domingo, 23 de marzo de 2014

VISITA A ZOOLAR

O pasado venres, acompañados por Montse e María José, baixamos a tenda de animais Zoolar.
Foi  un xeito especial de empezar o novo tema de Coñecemento  do Medio xa que alí poidemos ver infinidade de peixes, réptiles e aves. Grazas ás explicacións de Montse aprendemos de onde proceden, cales son as súas características físicas, como se reproducen e os cuidados que debemos prorcionarlles.
Para rematar mercamos neóns, xifos e mollys para o noso acuario que cada día está fermoso.

Grazas a todos que fixéstedes posible esta visita!




viernes, 14 de marzo de 2014

COMENZAMOS A TRABALLAR NO HORTO

Ao longo de esta semana como nos acompañou o bo tempo poidemos retomar as labores no noso horto.É tempo de acondicionar e plantar.
Comenzamos a preparar a zona onde imos comenzar a poñer os nosos cultivos. O mais urxente foi preparar os ocos e plantar as  fresas para que medren a tempo para consumilas no cole.
Xa tiñamos plantas de frambuesas de dous tipos pero como nos gustan moito os seus froitos decidimos plantar unhas cantas mais e tamén unhas  de groseias para probalas.

 Por esta semana xa rematamos pero ainda nos queda moito que facer!


lunes, 10 de marzo de 2014

O ESQUELETO

Como seguro que xa paracticástedes moito co xogo anterior e xa sodes capaces de localizar os ósos no esqueleto, agora un déixovos unha actividade un chisquiño máis complicada.

Eres quen de axudarlle a enfermera a montar o esqueleto?

Non te asustes se non entendes o que din xa que non está no noso idioma. O xogo consiste an arrastrar e colocar cada óso onde corresponda.

O APARATO LOCOMOTOR

Continuamos estudando o corpo humano e para axudarvos a aprender o nome e a localización dos principais músculos e ósos deixovos este xogo.


domingo, 9 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014

Por fin o tempo deunos unha tregua e hoxe poidemos celebrar o tan esperado desfile de entroido. Este curso estamos traballando o tema de ¨A nosa contorna¨ e os nenos e nenas de terceiro quixemos lembrar aos trobeiros medievais. Coa profe Isabel preparamos a cantiga do trobeiro Mendiño ¨Sediame eu na ermida de San Simón¨ que interpretamos acompañada de diferentes instrumentos ao longo do percorrido.
Os vistosos traxes e complementos foron realizados polas familias nas tardes dos mércores. 

Grazas profe Isabel e familias por axudarnos neste proxecto!!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free slideshow

lunes, 3 de marzo de 2014

USA EL COCO

Déixovos un enlace a unha páxina Usa el coco adicada as matematicas.
 Quero recomendarvos o enlace a problemas para repasar para o examen.

 Podedes empezar polos fáciles de o Revoltijo de problemas e se queredes máis tedes un montón.
http://www.usaelcoco.com/

Colle papel e lapis e..... a por eles!

domingo, 2 de marzo de 2014

ADIVIÑA QUE É

O venres fixemos un concurso onde debíamos utilizar os cinco sentidos. En cada equipo despois de ver, escoitar, cheirar, tocar ou probar tivemos que falar e poñernos de acordo antes de escribir que fora o que percibimos. 
 Vimos na pantalla seis anaquiños de diferentes imaxes e tivemos averiguar de que se trataba vendo so unha pequena parte. Foi moi difícil!
Logo escoitamos cinco sons que pode haber nunha casa: un teléfono, un cepillo de dentes, un secador e pratos
Co tacto palpamos os obxectos que había dentro dunha bolsa: unha cunha, unha mandarina, un peluche, un cravo e unha chapa.
Pero o máis complicado foi distinguir os cheiros: canela, café, orégano, allo e colonia.
Por último, para quedar con bo sabor de boca probamos: café, vinagre, mel, zume de laranxa e auga con sal.


Pásamolo moi xenial!