martes, 17 de febrero de 2015

COCIÑANDO AS NOSAS SETAS

O martes 10 de febreiro, coa axuda da profe Vero, cociñamos as setas que levábamos cultivando ao longo de dezasete días. Distribuímonos en equipos, pero como as setas hai que gañalas!  a profe nos deu un texto sobre o cultivo das setas e tíñamos que responder a once preguntas. Houbo un momento no que viñeron os Apolos tamén a probalas.
Preparámolas de dúas maneiras: rebozadas e con xamón. Estas son as recetas:
Setas rebozadas
- Despois de lavar as setas, hai que bañalas en ovo e pan relado.
- Fritilas en abundante aceite.
Listas para papar!

Setas con xamón
- Botar allo e cebola ben picadiños na tixola e facer un sofrito.
- Engadir xamón en anaquiños.
- Botar as setas cortadas en tiras e cociñalas durante uns minutos
- Cando estean listas poñer unha porción enriba dunha tostada.
A comer!

Pasámolo moi ben cociñando e estaban boísimas!
 Lucas Camiño

8 comentarios:

  1. Alba Matalobos20/2/15 9:48

    Mereceu a pena facer a ficha....Estaban boisimas!!!!

    ResponderEliminar
  2. Unai e Lucas C.20/2/15 9:54

    Que boas estaban!!!!
    Estamos a esperar por outras floradas!!!!!!
    E grazas a profe Vero por axudarnos.

    ResponderEliminar
  3. David y Paula20/2/15 9:54

    Gracias profe Vero por cociñar con nós.
    As setas estiveron exquisitas.

    ResponderEliminar
  4. Estaban riquiiiisimas !!!!
    Eu nunca as probara pero gustáronme moito.

    ResponderEliminar
  5. Lucas y Rosi20/2/15 9:57

    A Lucas non lle gustaron pero a min si. Foi moi divertido cociñalas

    ResponderEliminar
  6. Antia y Pablo20/2/15 9:58

    Estaban moi boas.!!!!!!
    Nunca as probaramos.
    Gustàronos máis as rebozadas.

    ResponderEliminar
  7. Cris y Alejandro20/2/15 10:04

    As setas estaban boisimas!
    Pasámolo moi ben cociñándoas Nunca as probaramos

    ResponderEliminar
  8. María,Rober20/2/15 10:11

    Nos gustou moito cociñar as nosas setas,estaban boísimas.

    ResponderEliminar