domingo, 28 de abril de 2013

DÍA DA ÁRBORE

Este venres celebramos o Día da Árbore. Saímos a primeira hora camiño do antigo vertedoiro de A Carosa onde plantamos cerdeiras silvestres. Despois fomos ata a área recreativa da Miñoteira en Venosela e alí esperamos impacientes o resultado do concurso de carteis que debuxamos para colocar na Senda da Auga. Quedamos todos moi ledos xa que o debuxo de Pablo foi un dos gañadores. Necesitabamos repoñer forzas e as comunidades de montes de Ventosela e Reboreda agasalláronnos con unha deliciosa empanada de xamón e queixo da que non deixamos nin as migallas. Despois tivemos tempo libre para xogar e disfrutar da marabillosa paisaxe e das vistas que hai dende esta área recreativa. Recollemos o lixo e voltamos andando ao cole un pouco cansos pero moi contentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario