sábado, 16 de agosto de 2014

REBOREDA: AUGA E PEDRA

Seguro que moitos de vos xa visitástedes a exposición de fotográfica  Reboreda: pedra e auga, espazos de memoria que acolle a  Sociedade Labrego Cultural.

Esta exposición recolle a historia de tres importantes lugares de Reboreda: a antiga casa da Sociedade de Agricultores, que cumpre 80 anos da súa construción, o torreiro da festa e o cemiterio parroquial. As imaxes que poden verse na exposición foron cedidas polos veciños da parroquia, pero sobre todo polo estudo fotográfico Cal3, que cedeu imaxes do seu arquivos. Os artífices da mostra son o cura da parroquia, Carlos Rodríguez e Montse Rodríguez, persoa de sobra coñecida pola súa labor na Comunidade de Montes e á que nos tanto lle debemos polo seu asesoramento no cuidado dos acuarios.

Persoalmente ainda non fun vela, espero achegarme esta vindeira semana. 

E vós, xa vos fostedes?

Se é así, contadenos que vos pareceu e se ainda non a visitástedes non deixedes de ir.

2 comentarios:

  1. antia ysu abuela20/8/14, 18:30

    profe quieres que mi abuela me de girasoles para la huerta del cole

    ResponderEliminar
  2. Grazas Antía e avoa.
    Por suposto que queremos.

    ResponderEliminar