miércoles, 25 de mayo de 2016

VISITA AO MERCADO

Percorremos  o mercado entrevistando as persoas que traballaban en distintos postos: peixería, florestería, panadería, carnicería, chacinería e froitería e comercio xusto, e esta é información que nos proporcionaron.

Peixería
Venden peixes brancos e azuis. Nesta época do ano véndese máis o peixe azul. Os precios dalgúns peixes como a sardiña pode variar moito según a epoca do ano. 
A maioría do peixe ten procedencia galega ou española, pero tamén venden peixes doutros paises como Marrocos.
O peixe debése conservar en xeo picado.
O traballo de peixeira é moi duro xa que o seu horario vai das catro da mañán as dúas da tarde.
Hai bastante competencia entre os postos de venda de peixe.

Paula e Lucas C.
Carnicería
Venden carnes de polo, tenreira,  pavo, porco, coello. De todas elas a que máis venden é a de tenreira. Toda a carne  é galega.
Ademais tamen venden produtos elaborados como pastel de carne, hamburguesas, san xacobos e albóndigas.
Para conservar a carne utilizan un produto especial.
A carniceira que nos atendeu leva máis de 36 anos traballando no mercado.

 Rosi e Unai F.
Froitería
As mellores froitas e verduras veñen de Andalucía e Murcia ainda que tamén hai xudías e laranxas que Marrocos. A froita lévase do lugar onde se produce para un almacen en Vigo onde a froiteira vai mercala.
Cando empeza a temporada as froitas novas son as máis caras, por exemplo agora están caros os peladillos, nísperos, albaricoques e están baratas as mazás ademais ésta é a froita máis vendida. Das verduras, a máis vendida  todo o ano é a xudía.
Para conservar as froitas e verduras colócanse no frío con un pano por enriba para que non perda o seu sabor e textura.

María, Sandra, David e Manu

Panadería
O pan faise nun forno fora do mercado e logo traeno para vendelo alí.
Para facer un pan so se necesitan catro ingredientes: auga, fariña, sal e fermento, As fariñas poden ser de centeo, millo, trigo, espelta.....O pan que máis se vende é o artesán e o de centeo. A parte do pan tamén venden magdalenas, pastas, pasteliños e empanadillas. O pan que non se vende non se tira, moito aprovéitase para facer pan relado.
Este posto leva aberto dende a apertura do mercado.


Alex e Rober

 
Chacinería
Aquí venden non so embutidos senon tamén conservas, pan de molde, mel, aceite.... é como unha pequena tenda. O que máis se vende é o xamón cocido, xamón serrano e queixo. Cada vez máis a xente prefire os embutidos baixos en sal e en graxa. Os seus podutos proceden diferentes de lugares como Lugo, Ourense, Madrid.....
O horario de traballo é de oito da mañán a dúas da tarde, de luns a sábado. Os días con máis clientela son os venres e os sábados.
O mellor de traballar nunha chacinería é atender aos clientes e que estos vaian satisfeitos para as súas casas. Por desgraza, a xente compra máis no supermercados que nos mercados porque alí atopa moitos máis produtos.

Cris e Lucas G.


Floristería
Ten moitos tipos de flores como as rosas, orquídeas e caraveis, estos últimas son as flores que máis se venden. A época do ano en que máis venden é en agosto porque a xente que cultiva flores xa non lles quedan pola calor e a sequía. Normalmente mércanse para o ceminterio, para regalar ou para poñer nas casas.
Tamén venden plantas aromáticas.
No mercado hai dous postos de flores e plantas e entre eles hai competencia polas vendas.

Alba e Unai S.

Tenda ecolóxica
 Aquí atopamos produtos do comercio xusto e ecolóxicos. Este tipo de comercio respecta ao medio ambiente e as persoas. Os produtos ecoloxícos sentan mellor, sacian máis e tamén están moi ricos. Cada vez véndesen máis porque as persoas están máis concienciadas co medio ambiente e coa saúde.
Moitos dos seus  produtos como o arroz basmati, a quinoa, o café e o cacao veñen doutros países e continentes.
Nesta tenda tamén venden cosméticos, cestos e traballos feitos a man en madeira.
Para asegurarnos que un produto é ecolóxico temos que atopar no seu envoltorio un debuxo dunha folla de estrelas.
A vendedora estudou bioloxía é unha apaixoada dos animais e o campo. Comenzou traballando ensinando a xente a comer mellor e agora continua ofrecendo produtos e consellos no mercado.

Antía e Pablo

miércoles, 18 de mayo de 2016

XACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O pasado mércores tivemos a sorte de ter no noso colexio a Xacobo Fernández Serrano. El é o escritor e ilustrador de Mil cousas poden pasar, o libro que estou lendo cos meus compañeiros no colexio.
Xacobo primeiro preguntounos si nos gusta ler e se nos gusta escribir historias..... logo tamén nos comentou cousas sobre os outros libros que escribiu e ademáis díxonos que dentro de pouco vai a publicar un novo libro e ten pinta de que vai a ser moi divertido.
Unha cousa que me encantou foi que nos debuxou a Neda, Hedión, Lina....  persoaxes do libro Mil cusas poden pasar. Paréceme un ilustrador e un escritor excelente!!!!
Ao final firmounos o libro e xunto a súa firma fíxonos un debuxo a cada un. A min debuxoume o gato Kandás moi elegante cunha garabata e unha sonrisa preciosa e enorme.

Encantoume a visita!!!
 Paula Dasilva

domingo, 8 de mayo de 2016

PASTEL SALGADO

A nosa horta comeza a dar os seus primeiros produtos de temporada e  como xa temos unhas leitugas moi fermosas quixémolas probar. Para elo preparamos un pastel salgado de atún e outro de xamón e queixo.
 Tanto un como o outro estaban exquisitos.!!!!

jueves, 5 de mayo de 2016

TODO É UN CONTO

Unha das actividades organizadas polo Servizo de Normalización Ligüística do concello de Redondela é a realización teatro radifónico cos alumnos dos centros escolares da nosa vila .
Fai xa un par de semanas o actor e guionista Santiago Cortegoso veu o noso cole a explicarnos en que consiste esta modalidade de teatro e a axudarnos a preparar a nosa obra. Estivemos practicando durante varios días e hoxe, por fin, fomos a gravar a Radio Redondela.

Foi unha experiencia única!!!