lunes, 29 de julio de 2013

TAREFAS DE VERÁN SEMANA IV

Como  vades rapaces? Disfrutando a tope das vacacións? Espero que o esteades a pasar moi , moi ben pero non vos esquezades de ler todos os días e de repasar un poco.
Haí van unha nova tanda de actividades

En lingua castelá continuamos con  exercicios de repaso de ortografía. Clicade sobre cada número para poder acceder ás actividades,
En matemáticas seguimos practicando a división
En  coñecemento do medio repasamos a a función de relación  nos seres humanos.
En inglés repasaremos as horas na lección 4 What time do you get up?

Lengua castellana 1-2-3-4-5
Matemáticas: por unha cifra- por dúas cifras
Coñecemento do medio
Inglés

lunes, 22 de julio de 2013

TAREFAS DE VERÁN SEMANA III

Aquí tedes unha nova tanda de actividades para facer esta semana.

En lingua castelá deixovos exercicios de repaso de ortografía. Clicade sobre cada número para poder acceder ás actividades,
En matemáticas imos coa división
En  coñecemento do medio repasamos as funcións de nutrición e reprodución en animais e plantas.
En inglés repasaremos partes do corpo e prendas de vestir na lección 3 Party time!

Lengua castellana 1-2-3-4-5
Matemáticas: por unha cifra- por dúas cifras
Coñecemento do medio
Inglés

domingo, 14 de julio de 2013

TAREFAS DE VERÁN - SEMANA II

A semana pasada estiven no extranxeiro e non vos deixei actividades no blog. Xa de volta retomamos o repaso de verán, así que xa tedes novos exercicios para esta semana.
Se tedes dubidas podedes deixar as vosas consultas nos comentarios o no correo.
Ollo que os de mates son xa de quinto!
Son un pouco difíciles pero estou segura de que seredes quen de facelos moi ben.

De inglés deixovos o mesmo enlace porque aparecen todas as leccións xuntas e cada semana podedes repasar o vocabulario dunha. Esta semana tocaría a lección 2 adicada aos números.
Lengua castellana
Matemáticas
Coñecemento do medio
Inglés

Espero os vosos comentarios para saber que tal o estades a pasar!!!!!

lunes, 1 de julio de 2013

O MEU VERÁN.....

Nos últimos días quixemos compartir  cos compañeiros e compañeiras  os plans que temos para este verán e tamén esos lugares que nos gustaría visitar.
Espero que se vos cumplan os vosos desexos e estedes disfrutando do tempo de ocio!