domingo, 1 de marzo de 2015

PLATAMOS PATACAS

Por fin  este venres o tempo meteorolóxico deunos unha tregua e poidemos ir a horta a plantar patacas.  Un representante de cada equipo encargárase de traer da casa  unhas cantas patacas de semente e xa levaban un tempo na aula, estabamos esperando por un día sen chuvia para poder saír a plantalas nos neumáticos que xa tiñamos medio preparados.
Tíñamos patacas das variedades desiré, mona lisa, agria e  unhas moi raras francesas.
Según nos explicou o avó de Lucas García, se as plantamos agora poderemos recollelas alá polo mes de maio. Mentras tanto, esperaremos a que medren o suficiente para engadir outro neumático e máis terra, pois trátase dun sistema que estamos a experimentar de cultivo en vertical de patacas en neumáticos.
E así foi o noso día.


1 comentario:

  1. Paula Da Silva dijo3/3/15, 15:28

    Todos o pasamos moi ben plantando as patacas e aprendendo un pouco máis delas ,foi unha esperienzia moi divertida. Quero volver a repetila

    ResponderEliminar