lunes, 26 de diciembre de 2016

AS FORMAS DO RELEVO

Seguro que sodes capaces de distinguir as formas do relevo que estudamos en cursos pasados, pero non esta de máis darlle un repaso.
Formas do relevo do interior
Formas do relevo da costa

O RELEVO DE ESPAÑA

Continuamos con máis xogos, agora tocan os límites de España, os ríos e o seu relevo.

Os límites
Fácil
Difícil 

Os ríos
Para aprender.- fai clic opción Mirar move o rato sobre o mapa para ver o nome dos ríos
Fácil.-fai clic opción Jugar
Difícil.- podes repasar primeiro na opción mirar e logo xogar


O relevo
Para aprender.- fai clic opción Ver move o rato sobre o mapa para ver o nome das unidades de relevo
Fácil.-fai clic opción Jugar
Difícil.- podes repasar primeiro na opción mirar e logo xogar

AS COSTAS

Continuamos estudando o relevo e agora tocanos aprender cales son e onde estan situadas as principais formas do relevo da costa.

Mapa 1
Actividade

O RELEVO DE GALICIA

Para que vaiades estudando o vindeiro tema de Ciencias Sociais adicado ao relevo vouvos ir deixando xogos. Comenzaremos pola nosa comunidade autónoma.
Nos mapas interactivos tedes tres niveles: para aprender, fácil, difícil
 Os ríos.
Para aprender.- fai clic opción Mirar move o rato sobre o mapa para ver o nome do río
Fácil.-fai clic opción Xogar
Difícil.- podes repasar primeiro na opción mirar e logo xogar


 O relevo.
Para aprender.- fai clic opción Mirar move o rato sobre o mapa para ver o nome dos montes
Fácil.-fai clic opción Xogar
Difícil.- podes repasar primeiro na opción mirar e logo xogar


domingo, 25 de diciembre de 2016

PROBLEMAS E MÁIS PROBLEMAS!!!

Espero que estedes disfrutando dunhas merecidas vacacións, pero por si vos sobra algo de tempo, déixovos este enlace para facer problemas.
Problemas 

lunes, 14 de noviembre de 2016

jueves, 3 de noviembre de 2016

lunes, 31 de octubre de 2016

CONTOS DE SUPERHEROES

Esta semana para conmemorar o Día das Biblotecas Escolares, o xoves e venres compartimos o tempo de lectura con outras clases. A nós tocounos ir lerlle un conto de superheroes aos grupos de Educación Infantil. Con moita ilusión escribimos, por parellas ou de xeito individual, varios contos de superheroes e de entre todos eles escollemos este. 
Pouco a pouco iremos publicando o resto.

Esta é a lectura dun grupo na clase dos Xirasois

jueves, 29 de septiembre de 2016

VISITA AO MEIRANDE E SAN SIMÓN

 O pasado martes, os meus compañeiros e máis eu baixamos a pé a Redondela.  O motivo era realizar unha visita ao museo Meirande e a illa de San Simón, agasallo que recibimos por gañar o I Concurso de Teatro Radiofónico organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.
Como non estamos acostumados a andar tanto, ao chegar ao peirao de Cesantes descansamos e comemos algo para recuperar forzas. De seguido chegou o barco que nos ía levar a nosa primeira parada: Meirande. Para nós non era algo novo xa que estiveramos alí noutra ocasión, pero ainda así resultounos moi interesante. Ensináronnos unha réplica da sala do capitán, os cañóns e a bodega dun barco e tamén vimos uns vídeos sobre a Batalla de Rande e o choco.
Ao finalizar a visita embarcamos de novo rumbo a illa de San Simón. O primeiro que fixemos ao chegar, foi cantar a cantiga de Mendiño en homenaxe aos trovadores medievais Johan de Cangas, Martín Códax e Mendiño. A continuación dividíronnos en dous grupos e acompañados dunha guía  comenzamos a visita. Levounos, en primeiro lugar, a visitar a capela onde se atopa a imaxe do santo que lle da nome a illa. A San Simón fáltalle as dúas mans e según nos contou a guía hai dúas versións que explican o por que.
Había varios edificios, un que era antes un comedor transformado agora en cafetería, outro que primeiro foi un hospital e logo  unha cárcere. 
Contáronnos porque a illa de San Simón lle chamaban a illa limpa e a San Antón a illa sucia. Isto era porque os barcos que viñan de facer grandes travesías, antes de poder desembarcar, tiñan que pasar cuarenta días na illa, e os que padecían enfermidades contaxiosas eran levados a illa de San Antón e tiñan prohibida saír de alí. 
A través dunha ponte accedemos a illa de San Antón, onde se atopa o ceminterio e un edificio transformado en museo con fotografías de diferentes épocas. Voltamos a illa de San Simón e fixemos a última parada onde a guía nos amosou un cruceiro na illa de San Bartolomeu que rinde homenaxe a uns homes que perderon a vida alí ao volcar a pequena embarcación na que ían.
A paisaxe das illas é moi fermosa con árbores con máis dun século de vida como os que forman o Paseo dos Buxos.
Finalizada a visita volvemos a coller o barco que nos levou de volta ao peirao de Cesantes e de alí fomos andando ata o colexio.
 Cris

