domingo, 30 de junio de 2013

TAREFAS DE VERÁN - SEMANA I

Despois destes días de descanso comenzamos o noso repaso de verán. Cada semana deixareivos exercicios das diferentes asignaturas para que vaides facendo ao longo da semana.
 Clicade sobre o nome da materia para acceder as actividades desta semana.
Lengua castellana
Matemáticas
Coñecemento do medio
Inglés

lunes, 24 de junio de 2013

A NOSA DERRADEIRA CELEBRACIÓN XUNTOS

Este venres foi un día moi intenso e emotivo!
Empezábamos este último día xuntos  cunha sorpresa que os nenos e nenas me tíñan preparada: un mural con moitas mensaxes de cariño, agasallos e unha carta moi emotiva de despedida. Foi moi díficil conter as bágoas, pero para non arruinar o noso último día xuntos, tíñamos prohibido chorar ata a unha e media.
Aparte da festa de fin de curso, tamén celebrabamos o solsticio de verán, así que sacamos de novo as nosas túnicas e decorámolas con motivos de verán.  
Quedaron impresionantes!
Para comer nada mellor que unha deliciosa ensalada preparada con leituga da nosa horta, froita da casa, fiambre, froitos secos e queixo. Todos alimentos moi saudables!
Era a unha e media, xa chegara o momento das despedidasTatiana o ano que ven vai a estar noutro grupo, adicounos  unha carta preciosa. Luisa, a coidadora, non vai a estar o vindeiro ano no colexio e dende que estes nenos e nenas tiñan  tres anos  nos cuidou e axudou como solo ela sabe facelo.

Eu non me despido ata setembro, seguirei aquí actualizando o blog e deixando tarefas de verán.


miércoles, 19 de junio de 2013

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

O pasado mércores os nenos e nenas de cuarto fomos a pasar o día á praia da punta de Cesantes .Alí tivemos tempo para disfrutar da tirolina e doutros xogos do parque infantil. A parte de disfrutar deste entorno, Tania e Pablo da Cooperativa TRESPÉS acompañáronnos para ensinarnos as plantas que medran na duna que se está rexenerando e os diferentes crústaceos, algas e plantas que viven nas zonas ata onde chega a auga.. Pero ainda nos esperaba unha sorpresa: un simulacro de subasta de peixes e mariscos na lonxa.
Despois de xantar e  cubrir o noso caderno de campo, aproveitamos para facer un mural por equipos para plasmar o maravilloso día que tivemos.


lunes, 17 de junio de 2013

CAMPAMENTO DE VERÁN

Para os que ainda non teñades plans para este verán, vos deixo información para o campamento de verán que se vai a celebrar nas diferentes parroquias de Redondela.


BanerConciliacionVeran2013

miércoles, 5 de junio de 2013

A EIRUGA LARPEIRA

Levamos uns meses as voltas cos vermes de seda que despois de permanecer vintetantos días pechados nos seus casulos realizando a metamorfose, esta semana comenzaron a saír  as bolboretas. Así que para o festival de fin de curso estamos preparando o conto Unha  eiruga moi larpeira. Estamos todos atarefados gravando sons, música, preparando os materias  e tamén o contamos en lingua de signos.

Aquí tedes un adianto do conto

domingo, 2 de junio de 2013

FESTA VOZ NATURA

Onte poidemos disfrutar da festa de da festa de Voz Natura en Culleredo. Nun entorno espectacular estaban distribuidos innumerables talleres, atraccións e exposicións dos traballos realizados polos colexios.  Montar a cabalo, aprender a debuxar comics co ilustrador Pinto e Chinto, facer chaveiros, falar pola radio, practicar escalada ou facerse o carnet da garda civil  foron algunha das actividades máis demandadas. Tamén houbo quen  se atreveu a presentar un informativo na televisión  como así o recolle o xornal

Grazas familias pola vosa colaboración para poder participar nesta actividade!