jueves, 9 de enero de 2014

A RONDALLA

Como neste curso temos como proxecto de centro  " A nosa contorna"  a profe Isabel propuxonos aos titores 3º e 5º formar unha rondalla e saír a pedir o aginaldo polo pobo. Este proxecto, que nun primeiro momento nos pareceu difícil de levalo a práctica, foi posible grazas a participación das familias que aportaron o material para facer moitos dos instrumentos, as nais que coseron o vestuario, os nenos e as nenas que traballaron arreo na construción dos instrumentos e ensaiaron para que soara tan ben e, sobretodo a profe Isabel que foi a responsable desta experiencia tan especial para todos nós.

Grazas a todos!

Aquí vos deixo os enlaces ao blogue da aula de música e de 5º A



1 comentario: