sábado, 24 de enero de 2015

PROXECTO ¨AS PATACAS¨

Hai xa uns anos que os maiores comenzamos a plantar na nosa horta.  Nela temos unha gran variedade de plantas aromáticas e medicinais: cúrcuma, tromentelo, poexo, axedrea, menta da ribeira, hortelán, menta chocolate, toronxil, ourégaos, nébeda ..... e outras plantas non moi comúns como os phisalis ou baias de Gogi que medran sen problemas. Nembargantes, cos cultivos hortícolas non obtemos un resultado tan satisfactorio debido, en parte, a que a horta está situada nun lugar onde as horas de sol están limitadas.
Ata o momento estivemos vendo outras posibilidades para emplazar a horta, pero debido a que non dispoñemos de outro terreo, decidimos tratar de sacarlle o máximo partido ao que temos  aproveitando a parte máis soleada para iniciar unha plantación experimental en neumáticos.
Nun principio imos sementar patacas en vertical coa idea sacada deste enlace.
Imos elaborar un pequeno proxecto sobre as patacas, e para elo, distribuidos en catro grupos, comenzamos por escribrir o que sabíamos das patacas para a continuación elaborar unha lista de preguntas sobre o que queremos averiguar. Unha vez rematada esta primeira parte, vimos onde podíamos atopar a información que necesitabamos, así que aproveitamos a nosa visita semanal á aula de informática para resolver algunhas. Ainda nos quedan moitas cuestións pendentes as que trataremos de buscar respostas o pouco a pouco.
Aquí tedes o vídeo deste comenzo.

1 comentario: