miércoles, 24 de junio de 2015

DE PASEO POLO CADAVAL

Para pasar o último día xuntos neste curso quixemos voltar a un lugar paradisiaco a beira do río Alvedosa. Polo camiño fomos vendo os cultivos de millo, patacas, viñas e hortas e observando as diferentes árbores froiteiras e a vexetación típica do bosque de  ribiera.
Aproveitamos para compartir xogos en contacto coa natureza, nun prado rodeado de árbores, vendo bolboretas, cabaliños do demo e algunha que otra que coma nós estaban disfrutando do lugar.
Despois de merendar e refrescar os pés no río, ainda que algún e algunha mollou algo máis que os pés, voltamos ao cole.
Foi momento de despedidas e de entregar as notas, e como xa vos dixen, o importante foron todas experiencias e vivencias que compartimos al longo deste curso.


O blog non pecha por vacacións polo que seguiremos en contacto.

Espero vervos de novo en setembro!

Disfrutade moito das vacacións que o merecedes!


lunes, 22 de junio de 2015

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

O venres 12 de xuño fomos a praia de Cesantes. O noso guía que se chamaba  Marcelo, explicounos que o perixel de mar era unha planta carnosa para protexerse do vento, da area e para conservar a auga, tamén vimos un cardo de mar. A continuación explicounos a historia da Illa de San Simón. Despois vimos unha planta que tiña  flores amarelas que se a inclinabas parecían paxariños. Fomos camiñando ata outra praia e polo camiño atopamos sobreiras e carballos.  Explicounos como se formaban as cocas dos carballos e nos ensinou un ovo cunha avespa dentro.
Ao volver atopamos unha vacaloura e Marcelo pedíunos si se podía quedar con ela para estudiala.
Xa me esquecía de contar que mentras esperábamos por Marcelo xogamos a atopar cunchas e  eu atopei unha de ostra onde se lle miraban moitas capas.

Paseino xenial!
Unai

sábado, 13 de junio de 2015

ANGEL BARROS

Este mércores fomos de visita á casa de Ángel Barros para coñecer o seu estudo de pintura. Alí tiña impresionantes cadros e algúns de gran tamaño como o ¨A última cea¨, ¨As meninas¨ ou ¨O enterro do conde Orgaz¨.
Agora está traballando noutros cadros para a próxima exposición. Un deles é enorme e ten moito colorido e trata sobre a coroación de Napoleón e tamén está a pintar cadros sobre costuteiras, fiandeiras e outros oficios relacionados coa confección de roupa.
Explicounos como dende un cadro en blanco chega a conseguir as cores que el quere.
Despedíuse de nós decindo que todo o traballo require un esforzo e que estaba moi agradecido pola nosa visita,  e para nós foi un privilexio poder visitalo e disfrutar das súas ensinanzas.
No camiño de ida e de volta que fixemos andando, aproveitamos para que a profe nos explicara cousas sobre as plantacións de millo e patacas e sobre as árbores que hai a  carón do río Alvedosa e repasamos os nomes das árbores froiteiras que atopamos polo camiño.
Foi un día divertido e moi ben aproveitado!!!
David



viernes, 12 de junio de 2015

LEDICIA COSTAS

O luns veu a nosa clase unha escritora chamada Ledicia Costas. A razón da súa visita foi que estivemos a ler un libro seu titulado ¨Escarlatina, a cociñeira difunta¨. Fixémoslle unha entrevista moi interesante e o pasei bastante ben.
Contounos unha cousa que me sorprendeu pero que a vez me fixo ilusión, esta semana ía a comenzar a escribir outro libro de Escarlatina, pero o que máis me chamou a atención foi que non vai a ser a continuación senón o libro anterior. Cando o publique vouno a papar!
Despois da entrevista firmounos os libros e  puxonos un selo moi bonito de cor rosa co nome de Ledicia.
Foi un día moi especial!!!

E para aqueles que ainda non léstedes o libro vouvos contar un pequeno detalle, para facer o libro inspirouse nas  dúas cousas máis lle gustan: os mortos e a cociña.

 Lucas Camiño

Grazas Ledicia!!!!