viernes, 25 de abril de 2014

OS NOSOS VERMES DE SEDA

A finais do mes de marzo comenzaron  a eclosionar os ovos dos vermes de seda  que gardábamos do ano pasado. A partir de ese momento, a primeira tarefa foi localizar moreiras para darlles de comer, e segunda, dada a cantidade de vermes que tíñamos, atopar familias que quixeran adoptar algúns  bichiños.
Día a día fomos aprendendo cousiñas dos vermes de seda pero ainda se nos plantexaban algunhas dúbidas. Así que recopilamos todo o que xa sabíamos e elaboramos unha lista do que queríamos averiguar. Para solventar as nosas dúbidas fómos a aula de informática a buscar información e alí atopamos a resposta as nosas preguntas. 

Neste vídeo recóllese parte do proceso.


Agora toca seguir coidandoos e esperar que fagan o capullo e se convirtan en bolboretas.

1 comentario:

  1. moi interesante o que descubristedes sobre os vermes de seda,, sorprendeume o de que son tóxicos para a pel ,non o sabía....xa non me gusta nada tocalos ,pero agora menosss..jajajjaaaa....

    ResponderEliminar