sábado, 27 de septiembre de 2014

MENÚ SAUDABLE

Neste curso tamén quixemos levar a cabo a actividade consistente en elaborar por equipos o menú dos alimentos que se van a consumir a media mañá.
Cada equipo completa unha táboa con alimentos de tipo enerxéticosconstrutivosreguladores. Esta é a parte máis complicada xa que hai poñerse de acordo e pactar os que inclúen e os que rexeitan. En algún equipo tiveron serias dificultades pero ao  final os tres equipos foron capaces de lograr un consenso.
Unha vez cuberta a táboa, os alimentos se distribuen ao longo da semana de xeito que en cada día haxa un de cada tipo.
Cabe dicir que a maioría foi capaz de cumprir o menú ao longo desta semana, pero repetimos para ver si para a vindeira temos un pleno.





domingo, 21 de septiembre de 2014

TRABALLO COOPERATIVO SOBRE O MERCADO

Este venres comenzamos de novo co traballo cooperativo na aula. En grupos de tres membros investigamos  e lembramos a nosa visita ao mercado para poder responder a unha serie cuestións utilizando o caderniño que nos deron e a web. Algunhas non eran nada fáciles pero o feito de axudarse uns aos outros fixo que os cinco equipos foran capaces de responder a maioría das preguntas como podedes ver.


miércoles, 17 de septiembre de 2014

VISITA AO MERCADO DE REDONDELA

Nada mellor para comenzar o tema de Coñecemento do Medio adicado á alimentación que visitar o mercado da nosa vila.
O Concello foi o encargado de organizar esta actividade na que participaron outros nenos e nenas do noso colexio e doutros centros da bisbarra.
A pesar do que o tempo atmosférico non nos axudou, non foi impedimento para que da man dunhas estupendas monitoras que nos acompañaron e nos brindaron as súas explicacións poidesemos coñecer un pouco mellor este lugar.
Comenzamos vendo un documental sobre como vive, se alimenta, se reproduce.... un dos habitantes máis destacados da nosa ría: o choco.  Ademais poidemos ver outros peixes e mariscos que alí se venden e tamén froitas, verduras, pan, produtos lácteos, flores.....
Para rematar degustamos unhas exquisitas e saúdables brochetas de froitas e recibimos uns agasallos de recordo do noso paso polo mercado.

 Grazas ao Concello por contar con nós!

Aquí vos deixo una pequeniña mostra do impresionante vídeo que vimos e as fotos do noso paso polo mercado.

sábado, 13 de septiembre de 2014

PON A TÚA MENTE EN FORMA!!!

Para ter éxito nos estudos debemos mellorar as habilidades de prestar atención, memorizar e razoar porque estos factores son imprescindibles para aprender.

Premede na imaxe e accederedes a unha web con exercicios de atención, memoria e lóxica.
http://www.mundoprimaria.com/juegos-ejercicios-estimulacion-temprana-ninos-primaria

martes, 9 de septiembre de 2014

PREPARADOS, LISTOS........ COMENZAMOS!!!!!

Xa tedes o lapis afiado?
Espero que nestas vacacións vos serviran para descansar e cargar pilas porque nos agarda un novo curso onde imos traballar arreo pero disfrutando co que facemos.
 Preparade as mochilas e enchedeas de ilusión que mañán nos vemos!!!!

lunes, 8 de septiembre de 2014

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DE PAULA

Ainda estades a tempo de recomendarnos un libro como fixo Paula que leu unha novela da escritora galega Teresa González Costa 


Ola a todos!! 
Son Paula Da Silva e lin un libro titulado "A filla do ladrón de bicilcetas".
 Escollín este libro porque gústanme moito as bicicletas e a autora veu ao colexio cando estudiaba a miña irmá. Vouvos facer un pequeno resumo: tratábase dunha nena chamada Serafina, filla dun señor que recibía o nome de Ladrón de bicicletas. Un día a súa filla como lle gustaban tanto, decidui mercar ela unha bicicleta  coa axuda da súa tía Dona Perfecta. Despois dun tempo Serafina foi a concursos de equilibrismo e púxolle un nome a súa bicicleta: Celerífera. Foi collendo fama entre os veciños do pobo pero, por seu pai dedicarse a roubar todo tipo de cousas sobre todo bicicletas, dicían que a de Serafina tamén era roubada. Despois de ver que era unha boa rapaza e que descubriron pola súa tía que a mercaran entre as dúas pedíronlle disculpas. Despois dun tempo Serafina gañou varios premios en diferentes concursos de equilibrismo da localidade e mesmo chegou a facerse famosa.

Grazas Paula polas túas recomendacións!!!

Boas lecturas para todos!!! 

jueves, 4 de septiembre de 2014

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DE MARÍA

 E continuan chegándonos máis recomendacións literarias, esta é de María que leu o libro da escritora italiana Elisabetta Dami, que firma como o escritor ficticio Geronimo Stilton.

Hola a todos:

Os voy  a recomendar el libro Quinto viaje al reino de la fantasía, es el libro nº5 de la colección de Geronimo Stilton. Es un libro de la aventura de Geronimo Stilton en el reino de los Elfos donde conocera a sus nuevos amigos el rey Robur, su hermana Laowyn,  a Alys, la princesa de los dragones de plata y a muchos más. También incluye unos olores que cuando los rascas tienes que adivinar a que huele y aparte tiene divertidos juegos relacionados con el libro en las últimas páginas.



Grazas María polas túas recomendacións!!!

Boas lecturas para todos!!!