lunes, 19 de septiembre de 2016

PALABRAS DE CARAMELO

Este vídeo seguro que nos axudará a entender mellor o escenario onde ten lugar a historia que se narra neste libro.

sábado, 17 de septiembre de 2016

REPASO HISTORIA

Antes de comenzar o estudio dos contidos de historia deste curso, vamos a lembrar o que estudamos en cursos anteriores.





 

jueves, 8 de septiembre de 2016

BENVIDOS DE NOVO!!!!!

 O vindeiro luns espérovos coas mochilas cheas de ilusión e con moitas, moitas ganas de aprender xuntos.

BENVIDOS DE NOVO!!!!

viernes, 29 de julio de 2016

COÑECENDO REDONDELA

Vaise a realizar un taller moi interesante para coñecer a nosa vila oa días 6, 7 e 8 de setembro.

Non volo perdades!!! 
Pincha sobre a imaxe para máis información
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=6575 
Fonte: http://servizonlredondela.blogaliza.org
 


martes, 5 de julio de 2016

TAREFAS DE VERÁN

Espero que disfrutedes moito destas merecidas vacacións de verán, pero non vos esquezades de repasar un chisquiño para non esquecer todo o que aprendestedes durante o curso.
Déixovos a melodía que tedes que practicar en música  e tamén enlaces as outras materias

 

domingo, 3 de julio de 2016

CARTAS DE AMIZADE

Unha das últimas actividades que fixemos para rematar este curso foi o intercambio de cartas de amizade. Despois de compartir traballo, aprendizaxes e experiencias foi o momento de facer balance e reflexionar como nos sentimos ao longo deste curso, que aportamos a aula, que rasgos positivos ten o noso compañeiro ou compañeira e que aportou a aula e ademais de expoñer como nos gustaría que fose o vindeiro curso. Todo esto quedou reflectido na carta que lle escribimos ao compañeiro ou compañeira elexido ao azar.

Houbo intercambio de cartas e....      unha gran aperta final de todos os que formamos do equipo
 O manantial

GRANDES ESCRITORES!!!

Na nosa clase contamos con grandes escritores e escritoras e presentámonos a varios concursos de narrativa e ao longo do curso obtendo un merecido recoñecemento.

María gañou o segundo premio do concurso de narrativa da Reboraina

Parabéns María!!!!!

  

Lucas Camiño quedou finalista no  ¨IV certame de relato curto¨ da FANPA co seu relato ¨Pesadelo en altamar¨e recibiu un diploma ademais Dun libro co seu relato e os dos outros finalistas prologado pola xenial escritora Ledicia Costas
Este relato vai a ser emitido este verán no programa de radio PONTEVEDRA VIVA 


 Parabéns Lucas!!!!!

https://soundcloud.com/luisa-dacosta/pesadelo-en-altamar

 Pincha sobre a imaxe para escoitar o relato

martes, 21 de junio de 2016

CONCURSO TEATRO RADIOFÓNICO

Xa está aberto o prazo para votar as pezas do I CONCURSO DE TEATRO RADIOFÓNICO ESCOLAR.
Os audios pódense escoitar na seguinte ligazón: https://soundcloud.com/servizo-normali…/…/teatro-radiofonico
As persoas interesadas poderán facer as súas votacións entre o 18 e o 27 de xuño a través do correo electrónico radioredondela@hotmail.com ou do teléfono do SNL, 986 400 106 (en horario de 8 a 14.30 h). Para iso cada persoa terá que identificarse e só se computará un voto por persoa para cada unha das modalidades, que son as seguintes:

