mans a obra.

martes, 21 de noviembre de 2017

EXPERIMENTOS RELACIONADOS CO CLIMA

"Os venres son o mellor día", alomenos iso é o que pensan en 5ºB. Nembargante, é un dos días nos que máis traballamos e máis temas diferentes tocamos. Entre esa mestura de actividades decidimos que iamos dedicar a clase de ciencias a experimentar así que comezamos facendo experimentos relacionados co clima. 
Tiñamos 4 propostas diferentes, unha coas indicacións por escrito, outra no ordenador, a seguinte resumida en imaxes e a última sen ningún tipo de orientación. 
Cada equipo foi rotando e pasou polas 4 experiencias. 
Ademais de levalas a cabo,tivemos que cubrir unha ficha onde establecemos hipóteses e rematamos expoñendo as nosas conclusións.
Aquí tedes un resumo das catro experiencias.

OS 5 REINOS

Tedes novo material para seguir traballando o tema de C. Naturais. Aquí vos deixamos algún enlace pero tedes máis no site de recursos.
Pasádevos e botádelle un ollo.

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/web_conocimiento/seresvivos/aprende.htm

AS BACTERÍAS 



E un esquema para completar a vosa información:

lunes, 20 de noviembre de 2017

O TRABALLO EN EQUIPO

Traballar en equipo ten as súas vantaxes pero tamén moitos inconvintes. 
Nestes días estamos a ver na nosa aula diferentes conflictos nos equipos, moitos deles facilmente soventables se fósemos quen de escoitarnos os uns aos outros, aínda tamén hai conflictos moito máis complicados dos que xa falaremos de vagar na aula.
Para as pequenas discrepancias que están a xurdir convén que teñades presentes cales son as claves para ter éxito nun traballo grupal:



 Finalmente, quero que vos preguntades se neste momento sodes un grupo ou un equipo. E, por suposto, que é o que queredes ser?



viernes, 17 de noviembre de 2017

AS PROBAS DO VINDEL

Estes días andamos moi atarefados porque temos unha misión, salvar o Pergamiño Vindel dos coleccionistas privados, para iso temos unha chea de probas a superar. Unhas probas son necesarias para ir superando as seguintes. Aquí vos deixamos o proxecto recollido nun wix. Estade atentos porque seguiremos engadindo información nel e poñendo novos recursos que vos poden axudar na vosa misión.
ÁNIMO QUE XA QUEDA POUCO !!! ESTÁDELO A FACER MOI BEN!
https://nivecaro.wixsite.com/vindelomanantial

miércoles, 15 de noviembre de 2017

VISITAMOS UN SCRIPTORIUM MEDIEVAL

O martes participamos nas actividades que organiza Normalización Lingüísitca do Concello para conmmemorar a chegada do Pergamiño Vindel a Vigo.  Así o conta o Faro de Vigo (clicade na imaxe):
http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/11/15/ninos-aprenden-tecnica-codax/1785937.html

O Multiusos da Xunqueira transformouse nun Scriptorium medieval e da man de Frai Bieito e da Abadesa Hende viaxamos a época medieval. Os rapaces de A e B estiveron moi atentos e concentrados nas explicacións, collendo notas para poder seguir superando as probas do Pergamiño Vindel que temos na aula. 
Para botarlles unha man aquí vos deixamos a información que estaba recollida nos paneis informativos.

 Usádea con cabeza!!!


https://issuu.com/nivecaro/docs/lirica_20mediveal

E, ademais, deixámosvos as fotos que resumen a nosa visita e o posterior traballo na aula.

O CLIMA E O TEMPO

Seguimos co proxecto de Ciencias Sociais. Aquí tedes algúns recursos pero no site de recursos tedes moitos máis.

O TEMPO ATMOSFÉRICO




INSTRUMENTOS DE MEDICIÓN 

 

http://www.aemet.es/documentos_d/conocermas/recursos_educativos/juegos/n1/instrumentos/instrumentos_espanol.html

POR SE VOS APETECE!!

