domingo, 29 de junio de 2014

COMPARTINDO EXPERIENCIAS

Unha vez máis temos unha sorpresa da man dun dos nosos compañeiros

Ola a todos e a todas:
O outro día paseando por Reboreda con Pablo e as nosas mamás,atopamos estas rás.
Dubidábamos si eran nai e fillo ou unha femia e un macho apareándose .
Buscando información, cheguei a conclusión de que se estaban apareando porque resulta que a femia é casi o doble de grande que o macho...Increíble pero certo! e poñen entre 5.000 e 10.000 ovos.
Esta rá verde é moi común atopala nas pozas de regadío que hai por Reboreda, precisamente nesta poza,chamada poza do Casal, hai moitas e vou a miúdo a velas
Aliméntanse de moscas e mosquitos vivos e incluso de outras ras pequenas, fora da auga tamén cazan lombrigas e arañas.
 
Un saúdo ....David
 
Grazas David por compartir con nós esta foto e as túas pesquisas!
 
 Animádevos e enviade as vosas fotos ao noso correo!

miércoles, 25 de junio de 2014

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DE LUCAS CAMIÑO

Como o verán é un tempo ideal para disfrutar da lectura esperamos as vosas recomendacións.

 Lucas Camiño é o primeiro en animarnos a ler o seguinte libro:

 Recomendovos que leades o libro "El legado de Olkrann" de Daniel Hernández Chambers. 
Vai dun rei que ten un hermanastro envidioso e que o quere matar. No medio dunha batalla o fillo do rei anticipase ao seu tío e mata antes ao seu pai. Mentres Luber, o fillo do rei e o seu tio gobernan,  un neno da estirpe dos dragóns blancos acababa de nacer, e como di a lei, os dragóns brancos teñen dereito a ocupar o trono...

Saúdos
 Lucas Camiño
 Grazas Lucas!
Estamos desexando saber como remata esta historia!

domingo, 22 de junio de 2014

A DERRADEIRA SAÍDA DESTE CURSO!!!

Nada mellor para rematar o estudo de ¨A nosa contorna¨ que percorrer os carreiros e  corredoiras do Cadaval. 
O Cadaval é un lugar onde ainda se poden ver canas que dan orixe ao seu nome, e  terreos cultivados que sobreviven á presión urbanística da zona de Reboreda. Este solo tardou moitos anos en formarse é preciso conservar se queremos ter un desenrolo sostible.
Comenzamos a mañán preparando os bocatas da merenda e a continuación saímos do colexio. Polo camiño, paramos varías veces para observar os cultivos de millo, patacas, hortalizas, viña e árbores froiteiras. Tamén vimos os regos e as pozas tan importantes para os cultivos de verán.
 O final do noso percorrido estaba a beira do río Alvedosa, no muiño do tío de Antía, alí merendamos e vimos o muiño por dentro. Despois de repor forzas fomos ver a ponte Xulián, paso obrigado dos carros cargados de cereais e viño que deixaron a súa pegada nas pedras do camiño. Logo tivemos tempo para xogar e  disfrutar dun enclave marabilloso.
Antes de recoller ainda nos agardaba outra sorpresa, co tío de Antía fixemos prácticas de tiro cunha escopeta moi singular: estaba feita de madeira con dúas pinzas de roupa por gatillo e disparaba gomas elásticas.
Pasámolo xenial!

Grazas á familia de Antía e ás nais que nos acompañástedes!!




jueves, 19 de junio de 2014

XOGOS PARA MENTES INQUEDAS


 Non deixes que exercitar a túa mente no verán! 
Como vos prometín aquí vos deixo un enlace a unha  páxina  de LA CAIXA con exercicios manter para o  cerebro en forma.

 

FOMOS DE COMPRAS!!!

Hoxe fomos de compras ao Familia a mercar a merenda para tomar o venres no Cadaval.
Cada equipo mercou unha cousa: chourizo, queixo, cereixas e galletas.
Ademais, estivemos percorrendo todo o supermercado e miramos se os productos eran elaborados ou naturais.
 Na carnicería vimos de que animal era a carne, e tamén, investigamos se había carne elaborada e descubrimos que había zorza, hamburguesas e chourizos.
Na peixería miramos tipos de peixes:os planos  e os que tiñan os ollos aos lados. A profe ensinounos a distinguir os peixes brancos dos azuis según a forma da súa cola. Se a teñen en forma de V coma o xurelo é azul e se a teñen plana coma a merluza é branco. Algúns peixes críanse en granxas, eso se chama acuicultura como por exemplo o salmón, a troita, o rodaballo, a dourada, a lubina....
No corredor dos aceites vimos que había aceite de xirasol, de millo e de oliva.
Na froitería collemos unha caixa de cereixas e nomeamos as diferentes froitas que alí había.
Nas caixas dos cereais observamos que tiñan moito azucre e non son tan sans como din.
Pasamos por caixa para pagar a nosa compra, pero como nos sobrou diñeiro poidemos comprar tamén patatillas, grazas a que  Alba nos vai agasallar o pan.
Polo camiño atopamos un señor que nos convidou a ver o seu muiño. Era un muiño antigo que funcionaba coa auga do río Alvedosa. Estaba formado por dúas pedras, unha das cales xiraba e moía o gran para facer fariña, óleo, picón....

Os nenos e nenas de 3º A 



domingo, 15 de junio de 2014

PREPARAMOS PAN DOCE

O último tema que estamos estudando en Coñecemento do Medio está adicado ás máquinas e as ferramentas, así que aproveitamos para coñecer algunhas das ferramentas que utilizamos na cociña e  una máquina de facer pan que utilizamos para elaborar un pan doce.
 Como o pan sempre hai que gañalo, realizamos varias actividades en torno a elaboración da receta. Comenzamos aprendendo coa profe Alejandra o nome dos ingredientes e dos procesos en lingua de signos, pesamos e medimos os ingredientes, cheiramos os aromas da auga de azahar , esencia de anís e cardamomo e, como non podía faltar fixemos unha ficha na que tivemos que calcular pesos, tempos....

E, o mellor de todo foi que estaba boísimo! 

FESTA VOZ NATURA 2014

Un ano máis, o sábado  día a 7, fomos  a Festa de Voz Natura que se celebrou en Culleredo. As chuvieiras que cairon pola mañan, non impidiron que disfrutasemos de todas as actividades que alí se desenrolaban.

Pasamos un día estupendo coas familias!

Grazas por acompañarnos!


martes, 3 de junio de 2014

O CARBALLO DAS CEN POLAS

 De todos é sabido que na parroquia de Reboreda, fai non moitos anos, existía a tradición de ir comer a O prado nas festas do 15 de agosto. Nese lugar tamén habitaba uns dos carballos máis coñecidos  O carballo das cen polas, a pesar de que xa non está vivo, ainda se pode contemplar o seu magnifico porte.
Sandra e Bea, dúas nais de alumnos dos Cocoricos A e de terceiro A, quixeron recrear esa tradición convidándonos a visitar o lugar para coñecer a súa historia e degustar debaixo do carballo unhas exquisitas empanadas, tortillas, bocadillos, patatillas.... que nos prepararon con moito agarimo. 
E como manda a tradición, rematamos tirándonos a rebolos polo prado!
Disfrutamos moitísimo acompañados polos Cocoricos A e os Sapiens

Grazas Sandra e Bea por convidarnos!