sábado, 23 de marzo de 2013

ARTEMIAS SALINAS

Xa fai un tempo, estando de compras no Lidl atopei un kit para criar uns pequenos crústaceos chamados artemias salinas. Como xa sabedes do meu gusto por experimentar e llevar para clase cousas novedosas merqueino. Buscamos información sobre estes pequenos seres, con moita ilusión e seguindo fielmente as instruccións, preparamos na clase a mezcla de auga e o contido do sobre. Aos dous días xa tiñamos vida, uns seres diminutos movíanse constantemente dentro do tubo. Aos tres días cambiámolos ao recipiente máis grande que viña no kit,  previamente preparamolo con auga e sal. A partir de este punto comenzaron as dificultades, as nosas artemias non duraban máis de 5 ou 6 días.
Investigando que podía fallar probamos a cambiar o sal xa que nas instrucción indicaba que non podía ser iodada, pero a de cociña como poidemos comprobar tampouco xa que ten aditivos para que non se apelmace. Había que conseguir sal mariño puro e fomos por el. O outro problema era a comida, nos primeiros días alimentábanse do pienso que viña no preparado pero logo había que darlle de comer. Probamos con fariña, con levadura, con levadura de cervexa,  con comida para peixes pero non saían a diante. Eramos un expertos en mil formas de non criar artemias, ata que conseguimos nun super unhas cápsulas para consumo humano de alga espirulina e parece ser que lles gusta. Teñen sobre uns 25 días e están preciosas.
Outra das miñas aficións e liar a aquel ou aquela que se preste para vir a clase contarnos  cousas interesantes. Facendo garda de patio atopeime coa mamá que ver a cuidar o acuario que temos no cole e conteille o das nosas artemias e sin pensalo moito ofreceuse a vir a darnos uns cantos consellos. Non fixo falla que mo repetira dúas veces así que este mércores veu a darnos un lección maxistral sobre estes pequenos crústaceos. É toda unha experta en animais acuáticos, así esperamos volver a contar con ela en máis ocasións
Grazas Montse!  Foi xenial poder contar contigo!



2 comentarios:

  1. Que difícil el mapa de Galicia los otros vale pero me vuelvo loca.

    ResponderEliminar
  2. Es un poco complicado pero no imposible. Ánimo que seguro que lo haces muy bien.
    Disfruta de la vacaciones.

    ResponderEliminar