viernes, 20 de marzo de 2015

CON CHEIRO A VAINILLA!!!!

Fai uns días que descubrimos un  libro  fascinante: ¨Escarlatina: a cociñeira defunta" da escritora Ledicia Costas e tennos atrapados, tanto polas aventuras de Román como polas recetas tan apetitosas que trae. Hoxe estreámonos e fixemos a primeira " Magdalenas Caseiras para lamber os fociños¨ e si que os lambemos!!!!
Coma sempre " As magdalenas hai que gañalas!" e a receta serviunos para continuar practicando problemas de peso e capacidade. Os cl., ml. , gr., quilo, medio  quilo.... entran mellor se cheiran a vainilla e limón e saben a gloria.


lunes, 9 de marzo de 2015

AS PIZZAS E AS MATEMÁTICAS

O pasado martes cociñamos pizzas de setas. Primeiro, o luns preparamos a masa e mentras algúns nenos botaban os ingredientes, os demais facíamos exercicios calculando distintas medidas.
O martes, despois da clase de inglés, baixamos ao salon de actos a cociñar. Fomos equipo por equipo a poñer os ingredientes. Mentras uns cociñaban outros gañaban a pizza escribindo historias fantásticas. Máis tarde comemos as pizzas e.... estaban boísimas!
Despois lemos as historias que eran moi divertidas.
Autora: María



domingo, 1 de marzo de 2015

PLATAMOS PATACAS

Por fin  este venres o tempo meteorolóxico deunos unha tregua e poidemos ir a horta a plantar patacas.  Un representante de cada equipo encargárase de traer da casa  unhas cantas patacas de semente e xa levaban un tempo na aula, estabamos esperando por un día sen chuvia para poder saír a plantalas nos neumáticos que xa tiñamos medio preparados.
Tíñamos patacas das variedades desiré, mona lisa, agria e  unhas moi raras francesas.
Según nos explicou o avó de Lucas García, se as plantamos agora poderemos recollelas alá polo mes de maio. Mentras tanto, esperaremos a que medren o suficiente para engadir outro neumático e máis terra, pois trátase dun sistema que estamos a experimentar de cultivo en vertical de patacas en neumáticos.
E así foi o noso día.