PREMIO Á MELLOR DRAMATIZACIÓN RADIOFÓNICA
PREMIO Á CALIDADE LINGÜÍSTICA


Se vos gustou a nosa obra "Todo é un conto"  votadenos nunha ou nas dúas modalidades indicando o título "Todo é un conto"  e o nome do noso centro CEIP Santo Paio de Abaixo

Grazas!!!!!!

miércoles, 25 de mayo de 2016

VISITA AO MERCADO

Percorremos  o mercado entrevistando as persoas que traballaban en distintos postos: peixería, florestería, panadería, carnicería, chacinería e froitería e comercio xusto, e esta é información que nos proporcionaron.

Peixería
Venden peixes brancos e azuis. Nesta época do ano véndese máis o peixe azul. Os precios dalgúns peixes como a sardiña pode variar moito según a epoca do ano. 
A maioría do peixe ten procedencia galega ou española, pero tamén venden peixes doutros paises como Marrocos.
O peixe debése conservar en xeo picado.
O traballo de peixeira é moi duro xa que o seu horario vai das catro da mañán as dúas da tarde.
Hai bastante competencia entre os postos de venda de peixe.

Paula e Lucas C.
Carnicería
Venden carnes de polo, tenreira,  pavo, porco, coello. De todas elas a que máis venden é a de tenreira. Toda a carne  é galega.
Ademais tamen venden produtos elaborados como pastel de carne, hamburguesas, san xacobos e albóndigas.
Para conservar a carne utilizan un produto especial.
A carniceira que nos atendeu leva máis de 36 anos traballando no mercado.

 Rosi e Unai F.
Froitería
As mellores froitas e verduras veñen de Andalucía e Murcia ainda que tamén hai xudías e laranxas que Marrocos. A froita lévase do lugar onde se produce para un almacen en Vigo onde a froiteira vai mercala.
Cando empeza a temporada as froitas novas son as máis caras, por exemplo agora están caros os peladillos, nísperos, albaricoques e están baratas as mazás ademais ésta é a froita máis vendida. Das verduras, a máis vendida  todo o ano é a xudía.
Para conservar as froitas e verduras colócanse no frío con un pano por enriba para que non perda o seu sabor e textura.

María, Sandra, David e Manu

Panadería
O pan faise nun forno fora do mercado e logo traeno para vendelo alí.
Para facer un pan so se necesitan catro ingredientes: auga, fariña, sal e fermento, As fariñas poden ser de centeo, millo, trigo, espelta.....O pan que máis se vende é o artesán e o de centeo. A parte do pan tamén venden magdalenas, pastas, pasteliños e empanadillas. O pan que non se vende non se tira, moito aprovéitase para facer pan relado.
Este posto leva aberto dende a apertura do mercado.


Alex e Rober

 
Chacinería
Aquí venden non so embutidos senon tamén conservas, pan de molde, mel, aceite.... é como unha pequena tenda. O que máis se vende é o xamón cocido, xamón serrano e queixo. Cada vez máis a xente prefire os embutidos baixos en sal e en graxa. Os seus podutos proceden diferentes de lugares como Lugo, Ourense, Madrid.....
O horario de traballo é de oito da mañán a dúas da tarde, de luns a sábado. Os días con máis clientela son os venres e os sábados.
O mellor de traballar nunha chacinería é atender aos clientes e que estos vaian satisfeitos para as súas casas. Por desgraza, a xente compra máis no supermercados que nos mercados porque alí atopa moitos máis produtos.

Cris e Lucas G.


Floristería
Ten moitos tipos de flores como as rosas, orquídeas e caraveis, estos últimas son as flores que máis se venden. A época do ano en que máis venden é en agosto porque a xente que cultiva flores xa non lles quedan pola calor e a sequía. Normalmente mércanse para o ceminterio, para regalar ou para poñer nas casas.
Tamén venden plantas aromáticas.
No mercado hai dous postos de flores e plantas e entre eles hai competencia polas vendas.

Alba e Unai S.

