jueves, 31 de octubre de 2013

O SISTEMA SOLAR

Para repasar e ampliar o tema 5 de coñecemento do medio deixovos estos enlaces:

jueves, 17 de octubre de 2013

A NOSA PRIMEIRA SAÍDA

O pasado xoves realizamos a nosa primeira saída co fin de percorrer o casco antigo da nosa vila e visitar o concello. 
Baixamos andando pola rúa dos Eidos. Fixemos a primeira parada no adro da igrexia pois foi nesa zona onde seguramente se asentaron os primeiros habitantes de Redondela. A continuación paramos na praza da Alfondiga, lugar de venda de diversos produtos entre eles a semente da herba, leña, feixóns... Moi pretiño de alí poidemos ver unha das casas máis antigas da nosa vila. Baixamos ata o cruce coa rúa Telmo Bernárdez na praza do Leite que é a que marca o límite do barrio máis elitista do de pescadores da Esfarrapada. Percorremos a estreita rúa Meixón Frío e dirixímonos ata a praza da Casa da Torre. Sentados alí poidemos comparar os tipos de edificios que podemos atopar a unha e a outra beira do río Alvedosa. 
A pesares de que o seu curso atravesa Reboreda, o río Alvedosa é un gran descoñecido. Observamos que neste tramo urbano, o seu cauce discurre entre muros, ten abundante vexetación onde habitan parrulos e se poden ver plásticos e bastante lixo. Andivemos uns  poucos metros para ver o lugar onde se xunta  co río  Maceiras
Xa non había tempo para máis, tiñamos que merendar pois o señor Alcalde estábanos esperando. No concello poidemos ver o salón onde se celebran os plenos e sentirnos como concelleiros e concelleiras votando as nosas propostas. Tamén fomos a oficina do censo e comprobamos que podían saber cal era o noso enderezo se vivíamos no concello de Redondela.

Ainda nos queda moito que ver así que dentro de nada voltaremos a percorrer as rúas da nosa vila.

Grazas señor Alcalde polo seu tempo e amabilidade!



REPASO TEMA 2 DE LINGUA CASTELÁ E LINGUA GALEGA

Para ir repasando os temas que estamos dando déixovos estes enlaces:

Lingua castelá.- Tema 2 
Lingua galega.- Tema 2: 1-2-3-4

domingo, 13 de octubre de 2013

A COR

O venres pasado en Plástica estivemos aprendendo a distinguir as cores primarias das secundarias e agora toca coñecer como se obteñen as cores quentes e frías e as sensacións que transmiten.

Aquí tedes este un vídeo con todos estos conceptos.


jueves, 10 de octubre de 2013

MOITA ARTE

Os nenos e nenas de 6º B estiveron estos días aprendendo na clase de plástica a debuxar caras de personaxes de comics segundo as instruccións do vídeo do debuxante   Rick Ruiz-Dana.
Traballaron con moito entusiasmo polo que o resultado foi impresionante.

Aquí tedes unha pequena mostra! 


sábado, 5 de octubre de 2013

OS NOSOS PRIMEIROS CULTIVOS DE OUTONO

A volta do verán poidemos colleitar os tomates, cebolas e allos que plantáramos o curso pasado. Agora comenzamos a preparar de novo o horto. Temos que limpar as malas herbas e comenzar a plantar de novo cultivos propios desta estación.
Neste curso incorpóranse aos traballos agrícolas os nenos e nenas de terceiro, que moi ben  asesorados polos antigos alumnos, comenzaron a plantar repolos, coliflores, brecol e puerros.

 Daba gusto velos traballar xuntos!

viernes, 4 de octubre de 2013

OBSERVAMOS PLANOS

Esta semana empezamos o estudio dos planos e dos mapas  en Coñecemento do Medio e varios nenos e nenas trouxeron planos e ata unha maqueta dunha casa.
Grazas familias porque, sen necesidade de pedilo, aportastedes este material para que poidésemos ver e tocar planos reais. Seguro que a partir desta experiencia tan próxima, seralles máis doado comprender que é un plano e para que serve.

Esta é unha pequena pincelada do traballo que imos facer.


miércoles, 2 de octubre de 2013

O NOSO ACUARIO

Un ano máis os nenos e nenas de O Manantial imos a participar no proxecto Voz Natura que este ano está adicado aos ríos e aos mares. Como non podemos ter na aula nin un río nin un mar, imos ter un anaco de río: un acuario.
O curso pasado poidemos xa disfrutar desta experiencia gracias a Montse que mos montou un acuario na aula e nos asesorou para coidalo.
Neste curso, cando estes nenos e nenas entraron por pimeira vez na aula e viron un acuario valeiro, o primeiro que preguntaron foi cando lle íamos a poñer auga e criar peixes. Non eran os únicos, os Cocoricos tamén querían un.
Coidar un acuario non é unha tarefa doada, así que necesitabamos  axuda. Convidamos a nosa aula ós Cocoricos A e ós nenos e nenas de quinto A, uns expertos en acuarios que nos deronnos a primeira lección. Logo Montse, unha vez máis, compartiu con nós os seus amplos coñecementos sobre os peixes
Nós, como imos ter un acuario de auga quente, ainda temos que esperar un par de semanas antes de poder introducir os peixes, pero o dos Cocoricos, como vai a ser de auga fría, este venres xa poderán disfrutar dos primeiros exemplares.

Estamos desexando ir velos! 

 


Grazas Montse polos materiais, polo teu tempo........ e por estar ahí sempre que te precisamos.