En C. Naturais comezamos a traballar os cinco reinos e, casualmente, Faia Educación Medioambiental organiza o domingo un paseo para peques para ver fungos, brións e liquens no Monte Aloia. Clicade na imaxe e lede todo o artigo e as condicións para poder participar no paseo. Se vos animades vémonos alí!! 
http://faia.gl/?p=10937

martes, 14 de noviembre de 2017

VISÍTANOS O COMITÉ ORGANIZADOR DE VOZ NATURA

Un ano máis formamos parte da gran familia Voz Natura. 
A nosa horta xa está a pleno rendemento e imos participar nunha iniciativa de plantación masiva para minimizar os efectos dos incendios que padecemos en outubro. 
Ademais este ano o proxecto está adicado ao Patrimonio Inmaterial e xa estamos facendo cousas moi interesantes coma o noso proxecto sobre o Pergamiño Vindel. 
Ademais faremos paseos interpretativos pola zona acompañados por Faia educación medioambiental, solicitamos composteras ao concello, teremos unha charla sobre reciclaxe e aproveitaremos o proxecto dos animais para traballar con asociacións que se adican ao coidado destes. 
De momento aquí vos deixamos cunhas imaxes que resumen coma traballamos a horta e a nosa foto con Alejandro o día que nos visitou.

lunes, 13 de noviembre de 2017

RECUNCHOS DE MATEMÁTICAS

Dende a semana pasada os luns son para os Recunchos de Mate. 
Para levar a cabo esta proposta aproveitamos os equipos que xa temos formados na aula. Cada un dos equipos, cada semana vai a un dos recunchos propostos, de xeito que, ao rematar o mes todos os equipos pasan por todos os recunchos, pois non se pode repetir recuncho.
Temos un recuncho informático onde os alumnos traballan de xeito individual no Khan Academy. Esta plataforma permítenos personalizar as aprendizaxes a cada alumno, ver a súa evolución e, ademais, dalle a posibilidade aos rapaces de ver vídeo titoriais para resolver dúbidas e poñerse a proba en desafíos e retos.
Tamén hai un recuncho de xogo matemático, cada mes cambiaremos o xogo e este quedará na aula para que os alumnos poidan xogar nos momentos de ocio. Este mes estamos usando o Rummikub. As regras son parecidas as do Chinchón nas cartas. Os alumnos deben facer escaleira da mesma cor ou números iguais de cores distintas sempre en grupos, alomenos, de 3. Trátase de desenvolver as destrezas de asociación, seriación, combinación e formación de conxuntos.
Os outros dous recunchos son de cálculo e resolución de retos. Recunchos de traballo na mesa en equipo, onde uns membros se axudan aos outros para mellorar as súas estratexias de cálculo e ter unha maior capacidade de abstracción e razoamento para poder resolver problemas.
Aquí vos deixamos un resumo de coma foi o noso primeiro día.

TALLER DE ESCRITA MEDIEVAL

Mañan imos facer unha saída ao Multiusos da Xunqueira para coñecer algúns instrumentos que se usaban na escritura medieval e participar nun taller de escrita medieval. Para que vaiades tendo algo máis de idea do que imos ver déixovos un vídeo que explica moi ben a escrita medieval e que responde a algunhas preguntas da proba 2 do Pergamiño Vindel. O vídeo está en inglés pero ten subtítulos (é dicir, podedes ler o que din), o vídeo vale moito a pena!!!

Ademais, tamén vos deixo outro vídeo de coma se recuperan os manuscritos medievais hoxe en día, un traballo só para profesionais.
Por certo, na páxina de recursos xa tendes actualizados todos os recursos para as probas do Pergamiño Vindel. Tentade responder a todas as preguntas para o mércores!

NON VOS DESPISTEDES!

domingo, 12 de noviembre de 2017

RECURSOS ACTUALIZADOS: O pergamiño Vindel

O próximo martes inaguramos as actividades que terán lugar no Multiusos de Redondela para conmemorar a chegada do Pergamiño Vindel a Vigo.
Os equipos están ocupadísimos resolvendo unha chea de probas relacionadas co pergamiño. Para axudarvos un pouco deixamos aquí e no apartado de recursos algún material que vos pode ser de utilidade. Ánimo rapaces que hai unha chea de puntos en xogo!!!
http://museodomar.xunta.gal/es/explora/1522/el-pergamino-vindel-un-tesoro-siete-cantigas

O PERGAMIÑO VINDEL

 

sábado, 11 de noviembre de 2017

PROXECTO DO UNIVERSO: TRABALLOS 4

Os últimos equipos presentan "Os movementos de terra e da lúa". O equipo de A preparou un mural e explicou de xeito moi didáctico cales eran estes movementos.
O equipos dos "Super Emojis" de B tamén decidiu preparar un vídeo. Nel podemos diferentes técnicas de edición de vídeo.

