miércoles, 8 de octubre de 2014

VISITA A FERVENZA DE REBOREDA

Fai uns anos estabamos a traballar co proxecto da auga e Unai e David trouxeron unhas fotos dunha fervenza que había en Reboreda. As fotos eran preciosas pero cando quixemos saber onde estaba descubrimos que non tiña acceso e estaba chea de lixo. Nese momento estando en educación infantil comezamos unha loita para defender a nosa fervenza escribindo ao concello, a Seragua, aos xornais, contamos coas vivenzas das familias, falamos con políticos e finalmente fixemos unha saída reinvidicativa coas familias para amosar a todos coma estaba a fervenza. 

VOS LEMBRADES?


Xa pasaron uns aniños dende esta primeira visita e a pesar do pasado do tempo os Vincis seguiron loitando por salvar a fervenza de Reboreda.
Lucas Camiño foi un dos Vincis que participou nesa loita e Cris, ainda que ela non viviu esa experiencia,  con axuda da súa familia cóntanos a súa vinculación con ese lugar.



O venres pasado volvemos a nosa querida fervenza para vela despois das actuacións de acondicionamento do concello. Foi unha satisfacción enorme ver o entorno tan limpo, os accesos  coidados e poder disfrutar dun lugar tan fermoso. Pero, o mellor de todo foi ver que as loitas dan o seu froito e que aínda que sexa lento vaga a pena defender aquilo que é bo para todos. A partir de agora cada vez que alguén fale da fervenza de Reboreda os Vincis saberán que eles son en gran parte responsables de ter recuperado un lugar tan emblemático da nosa vila. 

NORABOA VINCIS!!! 
                                                                                       Profe Vero

3 comentarios:

  1. Mª José9/10/14 0:44

    grazas a ti Vero por acompañarnos nesta loita.....
    Non puiden evitar emocionarme cando vin o vídeo da primeira visita,,,que cativos eran,...!!..a pesar das dificultades para acceder a Fervenza para os vincis foi unha divertida aventura...
    Agora toca disfrutala e mantela limpa....

    ResponderEliminar
  2. profe Vero12/10/14 11:04

    A min tamén me encantou volver con eles a fervenza. É un pracer para min seguir vinculada a vida escolar dos Vincis.

    ResponderEliminar
  3. PROFE EU ACORDOME DISO

    ResponderEliminar