jueves, 24 de diciembre de 2015

O NADAL NO MUNDO

Xa estades a piques de celebrar coas vosas familias esta noite tan especial pero, lembrades como se celebra o nadal no mundo?. Neste vídeo que preparástedes coa profe Cristina tedes como é o nadal en lugares tan distantes como Australia ou Xapón.

BO NADAL!!!!

domingo, 13 de diciembre de 2015

FLOR DE PASCUA

Como sei que moitos estades a facer na casa as grilandas que fixemos na clase, déixovos o vídeo para que saibades como encaixar as pezas.


lunes, 30 de noviembre de 2015

O TEMPO E O CLIMA

Déixovos uns enlaces para repasar e ademais....
  1. El tiempo y el clima 
  2. Los climas de España
  3. Climograma
Non vos perdades estes interesantes vídeos!!!!





OPERACIÓNS CON NÚMEROS DECIMAIS

Xa estamos no último tema de matemáticas adicado as operacións con números decimais, así que a practicar

Sumas e restas
Multiplicacións
Divisións con cociente decimal
Divisións de decimal entre entero

TEMA 3 LINGUAS

Xa estamos  rematando o tema 3 de lingua castelán e lingua galega e estos son os enlaces para que vaiades repasando.

Lingua castelá
  1. Palabras polisémicas I
  2. Palabras polisémicas II 
  3. La tilde I
  4. La tilde II
  5.  La tilde en el diptongo I
  6.  La tilde en el diptongo II
  7. La tilde en el hiato I
  8. La tilde en el hiato II
  9. El sustantivo y sus clases I
  10. El sustantivo y sus clases  II
  11.  El sustantivo y sus clases  III
  12. El sustantivo: género y número I
  13. El sustantivo: género y número II
  14. El sustantivo: genero y número III
  15.  Palabras homófonas I
  16. Palabras homófonas II
Lingua galega
  1. O acento gráfico
  2.  Palabras polisémicas I
  3. Palabras polisémicas II
  4. Palabras homófonas 
  5.  Clases de substantivos
  6. O xénero e o número I
  7. O xénero e o número II

domingo, 25 de octubre de 2015

COCIÑAMOS FEIXÓNS

Esta semana o noso cole arrecendeu a comida!
Dentro do noso proxecto ¨Educando para medrar sans¨ , esta semana tocáballe aos diferentes cursos preparar e degustar platos elaborados con feixóns. Este venres os nenos e nenas de 5º A preparamos ensalada e os nosos compañeiros de 5º B cociñaron feixóns con tomate.
 Os dous platos estaban exquisitos!
 

domingo, 4 de octubre de 2015

PREPARANDO O NOSO HORTO

Esta semana comezamos de novo o traballo no noso horto e neste curso contamos coa colaboración dos nosos compañeiros e compañeiras de 5º B.
Agora é o momento de arrincar as tomateiras vellas e colleitar pementos, xudías, cenouras e algún que outro amorodo e de preparar de os neumáticos para novos cultivos.
Tamén estamos esperando que maduren os nosos feixóns. Sementamos diferentes variedades co fin de coñecelos e degustalos a finais de mes na semana adicada a estos legumes.

miércoles, 9 de septiembre de 2015

PREPARADOS, LISTOS.......... COMEZAMOS!

Despois das vacacións estivais xa estamos de novo xa en marcha e temos por diante un novo curso para disfrutar aprendendo xuntos.

Ide desempoando as mochilas que mañán comezamos!

miércoles, 24 de junio de 2015

DE PASEO POLO CADAVAL

Para pasar o último día xuntos neste curso quixemos voltar a un lugar paradisiaco a beira do río Alvedosa. Polo camiño fomos vendo os cultivos de millo, patacas, viñas e hortas e observando as diferentes árbores froiteiras e a vexetación típica do bosque de  ribiera.
Aproveitamos para compartir xogos en contacto coa natureza, nun prado rodeado de árbores, vendo bolboretas, cabaliños do demo e algunha que otra que coma nós estaban disfrutando do lugar.
Despois de merendar e refrescar os pés no río, ainda que algún e algunha mollou algo máis que os pés, voltamos ao cole.
Foi momento de despedidas e de entregar as notas, e como xa vos dixen, o importante foron todas experiencias e vivencias que compartimos al longo deste curso.