viernes, 10 de noviembre de 2017

PROXECTO O UNIVERSO: TRABALLOS 3

Os seguintes equipos expuseron o tema dos planetas. 
Os equipos de A e B fixéronno moi ben e aprendemos unha chea de cousas, ata coñecemos un planeta que descoñeciamos que se chama "Make Make"

jueves, 9 de noviembre de 2017

PROXECTO DO UNIVERSO: TRABALLOS 2

A seguinte parte do traballo do universo foi "O sistema Solar". O equipo de A preparou un mural e fixo unha presentación moi boa e fluída. Aprendemos moito escoitándoos.
Os Peidos Bravos de B quixeron probar o programa Explain Everything e aquí tedes o resultado da súa presentación.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

PROXECTO DO UNIVERSO: OS TRABALLOS

O outro día vos amosamos coma fixemos o traballo do Universo, agora queremos que vexades cal foi o resultado dese traballo. 
Dividimos o tema en 4 partes e cada equipo encargouse dunha desas partes. De forma que, ao ser dúas clases, tiñamos dúas propostas diferentes sobre o mesmo.
Aquí tedes "O composición do Universo", o equipo de A decidiu facer un mural e despois expuseron o traballo de xeito oral. 
Os Celtas de B montaron un vídeo e, ademais na aula, fixeron unha nebulosa. 
Aquí tedes un resumo da presentación de ambos.

VÍDEO FEITO POLOS CELTAS

PROXECTO DE ROBÓTICA

Compartimos convosco este artigo fantástico que puxo a profe Amparo no blog de 6º "experimentando coa ciencia".
Coñecedes o seu blog? Pasade a dar unha volta que está cheo de cousas fantásticas.
Aquí vos deixo o artigo que fixo do noso proxecto.

 Concedéronnos o proxecto ... 
"Introdución á Robótica educativa en Primaria"!!!!!! 
FANTÁSTICO!
 Somos un dos 120 centros en toda Galicia ao que nos conceden o proxecto. Podemos considerarnos afortunados. 




E claro, ademais de toda a formación que algúns profes xa viñamos facendo, hai que poñerse ao día non só co material que nos vai a mandar a Xunta, senón tamén cos últimos avances nestos temas: programación, gamificación, competencias stem, .... 


Pois algúns mestres do centro fomos este pasado fin de semana, venres e sábado ata Coruña a que nos contaran as últimas novidades en robótica educativa, e o mércores, convocáronnos dende a xunta, para a presentación do programa e dos materiais que nos enviarán e cos que traballaremos polo feito de participar.


 Incrible!!!!! Canto aprendemos!, e sobre todo, que pracer ver a nenos de 9, 10 e 11 anos, construindo, programando e explicándonos, a nós os mestres, con toda a soltura do mundo, o traballo que viñan desenvolvendo co material robótico. 





 Agora tócanos a nós!!!!! 


Novas ao redor do proxecto: 

martes, 7 de noviembre de 2017

COMA FACER UN ESQUEMA?

Un esquema é un xeito de analizar, mentalizar e organizar todos os contidos presentes nun texto.
Para poder levar a cabo un esquema necesito:

1. Facer unha lectura ou escoita comprensiva.
2. Subraiar
3. Empregar palabras chave
4. Usar a túa propia linguaxe
5. Destacar a idea principal e ir descendendo nas ideas secundarias.

Hai moitos xeitos de representar un esquema. Debes escoller o que creas que se axeita mellor as ideas que queres representar.

Agora aplica a teoría para elaborar o teu esquema sobre os contidos a tratar no tema do Reino Animal. Como? Mira os dous vídeos, igual precisas facer anotacións ou ir parando o vídeo.  Fai o teu esquema primeiro en sucio para poder controlar ben o espazo que precisas. Cando o teñas listo pásao a limpo. 
Co teu esquema podes ver todos os contidos que imos traballar?

¿ES REAL EL CAMBIO CLIMÁTICO?

COMO SE REDACTA UNA NOTICIA 

El primer paso es tener claro que es una noticia y donde podemos encontrarlas. Lee unas cuantas y veras que todas siguen el mismo esquema. Primero encontramos un titular, debajo un subtítulo y luego el cuerpo de la noticia. Este cuerpo responde al esquema tienes aquí abajo.
Comprueba que tienes claro como se hace

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/3EPlcc2_ee_es_ud09/frame_prim.swf
CONVIÉRTETE EN PERIODISTA Y GANA 3 PUNTOS EN CLASS DOJO!!!
Ahora mira el vídeo sobre el cambio climático, toma apuntes siguiendo el método de cornell. Con todos los datos listos redacta tu noticia contando que es el cambio climático y recogiendo que podemos hacer para disminuír sus efectos.


