miércoles, 18 de mayo de 2016

XACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O pasado mércores tivemos a sorte de ter no noso colexio a Xacobo Fernández Serrano. El é o escritor e ilustrador de Mil cousas poden pasar, o libro que estou lendo cos meus compañeiros no colexio.
Xacobo primeiro preguntounos si nos gusta ler e se nos gusta escribir historias..... logo tamén nos comentou cousas sobre os outros libros que escribiu e ademáis díxonos que dentro de pouco vai a publicar un novo libro e ten pinta de que vai a ser moi divertido.
Unha cousa que me encantou foi que nos debuxou a Neda, Hedión, Lina....  persoaxes do libro Mil cusas poden pasar. Paréceme un ilustrador e un escritor excelente!!!!
Ao final firmounos o libro e xunto a súa firma fíxonos un debuxo a cada un. A min debuxoume o gato Kandás moi elegante cunha garabata e unha sonrisa preciosa e enorme.

Encantoume a visita!!!
 Paula Dasilva

1 comentario:

  1. É UN GRAN ILUSTRADOR...E TAMEN MOI BÓ ESCRITOR

    ResponderEliminar