O blog non pecha por vacacións polo que seguiremos en contacto.

Espero vervos de novo en setembro!

Disfrutade moito das vacacións que o merecedes!


lunes, 22 de junio de 2015

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

O venres 12 de xuño fomos a praia de Cesantes. O noso guía que se chamaba  Marcelo, explicounos que o perixel de mar era unha planta carnosa para protexerse do vento, da area e para conservar a auga, tamén vimos un cardo de mar. A continuación explicounos a historia da Illa de San Simón. Despois vimos unha planta que tiña  flores amarelas que se a inclinabas parecían paxariños. Fomos camiñando ata outra praia e polo camiño atopamos sobreiras e carballos.  Explicounos como se formaban as cocas dos carballos e nos ensinou un ovo cunha avespa dentro.
Ao volver atopamos unha vacaloura e Marcelo pedíunos si se podía quedar con ela para estudiala.
Xa me esquecía de contar que mentras esperábamos por Marcelo xogamos a atopar cunchas e  eu atopei unha de ostra onde se lle miraban moitas capas.

Paseino xenial!
Unai

sábado, 13 de junio de 2015

ANGEL BARROS

Este mércores fomos de visita á casa de Ángel Barros para coñecer o seu estudo de pintura. Alí tiña impresionantes cadros e algúns de gran tamaño como o ¨A última cea¨, ¨As meninas¨ ou ¨O enterro do conde Orgaz¨.
Agora está traballando noutros cadros para a próxima exposición. Un deles é enorme e ten moito colorido e trata sobre a coroación de Napoleón e tamén está a pintar cadros sobre costuteiras, fiandeiras e outros oficios relacionados coa confección de roupa.
Explicounos como dende un cadro en blanco chega a conseguir as cores que el quere.
Despedíuse de nós decindo que todo o traballo require un esforzo e que estaba moi agradecido pola nosa visita,  e para nós foi un privilexio poder visitalo e disfrutar das súas ensinanzas.
No camiño de ida e de volta que fixemos andando, aproveitamos para que a profe nos explicara cousas sobre as plantacións de millo e patacas e sobre as árbores que hai a  carón do río Alvedosa e repasamos os nomes das árbores froiteiras que atopamos polo camiño.
Foi un día divertido e moi ben aproveitado!!!
David



viernes, 12 de junio de 2015

LEDICIA COSTAS

O luns veu a nosa clase unha escritora chamada Ledicia Costas. A razón da súa visita foi que estivemos a ler un libro seu titulado ¨Escarlatina, a cociñeira difunta¨. Fixémoslle unha entrevista moi interesante e o pasei bastante ben.
Contounos unha cousa que me sorprendeu pero que a vez me fixo ilusión, esta semana ía a comenzar a escribir outro libro de Escarlatina, pero o que máis me chamou a atención foi que non vai a ser a continuación senón o libro anterior. Cando o publique vouno a papar!
Despois da entrevista firmounos os libros e  puxonos un selo moi bonito de cor rosa co nome de Ledicia.
Foi un día moi especial!!!

E para aqueles que ainda non léstedes o libro vouvos contar un pequeno detalle, para facer o libro inspirouse nas  dúas cousas máis lle gustan: os mortos e a cociña.

 Lucas Camiño

Grazas Ledicia!!!!