TEN EN CUENTA COMO SE REDACTA UNA NOTICIA 

domingo, 5 de noviembre de 2017

AS FÁBULAS

Comezamos o novo tema en Ciencias Naturais adicado aos seres vivos no que nos ocuparemos de estudar o reino animal.
Seguro que sabedes que hai uns relatos chamados fábulas onde os protagonistas son animais. Destacan por trasmitir unha ensinanza ou moralexa e, ainda que foron escritas fai siglos, siguen vixentes hoxe en día.
 Neste enlace atoparedes varias adaptacións das fábulas de Esopo, de Samaniego e de La Fontaine.
A miña favorita é El león y el mosquito , cal é a vosa?


https://www.mundoprimaria.com/fabulas-para-ninos/
 

sábado, 4 de noviembre de 2017

O UNIVERSO: ASÍ O TRABALLAMOS NA AULA

Para preparar o tema do universo aproveitamos os equipos de cada aula para que   prepararan unha parte do tema. Así uns equipos investigaban a composición do universo, outros o sistema solar, outros os planetas e outros os movementos da lúa e da terra.
Durante dúas semanas os equipos buscaron información, escolleron o material que queiran e decidiron que formato lle ían dar. 
A partir de aí cada equipo decidiu facer un mural, un vídeo, un powerpoint... pero iso será no seguinte post.
De momento aquí tedes un resumo de moito e ben que traballaron.

viernes, 3 de noviembre de 2017

O CLIMA E O TEMA ATMOSFÉRICO

Volvede ver o vídeo e refade os vosos apuntes (lede o artigo anterior sobre os apuntes). Agora tedes a oportunidade de ir parando e collendo os apuntes ao voso gusto. Despois contesta aquelas preguntas que non responderades ben ou que vos quedaran incompletas. 

1.Que é o tempo atmosférico?
2. En que nos fixamos para saber o tempo que fai?
3. Que é unha precipitación e de que formas se presenta?
4. Que é o clima?
5. Cantos tipos de clima hai?
6. Con que estudamos o tempo?
7. Que é un metereólogo? 
Tedes máis información sobre este tema no site de recursos, botádelle un ollo. 

COMA TOMAR APUNTES?

Estes días falamos da importancia de tomar apuntes en determinadas situacións. Hoxe fixemos a primeira proba sen ter ningún tipo de indicación de coma facelo. Agora imos deixarvos algunhas propostas para que os vosos apuntes sexan eficientes e de calidade.

 Coma tomar apuntes sen tolear no intento? 

 É hora de ir pondo en valor todo o que imos aprendendo.
Céntrate no importante, usa palabras chave (lembrades o que eran?).
Non teñen que ser "bonitos", o mellor paréceche que isto non é importante pero, si que o é. Cando tomamos apuntes temos un problema de xestión de tempo: moita información en pouco tempo, así que debes coller a información importante sen perder nada. Os teus apuntes colleran forma logo na casa, aí é cando os podes poñer "bonitos".
Para aproveitar o tempo podes usar abreviaturas (ten un código para lembrarte delas), frechas, diagramas...
Separa ben a información, non esquezades os títulos e apartados (son fundamentais para organizar e estudar)

 Coma lle damos forma a todo isto?

Un dos métodos máis extendidos é de cornell. A idea é dividir a folla en tres, coma veredes a continuación no esquema, no lado dereito tomades apuntes, no esquerdo apuntades ideas e preguntas e na parte final, xa na casa e con calma, facedes un resumo cos apuntes e ideas que tedes. É unha técnica moi boa e efectiva. Podedes probar co tema do clima.

A CÉLULA

Agora que rematamos o tema é hora de contarnos como o preparamos. 
Cada equipo tíñao por escrito e debían estudialo todos xuntos. Para iso vimos cales eran as mellores posibilidades para preparar un tema en conxunto.
Pero, ademais da parte teórica, queremos que cada tema teña unha parte experimental que nos axude a comprender,  a desenvolver as estructuras cognitivas e sirva de eixo motivador para seguir aprendendo. 
Neste tema decidimos facer unha maqueta da célula usando froitas e lambetadas. Cada equipo fixo unha lista dos ingredientes que ían comprar e dos que podían traer da casa. Démoslle un orzamento e fomos ao supermercado para coller todo o que nos facía falla. Xa na aula, tendo unha imaxe como guía, cada equipo fixo a súa célula e, a verdade, é que o fixeron moi ben.
Aquí tedes un resumo de coma fixemos as maquetas da célula na aula.

jueves, 2 de noviembre de 2017

NOVOS TEMAS, NOVOS RECURSOS

Iniciamos temas novos en sociais e naturais. Desta volta o proxecto será para naturais pero xa vos iremos contando. De momento aquí tedes información para comezar a ver do que imos falar.


