viernes, 4 de octubre de 2013

OBSERVAMOS PLANOS

Esta semana empezamos o estudio dos planos e dos mapas  en Coñecemento do Medio e varios nenos e nenas trouxeron planos e ata unha maqueta dunha casa.
Grazas familias porque, sen necesidade de pedilo, aportastedes este material para que poidésemos ver e tocar planos reais. Seguro que a partir desta experiencia tan próxima, seralles máis doado comprender que é un plano e para que serve.

Esta é unha pequena pincelada do traballo que imos facer.


1 comentario:

  1. Pareceume una boa idea compartir con tod@s a maqueta! para que poidan entender a importancia dos planos! Encántame miralos a tod@s tan centrad@s na aprendizaxe e o ben que se explican! De seguro que de aquí salirá algun/algunha arquitect@!! Saúdos!! ;)

    ResponderEliminar