jueves, 30 de mayo de 2013

NOS TAMÉN TE BOTAMOS DE MENOS!!!!!!

Acabo de ler un comentario que me emocionou dun antigo alumno. Por si nos les, quero dicirche que nos tamén te botamos de menos. Este venres Pablo e Brais ainda se acordaron de ti escribindo sobre as cousas boas e malas da súas vidas, dicían que unha cousa mala fora perderte como amigo.
Mañán iremos a informática e estate atento porque igual tes aslgunha sorpresa

Moitos bicos Juan!

REPASO DAS LINGUAS

Outros dous enlaces para repasar as linguas


                         

O RELEVO E A PAISAXE

Aquí vos deixo estes enlaces para repasar o útimo tema de Coñecemento do Medio

                       







domingo, 26 de mayo de 2013

DA GUSTO VER O NOSO HORTO

Temos mais de vinte plantas arómaticas e medicinais: poexo, cicimbra, menta, hortelán, menta da ribeira, axedrea, orégao, nébeda, ruda, romeo, funcho, loureiro, herba Luisa, santa María, milenrama, xarxa, lavanda , tomiño, tomiño limón, cúrcuma, albahaca e ceboliño.

 E tamén cultivamos: cabaciños, leitugas, tomates, tirabeques, espinacas, allos , cebolas e amorodos.

Ademais temos tres arbústos de baias: frambueseiro vermello, frambueseiro branco e baias de gogi.

Como todas as plantas teñen o rótulo cos nomes xa vamos aprendendo a indentificalas, pero o que mais nos gusta e poder cheiralas e apreciar por exemplo o parecido entre o poexo, cicimbra, menta , hortelán e menta da ribeira xa que todas pertencen a familía das mentas que teñen o aroma a chicle ou a albahaca que nos lembra a un  plato de pasta.

Día a día as nosas plantas van medrando e xa empezamos o colleitar os primeiros amorodos e espinacas e esperamos que de aquí a final de curso podamos colleitar  o resto dos cultivos.

Da gusto ver o noso horto !


miércoles, 15 de mayo de 2013

viernes, 10 de mayo de 2013

REPASO DE TEMPO E DIÑEIRO

Un repasiño para o examen de competencias

PREPARANDO O ACUARIO

Xa fai un tempo que temos a Morritos con nós, un peixe beta que trouxo Arrieta e que coidamos con moito mimo grazas as sabios consellos de Montse.
Montse estamos a descubrir o fascinante mundo dos peixes e os acuarios e viunos tan entusiasmados que nos trouxonos todo o necesario para montarnos un acuario na aula. Este martes recibimos unha sesión teórica e práctica  sobre como debemos preparar o recipiente e a auga e de este xeito ter todo listo para recibir a  uns exemplares de guppys este venres.

Grazas Montse  por todo o material que nos troxeches,  polo teu tempo e por elexirnos para compartir con nós os teus amplos coñecementos. 

miércoles, 8 de mayo de 2013

SAÍDAS PARA COÑECER O NOSO MEDIO

Estase a celebrar en Ventosela o curso Persoas e territorio. Ferramentas para coñecer o noso medio, organizado polo Centro Social a Miñoteira e coordinado pola cooperativa Trespés.
Este curso está destinado a persoas de calquer idade e consta de 16 sesións repartidas entre maio e outubro.  O curso completo  para os non socios ten un prezo de 30 euros, pero para as persoas que so lles interese participar nalgunha das saídas poderá abonar so o importe destas.
A vindeira saída é este domingo 12 de maio para percorrer a Senda da Auga, quedamos as dez da mañán no campo de fútbol de Reboreda.
A paisaxe e territorio a analizar é o val do río Maceiras onde poderemos observar e estudar tanto os elementos naturais:a xeomorfoloxía do terreo e a vexetación.... e os elementos introducidos polo ser humano destacando entre eles as liñas de  ferrocarril  construidas en tres séculos diferentes.
 Persoalmente estou asistindo ao curso e podo dicir que é impresionante todo o que se pode aprender  e sobretodo se  adquiren ferramentas para poder mirar o noso entorno con ollos diferentes.

Animádevos a vir en familia!
  Aprenderemos moito e pasarémolo estupendamente!

Para máis información podedes chamar ó  ao teléfono 634 817422

 Aquí vos deixo unha pequena mostra das dúas primeiras sesións



sábado, 4 de mayo de 2013

FELICIDADES MAMÁS!

Neste día tan especial para moitas de nós os vosos fillos e fillas teñen algo que decirvos.


Hai unhas mensaxes moi especiais!
BO DÍA!

miércoles, 1 de mayo de 2013

SAÍDA A PONTEVEDRA

Este luns os nenas e nenos do 2º Ciclo desprazámonos a Pontevedra . Primeiro asistimos a un a espectáculo de música tradicional galega no Centro Social de Caixanova no que poidemos escoitar regueifas, cantares de cego,  muiñeiras, valses, mazurcas.... Despois de descansar e tomar a nosa merenda na praza da Ferrería esperábanos Raquel, unha guía da oficina de turismo que nos ensinou os recunhos máis destacados desta fermosa vila. Comenzamos alí mesmo nesta praza e no noso percorrido e pasamos pola  praza da Verdura, a praza da Leña, a praza do Teucro e finalizamos na praza de España. 
Non nos deu tempo a máis así que voltamos ao colexio coa intención de voltar coa a nosa familia e contarlles todo o que aprendemos.