jueves, 30 de octubre de 2014

GALLETAS DE SAMAÍN

Hoxe tivemos unha visita moi especial.
 O curso pasado, Bea, a nai de Unai, mandounos unhas impresionantes galletas con formas e decoración do Samaín. Como sabemos que é unha experta no tema, este ano pedímoslle que viñera a  nosa clase e nos ensinara como se facían.
Non tíñamos moito tempo así que nos trouxo as galletas xa feitas. Seguindo as súas instruccións e con moito arte creamos fantasmas, cabazas, sombreiros de bruxas, casiñas.... 

O resultado foi espectacular!
Grazas Bea!!!!!!

miércoles, 29 de octubre de 2014

SAMAIN

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores para render contas inacabadas.

Aquí tedes o vídeo que vimos na clase sobre a orixe desta festa que se celebra en países moi diversos


viernes, 24 de octubre de 2014

LIBROS SOLIDARIOS

As bibliotecas de Redondela impulsan unha campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade que se destinarán a Cáritas Redondela. A campaña comezará o venres 24 de outubro, por ser este o Día da Biblioteca, e rematará o 28 de novembro ou ata que se esgoten as existencias.

"Libros solidarios" é o lema desta campaña de intercambio de libros por alimentos, na que participan as bibliotecas municipais, a biblioteca do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e as bibliotecas dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo, Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES Chapela e Mendiño. Todos estos centros son os puntos de intercambio.

A iniciativa está aberta a calquera cidadán que queira colaborar e, nos centros de ensino particularmente ás súas comunidades escolares, cambiando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene, tanto persoal como para o fogar, polos libros que encontrarán expostos nos distintos centros de intercambio. Os visitantes collerán o libro ou libros do seu interese e deixarán a cambio os produtos nos recipientes colocados para tal efecto.

Fonte:  Radio Redondela

Nós tamén nos unimos a esta campaña e hoxe fomos a intercambiar alimentos por libros. Ainda quedan libros polo que a campaña vai durar ata o fin das existencias.

Unha vez, máis grazas familias pola vosa colaboración!



libros solidarios - Movie Maker

lunes, 20 de octubre de 2014

viernes, 17 de octubre de 2014

O CHOCO

Cando visitamos o mercado poidemos ver un anaquiño dun vídeo que nos mostraba a vida da Enseada de San Simón, a partir de hoxe xa se pode ver completo este documental e aquí o tedes.
As imaxes do fondo da nosa ría son impresinantes!!!

viernes, 10 de octubre de 2014

PANINIS

Neste curso imos a utilizar as receitas de cociña como referente para facer traballo cooperativo e realizar actividades que engloben varias áreas.
Este venres comenzamos cunha  das receitas que máis gusta, paninis. Cada equipo encargouse de traer os ingredientes necesarios e preparámolos de xamón e de atún.
Como podedes ver nas fotos, podemos dicir que ..... 
non se lles da nada mal esto da cociña!


jueves, 9 de octubre de 2014

APARATO RESPIRATORIO

Aquí tedes dous vídeos moi instructivos do aparato respiratorio para poder ver distintas partes que forman as vías respiratorias e proceso de intercambio de gases nos alvéolos pulmonares.








Xoga para repasar o aprendido
http://www.dibujosparapintar.com/juegos_ed_nat_sistema_respiratorio.html



miércoles, 8 de octubre de 2014

ENGLISH- NUMBERS

De parte da profe Mariví aquí tedes uns enlaces para estudar os números

Numbers: I- II- III

VISITA A FERVENZA DE REBOREDA

Fai uns anos estabamos a traballar co proxecto da auga e Unai e David trouxeron unhas fotos dunha fervenza que había en Reboreda. As fotos eran preciosas pero cando quixemos saber onde estaba descubrimos que non tiña acceso e estaba chea de lixo. Nese momento estando en educación infantil comezamos unha loita para defender a nosa fervenza escribindo ao concello, a Seragua, aos xornais, contamos coas vivenzas das familias, falamos con políticos e finalmente fixemos unha saída reinvidicativa coas familias para amosar a todos coma estaba a fervenza. 

VOS LEMBRADES?


Xa pasaron uns aniños dende esta primeira visita e a pesar do pasado do tempo os Vincis seguiron loitando por salvar a fervenza de Reboreda.
Lucas Camiño foi un dos Vincis que participou nesa loita e Cris, ainda que ela non viviu esa experiencia,  con axuda da súa familia cóntanos a súa vinculación con ese lugar.



O venres pasado volvemos a nosa querida fervenza para vela despois das actuacións de acondicionamento do concello. Foi unha satisfacción enorme ver o entorno tan limpo, os accesos  coidados e poder disfrutar dun lugar tan fermoso. Pero, o mellor de todo foi ver que as loitas dan o seu froito e que aínda que sexa lento vaga a pena defender aquilo que é bo para todos. A partir de agora cada vez que alguén fale da fervenza de Reboreda os Vincis saberán que eles son en gran parte responsables de ter recuperado un lugar tan emblemático da nosa vila. 

NORABOA VINCIS!!! 
                                                                                       Profe Vero

GIUSEPPE ARCIMBOLDO

Este curso a nivel de centro imos traballar arredor das artes.Estos días estando estudando o tema dos alimento e un dos artistas máis vinculados a esta temática é Giuseppe Arcimboldo o que trataremos de imitar coas nosas produccións.


viernes, 3 de octubre de 2014

MENÚ SAUDABLE II

Esta semana continuamos co menú saudable pactado e, a pesar de que ningún equipo conseguiu o diploma,  todos se esforzaron e probaron novos alimentos.

 Hoxe foi día de entrega de diplomas e ......houbo para todos!



Grazas  familias pola vosa  implicación e facer posible esta actividade!!!

 E como me pedístedes un diploma para as nais, aquí o tedes!