domingo, 2 de marzo de 2014

ADIVIÑA QUE É

O venres fixemos un concurso onde debíamos utilizar os cinco sentidos. En cada equipo despois de ver, escoitar, cheirar, tocar ou probar tivemos que falar e poñernos de acordo antes de escribir que fora o que percibimos. 
 Vimos na pantalla seis anaquiños de diferentes imaxes e tivemos averiguar de que se trataba vendo so unha pequena parte. Foi moi difícil!
Logo escoitamos cinco sons que pode haber nunha casa: un teléfono, un cepillo de dentes, un secador e pratos
Co tacto palpamos os obxectos que había dentro dunha bolsa: unha cunha, unha mandarina, un peluche, un cravo e unha chapa.
Pero o máis complicado foi distinguir os cheiros: canela, café, orégano, allo e colonia.
Por último, para quedar con bo sabor de boca probamos: café, vinagre, mel, zume de laranxa e auga con sal.


Pásamolo moi xenial!


No hay comentarios:

Publicar un comentario