jueves, 17 de octubre de 2013

A NOSA PRIMEIRA SAÍDA

O pasado xoves realizamos a nosa primeira saída co fin de percorrer o casco antigo da nosa vila e visitar o concello. 
Baixamos andando pola rúa dos Eidos. Fixemos a primeira parada no adro da igrexia pois foi nesa zona onde seguramente se asentaron os primeiros habitantes de Redondela. A continuación paramos na praza da Alfondiga, lugar de venda de diversos produtos entre eles a semente da herba, leña, feixóns... Moi pretiño de alí poidemos ver unha das casas máis antigas da nosa vila. Baixamos ata o cruce coa rúa Telmo Bernárdez na praza do Leite que é a que marca o límite do barrio máis elitista do de pescadores da Esfarrapada. Percorremos a estreita rúa Meixón Frío e dirixímonos ata a praza da Casa da Torre. Sentados alí poidemos comparar os tipos de edificios que podemos atopar a unha e a outra beira do río Alvedosa. 
A pesares de que o seu curso atravesa Reboreda, o río Alvedosa é un gran descoñecido. Observamos que neste tramo urbano, o seu cauce discurre entre muros, ten abundante vexetación onde habitan parrulos e se poden ver plásticos e bastante lixo. Andivemos uns  poucos metros para ver o lugar onde se xunta  co río  Maceiras
Xa non había tempo para máis, tiñamos que merendar pois o señor Alcalde estábanos esperando. No concello poidemos ver o salón onde se celebran os plenos e sentirnos como concelleiros e concelleiras votando as nosas propostas. Tamén fomos a oficina do censo e comprobamos que podían saber cal era o noso enderezo se vivíamos no concello de Redondela.

Ainda nos queda moito que ver así que dentro de nada voltaremos a percorrer as rúas da nosa vila.

Grazas señor Alcalde polo seu tempo e amabilidade!



9 comentarios:

  1. María e Lucas.18/10/13 10:28

    Nos sentimos como verdadeiros concelleiros e concelleiras.

    ResponderEliminar
  2. Alba y Lucas CAMIÑO18/10/13 10:29

    Nos gustou moito participar como concelleiros e concelleiras,
    e tamen gustounos cando descubrimos se eramos de Redondela ou non.

    ResponderEliminar
  3. Pablo Rosi18/10/13 10:29

    Nos gustou ver o salón dos plenos e votar

    ResponderEliminar
  4. Paula y Rober18/10/13 10:31

    Gustounos moito ver o concello por dentro

    ResponderEliminar
  5. DAVID Y ANTIA.18/10/13 10:31

    Gustounos moito baixar a Redondela.

    ResponderEliminar
  6. Sandra y Hugo18/10/13 10:32

    Gustounos coñecer o alcalde .

    ResponderEliminar
  7. gustoume o blog e os seus xogos

    ResponderEliminar
  8. me gustou os xogos do blog

    ResponderEliminar
  9. A min gustoume repasar mentras xogo.

    ResponderEliminar