sábado, 13 de junio de 2015

ANGEL BARROS

Este mércores fomos de visita á casa de Ángel Barros para coñecer o seu estudo de pintura. Alí tiña impresionantes cadros e algúns de gran tamaño como o ¨A última cea¨, ¨As meninas¨ ou ¨O enterro do conde Orgaz¨.
Agora está traballando noutros cadros para a próxima exposición. Un deles é enorme e ten moito colorido e trata sobre a coroación de Napoleón e tamén está a pintar cadros sobre costuteiras, fiandeiras e outros oficios relacionados coa confección de roupa.
Explicounos como dende un cadro en blanco chega a conseguir as cores que el quere.
Despedíuse de nós decindo que todo o traballo require un esforzo e que estaba moi agradecido pola nosa visita,  e para nós foi un privilexio poder visitalo e disfrutar das súas ensinanzas.
No camiño de ida e de volta que fixemos andando, aproveitamos para que a profe nos explicara cousas sobre as plantacións de millo e patacas e sobre as árbores que hai a  carón do río Alvedosa e repasamos os nomes das árbores froiteiras que atopamos polo camiño.
Foi un día divertido e moi ben aproveitado!!!
David



2 comentarios:

  1. Encantoume ver todos os cadros que tiñas, era una verdadeira obra de arte.

    ResponderEliminar
  2. É todo un privilexio poder contar con xente como Ángel Barros,,que desinteresadamente acepta compartir as súas ensinanzas e amosar o seu estudio a estes pequenos do cole de Reboreda,,,quen sabe se algún deles non sigue os seus pasos na pintura...gracias Lito,,,como cariñosamente te coñecemos os veciños....

    ResponderEliminar