martes, 8 de julio de 2014

COMPARTINDO EXPERIENCIAS DE VERÁN

 David volta a sorprendernos a todos cun novo animaliño!

Ola de novo a todos...!!!!!
Aquí estou de novo con outro bichiño!
O outro día cando chegaba a casa de dar un paseo coa miña amiga Flavia e atopamos nas escaleiras da miña casa este precioso búho. Vexoos tódolos días, a mañá cando me levanto e a tardiña.Teñen o niño nun muro de pedra ó lado da miña casa, pero ata agora nunca tivera ocasión de poder collelo.

Ten as plumas moi suaves e agarrábase con moitisima forza ós meus dedos.
Buscando en internet fotos e información, creo que é un "mochuelo común" , non medran mais de 22cm. Polo día aliméntanse de insectos e pola noite de ratos...

Despois de disfrutar del un bo ratiño, volvemos soltalo pois enriba dun poste da luz estaba outro pousado que pensamos debía ser  a súa nai...
 Espero que o disfrutedes destas fotos casi  tanto coma min...e a ver cal é o próximo bicho que atopo... Ireivos contando!



2 comentarios:

  1. holaa...!!
    hoxe estiven en Arcade vendo unha exhibición de aves rapaces,había varias clases de búhos,un enorme e espectacular,ensinámoslle estas fotos os da organización ee acertei coa miña investigación,confirmounos que é un mochuelo común,xa adulto.....

    ResponderEliminar