sábado, 31 de enero de 2015

DÍA DA PAZ

Este venres foi o Día da Paz e como facía mal tempo non poidemos saír ao exterior, pero non foi impedimento para que se celebrase no salón de actos.
Nos prepararamos na clase ¨Bos desexos para todos os nosos amigos¨.


Solidaridade
 Para que lles axuden se o precisan. 

Hospitalidade
Para que non se sintan extranxeiros en ningún lugar

Boa sorte
 Para que se cumplan os seus desexos.

Saúde
Para que non sufran.

Cariño
Para darllo a todos os que os rodean.

Compañía
 Para que nunca se sintan solos.

Traballo
Para que non sufran necesidades económicas.

Imaxinación
 Para crear mundos novos.

Felicidade
 Para ver o lado bo das cousas.

Alegría
 Para que todos os días sexan perfectos.

Amor
Para que se sintan queridos.

Esperanza
 En que se cumplan os seus soños.

Paz
 Para vivir mellor

sábado, 24 de enero de 2015

PROXECTO ¨AS PATACAS¨

Hai xa uns anos que os maiores comenzamos a plantar na nosa horta.  Nela temos unha gran variedade de plantas aromáticas e medicinais: cúrcuma, tromentelo, poexo, axedrea, menta da ribeira, hortelán, menta chocolate, toronxil, ourégaos, nébeda ..... e outras plantas non moi comúns como os phisalis ou baias de Gogi que medran sen problemas. Nembargantes, cos cultivos hortícolas non obtemos un resultado tan satisfactorio debido, en parte, a que a horta está situada nun lugar onde as horas de sol están limitadas.
Ata o momento estivemos vendo outras posibilidades para emplazar a horta, pero debido a que non dispoñemos de outro terreo, decidimos tratar de sacarlle o máximo partido ao que temos  aproveitando a parte máis soleada para iniciar unha plantación experimental en neumáticos.
Nun principio imos sementar patacas en vertical coa idea sacada deste enlace.
Imos elaborar un pequeno proxecto sobre as patacas, e para elo, distribuidos en catro grupos, comenzamos por escribrir o que sabíamos das patacas para a continuación elaborar unha lista de preguntas sobre o que queremos averiguar. Unha vez rematada esta primeira parte, vimos onde podíamos atopar a información que necesitabamos, así que aproveitamos a nosa visita semanal á aula de informática para resolver algunhas. Ainda nos quedan moitas cuestións pendentes as que trataremos de buscar respostas o pouco a pouco.
Aquí tedes o vídeo deste comenzo.

viernes, 23 de enero de 2015

CANCIÓN DA PAZ

Este ano a canción elexida para cantar  o Día da Paz é Eu teño alguén no meu corazón¨ déixovos o vídeo para que vaiades practicando.


viernes, 9 de enero de 2015

FOTOS DE INVERNO

Xa estamos de novo en marcha con moitas ganas e ilusión comenzando novos proxectos.
Hoxe aproveitamos o noso paso pola biblioteca para facernos unhas divertidas fotos de inverno.
Estamos guapísimos!