miércoles, 18 de febrero de 2015

OS VELÁQUEZ E AS MENINAS

Este venres celebramos  noso centro un entroido adicado as artes e ainda que o tempo non axudou non foi impedimento para que desfilaramos no pavillón. 
Despois de realizar varias actividades arredor deste pintor e dun dos seus cadros máis coñecidos  disfrazámonos de Velázquez e das Meninas con uns traxes feitos con moito agarimo e con alguha axuda.


martes, 17 de febrero de 2015

COCIÑANDO AS NOSAS SETAS

O martes 10 de febreiro, coa axuda da profe Vero, cociñamos as setas que levábamos cultivando ao longo de dezasete días. Distribuímonos en equipos, pero como as setas hai que gañalas!  a profe nos deu un texto sobre o cultivo das setas e tíñamos que responder a once preguntas. Houbo un momento no que viñeron os Apolos tamén a probalas.
Preparámolas de dúas maneiras: rebozadas e con xamón. Estas son as recetas:
Setas rebozadas
- Despois de lavar as setas, hai que bañalas en ovo e pan relado.
- Fritilas en abundante aceite.
Listas para papar!

Setas con xamón
- Botar allo e cebola ben picadiños na tixola e facer un sofrito.
- Engadir xamón en anaquiños.
- Botar as setas cortadas en tiras e cociñalas durante uns minutos
- Cando estean listas poñer unha porción enriba dunha tostada.
A comer!

Pasámolo moi ben cociñando e estaban boísimas!
 Lucas Camiño

martes, 3 de febrero de 2015

CULTIVANDO SETAS

Unha vez estudado o tema adicado aos ecosistemas, quixemos experimentar cos descompoñedores e ver como se desenrolan. Despois de investigar onde podíamos adquirir un kit para o cultivo de setas conseguimos facernos con un. Trátase dun saco de palla con micelio de setas de ostra. Colocámolo na aula, lonxe das ventás e dos radiadores e, dispuxémonos a esperar e ver que pasa.
E vaia se o vemos!. 
O micelio extendeuse polo saco alimentándose do substrato (palla) ata dar lugar aos primordios, pequenas formacións das que sairán as setas.
Aquí tedes a evolución
Día 23 de xaneiro



Día 30 de xaneiro (7 días máis tarde)

 


Día 2 de febreiro ( 10 días máis tarde)



Día 3 de Febreiro ( 11 días máis tarde)



Día 4 de Febreiro ( 12 días máis tarde)



Día 5 de Febreiro ( 13 días máis tarde)
 


Día 9 de Febreiro ( 17 días máis tarde)


Xa se nos pasan!

 Así foi a nosa primeira florada