domingo, 28 de abril de 2013

DÍA DA ÁRBORE

Este venres celebramos o Día da Árbore. Saímos a primeira hora camiño do antigo vertedoiro de A Carosa onde plantamos cerdeiras silvestres. Despois fomos ata a área recreativa da Miñoteira en Venosela e alí esperamos impacientes o resultado do concurso de carteis que debuxamos para colocar na Senda da Auga. Quedamos todos moi ledos xa que o debuxo de Pablo foi un dos gañadores. Necesitabamos repoñer forzas e as comunidades de montes de Ventosela e Reboreda agasalláronnos con unha deliciosa empanada de xamón e queixo da que non deixamos nin as migallas. Despois tivemos tempo libre para xogar e disfrutar da marabillosa paisaxe e das vistas que hai dende esta área recreativa. Recollemos o lixo e voltamos andando ao cole un pouco cansos pero moi contentos.


viernes, 26 de abril de 2013

UN LIBRO É....

Outra das actividades que fixemos para celebrar o Día do Libro foi crear metáforas sobre o libro. Comenzamos explicando en que consistían a metáfora e a comparación e logo cada un escribiu unha lista de cinco nomes. A continuación asociou o que mais lle gustaba a palabra libro. Xa tiñamos o comenzo e entre todos, axudándonos, fixemos os nosos primeiros un libro é ...., pero como nos encanta escribir e crear, cada un fixo varias metáforas coa palabra  libro .... e ata nos animamos con outras. Estabamos tanto contentos e satisfeitos coas nosas creacións que  fomos a lelas para todo o cole pola megafonía.
 Aquí tedes a mostra!

miércoles, 24 de abril de 2013

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

Hoxe quixemos sumarnos a celebración do Día do Libro.  Unha das actividades que fixemos foi mostrar aos compañeiros e compañeiras o noso libro favorito e explicar as razóns que fan que sexa o noso preferido.
Seguro que  nos animamos a ler algún deles se ainda non o fixemos.


sábado, 20 de abril de 2013

O NOSO PRIMEIRO FORNO SOLAR

A principio da semana  empezamos a experimentar coa enerxía solar montando un sinxelo invernadoiro con botellas de auga e un plástico. O sol para quenta a auga das botellas durante o día e logo vai soltando o calor lentamente para queo frío da noite non perxudique as nosas leitugas.
Nos queixemos ir mais lonxe e utilizar a enerxía solar para cociñar. Pédimoslle, outra vez, axuda a Belén que xa ten experiencia na utlización da cociña solar.  Preparamos os materiais que íamos a precisar: dúas caixas de diferente tamaño, xornais, papel de aluminio, cola, cinta adhesiva, tesoiras e un cristal . Con  vedes son todos materiales que podemos reutilizar e moi fáciles de conseguir.
Decidimos e íamos para comenzar facendo un, e logo de probalo, construir un segundo xa con un pouco máis de práctica
Belén veu e mostrounos un xa feito e explicounos como funciona.


Co seu asesoramento, púxemonos man a obra. Primeiro fixemos unha morea de bolas de papel de xornal que nos ían a servir de aillante. Cubrimos o fondo da caixa grande con bolas de papel, metemos a caixa pequena  dentro da mais grande e cubrimos o oco que había  entre as dúas coas bolas de papel. A continuación, cubrimos o interior da caixa pequena con papel de aluminio. Preparamos a tapa recortando tres lados dun rectángulo un pouco mais pequeno co cristal. Pegamos o cristal polo interior. O cartón vai a ser o noso panel solar, así que tamén o cubrimos con papel de aluminio. So nos faltaba meterlle dentro unha bandexa de cor negro.
 Estabamos impacientes por  probalo!
Así que este venres, probamos o noso e o que nos deixou Belén. A primeira hora da mañán, levamos os fornos para fora e cada certo tempo baixaba un de nos a comprobar a temperatura que marcaba o termómetro que metemos no interior. Ao principio a temperatura subía moi rápido, pero tamén nos xurdiron algunhas dificultades polo vento que había e en algún momento descendeu.
Ainda que polo vento que facía non era o día mais axeitado para probalos, metemos un ovo dentro de cada forno sobre as once e media. A unha,  fomos a comprobar como estaba e...... Incrible os ovos estaban cocidos e cheiraban estupendamente. Como non tiñamos pan para acompañar non os probamos.

