domingo, 10 de marzo de 2013

QUEREMOS EMPEZAR A PLANTAR NO NOSO HORTO




Estimadas familias:

Como xa vos comentarían os vosos fillos e fillas vamos a dispoñer dun pequeno horto onde realizaremos diferentes cultivos. A parte dos productos hortícolas imos adicar un espazo para plantas aromáticas e medicinais.
Ata non fai moito as plantas non se mercaban,  cando una persoa tiña una planta diferente compartíaa cos veciños dándolle un esquexe ou semente  Todos saían beneficiados xa  que  era una forma de garantizar a pervivencia desa especie.  Nos queremos recuperar este espíritu solidario da xente de antaño e pedímosvos que si tedes algunha planta arómatica: menta, hortelán, poenxos, romeo,  herba luisa, ruda, tromentelo, malvarrosa….  ou  arbustos de froitos do bosque: arándanos, grosellos… as compartades con nós dándonos un fillo, esquexe  ou semente para o noso  horto novo.

 Esperamos que dentro duns meses, despois de coidalas con moito esmero, ser nós os que poidamos compartir con vos as nosas plantas.

Grazas pola vosa colaboración.


1 comentario:

  1. Yo no tengo profe.Pero si quieres cuando vaya a casa de mis abuelos en Semana Santa te traigo alguna.Saludos.

    ResponderEliminar