miércoles, 8 de mayo de 2013

SAÍDAS PARA COÑECER O NOSO MEDIO

Estase a celebrar en Ventosela o curso Persoas e territorio. Ferramentas para coñecer o noso medio, organizado polo Centro Social a Miñoteira e coordinado pola cooperativa Trespés.
Este curso está destinado a persoas de calquer idade e consta de 16 sesións repartidas entre maio e outubro.  O curso completo  para os non socios ten un prezo de 30 euros, pero para as persoas que so lles interese participar nalgunha das saídas poderá abonar so o importe destas.
A vindeira saída é este domingo 12 de maio para percorrer a Senda da Auga, quedamos as dez da mañán no campo de fútbol de Reboreda.
A paisaxe e territorio a analizar é o val do río Maceiras onde poderemos observar e estudar tanto os elementos naturais:a xeomorfoloxía do terreo e a vexetación.... e os elementos introducidos polo ser humano destacando entre eles as liñas de  ferrocarril  construidas en tres séculos diferentes.
 Persoalmente estou asistindo ao curso e podo dicir que é impresionante todo o que se pode aprender  e sobretodo se  adquiren ferramentas para poder mirar o noso entorno con ollos diferentes.

Animádevos a vir en familia!
  Aprenderemos moito e pasarémolo estupendamente!

Para máis información podedes chamar ó  ao teléfono 634 817422

 Aquí vos deixo unha pequena mostra das dúas primeiras sesións



1 comentario:

  1. Eu non fun pero seguro que habería aprendido moito nesa excursión.

    ResponderEliminar