O REINO ANIMAL HAPPY LEARNING (Un vídeo un pouco máis longo do habitual pero moi interesante)
  

Máis información no site de recursos. Tamén tedes unha chea de enlaces en sociais, o novo tema vai ser o CLIMA.

HISTORIAS DE MEDO 2!

Deixámosvos a segunda parte dos contos de medo que lemos o día de Samaín.

miércoles, 1 de noviembre de 2017

HISTORIAS DE MEDO!!!

O pasado martes aproveitamos a celebración do Samaín-Magosto no cole para ter unha xornada moi festiva. Tivemos taller de maquillaxe, xogo de pistas e ata unha sesión de contos terrorífica. Os rapaces escribiron as súas historias e escollemos algunhas para ler. 
Aquí vos deixamos a primeira tanda.

lunes, 30 de octubre de 2017

RECURSOS PARA SAMAÍN

Aquí vos deixamos algúns recursos variados para aprender máis sobre o Samaín/Halloween. Esperamos que vos sexan de utilidade.

QUE É HALLOWEEN?

http://www.halloween.com.es/
 

No CEIP Pío XII fixeron esta compilación de cancións:

https://www.genial.ly/View/Index/59e054370b9c21060cb4c26c

PELÍS PARA SAMAÍN: estades buscando algunha pelí para o día 31 e non sabedes que escoller. Aquí vos deixamos algunhas ideas que recollemos no blog "Lluvia de ideas".
1. Pesadilla antes de Nadal de Tim Burton, un clásico da animación imprescindible para pasar unha noite terrorífica.

 

2. La novia cadáver tamén de Tim Burton. Unha historia terrorífica e moi simpática que non vos debedes perder.

3. Hotel Transilvania 1 e 2. As críticas son dispares. Deixámola ao voso criterio
E, ademais, a Saga de Harry PotterEl retorno de las brujas, Casper y La familia Adams.

Finalmente, algúns xogos:

CREA O TEU CALACÚ

http://www.pekegifs.com/halloween/juegohalloweencalabaza.htm

HAPPY HALLOWEEN

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/tematicas/halloween/wanda_cast/home.html


jueves, 26 de octubre de 2017

RECURSOS

Podedes pasar polo site de recursos que está cargado de actividades sobre a acentuación, algún xogo para rematar de estudar o tema da Célula e, por suposto, a nova materia de mate.
Imos ver os múltiplos e os divisores. Aquí vos deixamos un par de vídeos pero no site tedes máis material para poder comezar a preparar o tema na casa.

 MÚLTIPLOS

 DIVISORES

miércoles, 25 de octubre de 2017

O EQUINOCIO DE OUTONO

Na nosa clase celebramos o equinocio de outono, que consiste no cambio de estación no día en que o día e a noite duran o mesmo.
Os Celtas organizámonos con funcións e tarefas para facer a decoración da festa. Tamén había equipos que se encargaban da alimentación, do ritual e da información.
A festa podíase mellorar distribuindo mellor a comida, explicando mellor a teoría e moderando o volume.
O bo foi que puidemos probar bastantes alimentos coma granada ou as noces garrapiñadas.
Gustaríame celebrar máis festas pero melloraría tentando falar  máis baixo e organizándonos mellor sobre todo no reparto de tarefas.
Naiara 5º B

martes, 24 de octubre de 2017

IMOS A GALICIENCIA

Acaban de chamarmos para comunicarnos que os 5 equipos que presentaron ideas para o concurso de proxectos foron seleccionados, así que: 
REBECA E SERGIO presentarán unha maqueta do sistema solar 
IAGO E NAIARA un sistema solar móbil 
MARÍA E NOA un eclipse solar e luar 
ALBA P E ALBA S unha caixa luar
 BRAIS E XOEL unha maqueta dun foguete espacial 

 Ademais o resto do alumnado de 5ºA e 5ºB visitará a exposición. 

 NORABOA A TODOS AGORA A ESMERARSE CON ESAS MAQUETAS!!!