 A próxima vez prepararemos algunha exquisita receta para comer!

ENTREVISTAMOS A MARTA

A semana pasada tivemos a visita Marta, a tía de Arrieta. Ela é unha fiel seguidora do noso blog e nos coñece a todos e sabe o facemos na nosa aula. Cando nos enteramos que estaba en Redondela e  ía a vir  vernos, nós tamén quixemos coñecela a ela un pouco mellor, así que nos organizamos en equipos para facerlle unhas preguntas.
Os Estrelas quixemos saber como é o lugar onde vive. Comenzamos por preguntarlle cal era a comida típica e nos contou que era a bacallao a vizcaina, os chipiróns  e, antigamente, unha especie de puchero de feixóns e carne de porco que se cocía na maquina do tren  durante seis horas . A continuación  nos interesamos polas plantas propias do pais vasco e nos dixo que practicamente hai as mesmas que aquí porque tamen chove moito porque o clima é moi parecido ao noso. Tamen nos explicou cales son as  festas e os monumentos da zona. Puxémola en algún apreto cando lle preguntamos por que lle chamaban País Vasco se non era ningún país.

Nos, Os Pitufos preguntámoslle sobre o que fai no seu tempo libre. Díxonos que viaxa moito, gustalle pasear e ler. Queríamos saber tamén se era moi curiosa e activa e nos dixo que moito. Contounos que non lle gusta nada cociñar e tampouco as plantas.Como ela é vasca quixemos saber se é moi difícil aprender  euskera e poidemos combrobar que si porque nos ensinou algunhas frases. Interesáronnos moito as súas viaxes  a China, a India, a New York e Exipto. Explicounos como lle cambiou a forma de ver a vida cando foi a India. Nos sorprendeu moito o que nos contou os chinos, coma eles  non tiñan pelo nos brazos cando ián polo a rúa parábanos para tocarllos e tamén o que facían as mulleres os pes pequenos.

Os Esquios  preguntamos sobre a su profesión. Nos contou que ela é profesora e leva moitos anos traballando. Gustalle moito o seu traballo e ten moita experiencia

 A ENTREVISTA FORMAL




PERO QUERÍAMOS SABER MÁIS......... 
  

Grazas Marta pola visita e por seguirnos!

MOITOS BICOS!

miércoles, 17 de abril de 2013

COMO PODEN AXUDAR AS FAMILIAS A TRABALLAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Compo xa sabedes, os vindeiros días 23 e 24 de maio terá lugar o exame de Avaliación de Diagnóstico. Nestas probas os nenos e nenas deben demostrar non so que poseen coñecementos senon que deben saber aplicalos.
A Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos (CEAPA) ten un calendario de actividades que se poden facer en familia para poder axudalos a ser mais competentes.
 Déixovos o enlace  cun artigo aparecido na revista Eroski Consumer no que explica en que consisten estas actividades e dende onde aparece un  calendario con propostas para facer xuntos.



ASÍ PROGRESA O NOSO HORTO

Co bo tempo podemos retomar os coidados  do o noso horto, así que aproveitamos os recreos para seguir plantando e coidando os diferentes cultivos que nos que podemos apreciar o froito do noso esforzo e coidados. Nas fresas xa se poden ver flores e froitos, os tirabeques xa están grandiños, as espinacas tamén medraron e os allos en apenas quince días agromaron. Quédannos por salir as cebolas. Onte plantamos baixo abrigo, creando un invernadoiro caseiro, leitugas e temos pendente de trasplantar as xudías e os tomates. Tamén temos máis de 20 plantas aromáticas diferentes.
E así o noso horto convírtese nun lugar de encontro e traballo en equipo.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own slideshow design

jueves, 11 de abril de 2013

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Xa sei que moitos de  vós estades pensando ir de campamento este verán e para os que ainda non vos decidístedes, déixovos información sobre os que se van a celebrar aquí en Redondela na Illa de San Simón. 
Clicade sobre a imaxe para ver a información sobre prazos, requisitos e prezos.



FENÓMENOS METEOROLÓXICOS

Aquí tedes varios de enlaces para  o estudio deste novo tema de Coñecemento do Medio.


miércoles, 3 de abril de 2013