  




martes, 19 de mayo de 2015

VISITA MARÍA JESÚS GESTIDO

¿Qué significa ser un ou unha deportista?
Hai cuestións que poder ter múltiples respostas en función da forma en que o que responde pensa a vida. Creo que moitas veces buscamos respostas absolutas cando non existe unha única realidade senón que a realidade é construída a partir das palabras e do xeito de pensar das persoas. 

Para min, un deportista non é so aquel que fai deporte.
Para min un deportista é aquel que ten un xeito de vivir respectuoso co compañeiro, co rival, con entorno onde fai a práctica e, como consecuencia a todo isto, o que é respectuoso consigo mesmo.
Un deportista é aquel que se coñece a si mesmo perfectamente, o que disfruta cos demais consciente de que levarse mal coa xente implica facerse dano a un mesmo e o que ten un modo de vida activo onde correr non significa cansarse senón  que significa estar mais vivo que nunca.

Fai uns días tivemos a sorte no cole de poder charlar con María Jesús Gestido, toda una campiona de España de maratón (entre outras moitísimas mais xestas) que adornan un palmarés desexado por calquera atleta. 

O primeiro que nos gustou de María foi a súa timidez e humildade xa que outros con moito menos se creen moito mais. Despois démonos de conta que María ten que compaxinar o seu traballo e o coidado da súa filla cos duros adestramentos, o que significa que é una auténtica loitadora cunha grande forza de vontade. Díxonos que non corre por cartos senón que corre porque iso lle causa pracer e lle axuda a sentirse mellor consigo mesma. Houbo quen lle preguntou se odiaba a algún rival ou se tiña envexa das que, ás veces, lle gañaban algunha carreira. Nese momento María pareceu estrañada pola propia pregunta xa que na súa forma de entender o deporte non ten cabida a envexa ou o odio, ela só corre para sentirse ben e para dar o mellor de si mesma e desta forma, cando gaña (que é moitas veces), atópase cun premio extra que complementa o gran premio que é facer deporte. María díxonos que ten claro que vai seguir toda a vida facendo deporte porque é o motor que lle permite vivir feliz e disfrutar dos seus. 
Por todas estas cousas, os deportistas como María Gestido non teñen nada que ver con esas “estrelas” do deporte que se pasean en caros coches preocupándose mais de colares de ouro que dos valores do deporte. Esas persoas non nos interesan. Os antipáticos, os que desexan o mal dos demais, os que fan mofa do rival cando gañan e protestan cando perden, os que sempre teñen queixa dos árbitros…eses non nos interesan.  

Volve a pensar na pregunta inicial.
¿Qué significa ser un deportista? Agora o temos algo mais claro. 
 Quizais ser un deportista significa respectar a todos os rivais, querer ós compañeiros e amar o deporte.
Quizais ser un deportista e esforzarse e nunca darse por vencido.
Quizais ser un deportista é ser como María Gestido!
 Miguel

GRAZAS MARÍA! 
GRAZAS A FAMILIA DE DAVID

 

viernes, 8 de mayo de 2015

POR FIN O NOSO TRABALLO COMENZA A DAR O SEU FROITO!!!

Levamos traballando arreo no noso horto dende comenzo do curso buscando novas opcións para que poidésemos obter algunha colleita. Optamos por situar neumáticos na zona máis soleada e probar a cultivar distintas hortalizas. O resultado é do máis satisfactorio. Xa probaramos as espinacas e os amorodos e hoxe tocoulle a leituga coa que preparamos unha saudable ensalada na aula.

Nesta presentación pódense ver os amorodos, cabazas, cabaciños, cebolas, allos porros, leitugas, cenouras, espinacas, acelgas, tomates e a nosa estrela: o cultivo en vértical de patacas que está espectacular.


A ensalada estaba exquisita!


domingo, 3 de mayo de 2015

FELIZ DÍA DA NAI

Neste día tan especial para moitas de nós, os vosos fillos e fillas teñen algo que decirvos.

Hai unhas mensaxes moi especiais!
BO DÍA!


jueves, 23 de abril de 2015

UN LIBRO


Un libro é unha caixa de palabras que me alegra cando estou triste.

Un libro é  un acuario no que nadan as palabras que me afogan o aburremento cando chove no meu corazón.

Un libro é un familiar que me dá de comer cando teño fame de historias.

Un libro é un circuito de palabras divertidas que me entreteñen cando estou aburrido.

Un libro é un vicio que me atrapa cando o empezo a ler e nunca me solta.

Un libro é un hotel de palabras que me fai sentir viva cando cando me hospedo nel.

Un libro é un volcán que me salpica coa súa lava cando estou preto del.

Un libro é unha piscina de palabras que me refresca cando leo.

Un libro é unha laranxa que espremo cando preciso vitaminas de coñecemento.

Un libro é un serpe de palabras que me fai rir cando estou triste.

Un libro é un edificio cheo de palabras que me acompaña cando estou so.

Un libro é alguén que sempre está comigo e me anima cando non teño enerxía.

Un libro é unha porta  que me leva ao mundo da fantasía cando me aburro no mundo real.

Un libro é un surtidor de historias que me acompañan cando estou soa.

Un libro é un mundo descoñecido que podo descubrir cando exploro o seu interior.

Un libro é saco de fantasía que abro cada vez que preciso emocións.

QUE TODOS OS DÍAS SEXAN DÍAS CON LIBROS!!!! 


Grazas por acompañarnos na lectura silenciosa!!!

lunes, 20 de abril de 2015

Día da árbore

Unha vez máis celebramos o Día da Árbore no noso colexio. Este ano tocounos desprazarnos ata Ventosela e alí disfrutamos dun día de xogos e risas en contacto coa natureza.

Pasámolo xenial!!!!


viernes, 20 de marzo de 2015

CON CHEIRO A VAINILLA!!!!

Fai uns días que descubrimos un  libro  fascinante: ¨Escarlatina: a cociñeira defunta" da escritora Ledicia Costas e tennos atrapados, tanto polas aventuras de Román como polas recetas tan apetitosas que trae. Hoxe estreámonos e fixemos a primeira " Magdalenas Caseiras para lamber os fociños¨ e si que os lambemos!!!!
Coma sempre " As magdalenas hai que gañalas!" e a receta serviunos para continuar practicando problemas de peso e capacidade. Os cl., ml. , gr., quilo, medio  quilo.... entran mellor se cheiran a vainilla e limón e saben a gloria.


lunes, 9 de marzo de 2015

AS PIZZAS E AS MATEMÁTICAS

O pasado martes cociñamos pizzas de setas. Primeiro, o luns preparamos a masa e mentras algúns nenos botaban os ingredientes, os demais facíamos exercicios calculando distintas medidas.
O martes, despois da clase de inglés, baixamos ao salon de actos a cociñar. Fomos equipo por equipo a poñer os ingredientes. Mentras uns cociñaban outros gañaban a pizza escribindo historias fantásticas. Máis tarde comemos as pizzas e.... estaban boísimas!
Despois lemos as historias que eran moi divertidas.
Autora: María



domingo, 1 de marzo de 2015

PLATAMOS PATACAS

Por fin  este venres o tempo meteorolóxico deunos unha tregua e poidemos ir a horta a plantar patacas.  Un representante de cada equipo encargárase de traer da casa  unhas cantas patacas de semente e xa levaban un tempo na aula, estabamos esperando por un día sen chuvia para poder saír a plantalas nos neumáticos que xa tiñamos medio preparados.
Tíñamos patacas das variedades desiré, mona lisa, agria e  unhas moi raras francesas.
Según nos explicou o avó de Lucas García, se as plantamos agora poderemos recollelas alá polo mes de maio. Mentras tanto, esperaremos a que medren o suficiente para engadir outro neumático e máis terra, pois trátase dun sistema que estamos a experimentar de cultivo en vertical de patacas en neumáticos.
E así foi o noso día.