Tenda ecolóxica
 Aquí atopamos produtos do comercio xusto e ecolóxicos. Este tipo de comercio respecta ao medio ambiente e as persoas. Os produtos ecoloxícos sentan mellor, sacian máis e tamén están moi ricos. Cada vez véndesen máis porque as persoas están máis concienciadas co medio ambiente e coa saúde.
Moitos dos seus  produtos como o arroz basmati, a quinoa, o café e o cacao veñen doutros países e continentes.
Nesta tenda tamén venden cosméticos, cestos e traballos feitos a man en madeira.
Para asegurarnos que un produto é ecolóxico temos que atopar no seu envoltorio un debuxo dunha folla de estrelas.
A vendedora estudou bioloxía é unha apaixoada dos animais e o campo. Comenzou traballando ensinando a xente a comer mellor e agora continua ofrecendo produtos e consellos no mercado.

Antía e Pablo

miércoles, 18 de mayo de 2016

XACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O pasado mércores tivemos a sorte de ter no noso colexio a Xacobo Fernández Serrano. El é o escritor e ilustrador de Mil cousas poden pasar, o libro que estou lendo cos meus compañeiros no colexio.
Xacobo primeiro preguntounos si nos gusta ler e se nos gusta escribir historias..... logo tamén nos comentou cousas sobre os outros libros que escribiu e ademáis díxonos que dentro de pouco vai a publicar un novo libro e ten pinta de que vai a ser moi divertido.
Unha cousa que me encantou foi que nos debuxou a Neda, Hedión, Lina....  persoaxes do libro Mil cusas poden pasar. Paréceme un ilustrador e un escritor excelente!!!!
Ao final firmounos o libro e xunto a súa firma fíxonos un debuxo a cada un. A min debuxoume o gato Kandás moi elegante cunha garabata e unha sonrisa preciosa e enorme.

Encantoume a visita!!!
 Paula Dasilva

domingo, 8 de mayo de 2016

PASTEL SALGADO

A nosa horta comeza a dar os seus primeiros produtos de temporada e  como xa temos unhas leitugas moi fermosas quixémolas probar. Para elo preparamos un pastel salgado de atún e outro de xamón e queixo.
 Tanto un como o outro estaban exquisitos.!!!!

jueves, 5 de mayo de 2016

TODO É UN CONTO

Unha das actividades organizadas polo Servizo de Normalización Ligüística do concello de Redondela é a realización teatro radifónico cos alumnos dos centros escolares da nosa vila .
Fai xa un par de semanas o actor e guionista Santiago Cortegoso veu o noso cole a explicarnos en que consiste esta modalidade de teatro e a axudarnos a preparar a nosa obra. Estivemos practicando durante varios días e hoxe, por fin, fomos a gravar a Radio Redondela.

Foi unha experiencia única!!!


domingo, 10 de abril de 2016

A MATERIA

O venres pasado calculamos a masa, o volumen e a densidade de diferentes obxectos na clase coa axuda dunha báscula e unha probeta e agora imos repasar con esta actividade:
Cálculo de densidade

 Mirade que vídeo máis interesante!!!!

viernes, 18 de marzo de 2016

COMUNIDADES AUTÓNOMAS E PROVINCIAS

Nas vacacións imos descansar, pero seguro podedes atopar un chisco de tempo para repasar as comunidades autónomas e as provincias.

Boas vacacións!!!!!

 Comunidades autónomas
 
Provincias

sábado, 13 de febrero de 2016

CONCERTO DO DÍA DA PAZ

Os nosos compañeiros Lucas Camiño e Lucas García actuaron, xunto con outros nenos e nenas do colexio e as profes Isabel e Loli, no concerto na biblioteca para celebrar o Día da Paz.
Temos uns estupendos músicos na nosa clase!!!

 

viernes, 5 de febrero de 2016

ESTAMOS PARA COMERNOS....

Hoxe disfrutamos dun espléndido día solleiro para celebrar o entroido polos camiños de Reboreda.
Estivemos días e días cortando e pegando papeliños para confeccionar os nosos vistosos gorros de brécol. Foi un traballo arduo quedándonos nos recreos a facer os gorros, pero tamén compartindo traballo e risas. O resultado mereceu a pena.
Agora so nos queda preparar algún plato con brécol que din que é moi saudable.