jueves, 28 de marzo de 2013

FESTA EQUINOCIO DE PRIMAVERA

Para rematar este trimestre e darlle a benvida a nova estación celebramos a Festa do Equinocio de Primavera. Despois do reposo de inverno, árbores e as plantas  groman e florecen, aumentan as horas de luz, nacen as primeiras bolboretas e escóitanse os cantos dos paxaros. A Natureza comenza a espertar e a cobrar vida de novo e nós queremos darlle as grazas por todo o que nos brinda así que cada equipo creou  a súa ofrenda  para a deusa  Auga para o deus  Sol e para a deusa Terra
Vestímonos para a ocasión, decoramos a mesa e tomamos produtos naturais: froita e froitos secos.
Pasámolo xenial!


miércoles, 27 de marzo de 2013

ORIENTACIÓNS PARA CULTIVAR O NOSO HORTO

O curso pasado Belén, membro da Asociación Amigos da Terra, veu ao colexio a falarnos dos alimentos de temporada e quedamos abraiados polos seus coñecementos. Ela ten unha horta ecolóxica e é unha experta neste tipo de agricultura e así que  nadie  mellor ca ela para aconsellarnos como cultivar o noso horto. Este xoves veu visitarnos. 
Fixemos exercicio de redacción sobre a súa visita e Arrieta foi a que mellor recolleu todo o que aprendemos.
 Por la mañana vino Belén, ella sabe mucho sobre huertos y ya que nosotros tenemos uno le pedimos si nos podía dar algunos consejos. Empezamos por hablar de las plantas y semillas que tenemos y a continuación fuimos a nuestro huerto y se las enseñamos. Nos contó que más podíamos plantar y sembrar. Al final ya lo tenemos pensado y organizado porque nos explicó en que sitios podíamos situar las diferentes plantas y las que podemos poner juntas porque algunas son amigas y otras enemigas. Después nos habló de la tierra y el abono. Por último nos contó que ella no le echa ningún producto químico para abonar ni para matar las malas hierbas ya que según las hierbas que salen sabe que le falta y como es el suelo.
Aprendí mucho y esperamos que vuelva a contarnos muchas cosas más.
Cuando tengamos algún fruto de nuestro huerto estaremos encantandos en compartirlo con ella.
Arrieta

Grazas Belén!

sábado, 23 de marzo de 2013

ARTEMIAS SALINAS

Xa fai un tempo, estando de compras no Lidl atopei un kit para criar uns pequenos crústaceos chamados artemias salinas. Como xa sabedes do meu gusto por experimentar e llevar para clase cousas novedosas merqueino. Buscamos información sobre estes pequenos seres, con moita ilusión e seguindo fielmente as instruccións, preparamos na clase a mezcla de auga e o contido do sobre. Aos dous días xa tiñamos vida, uns seres diminutos movíanse constantemente dentro do tubo. Aos tres días cambiámolos ao recipiente máis grande que viña no kit,  previamente preparamolo con auga e sal. A partir de este punto comenzaron as dificultades, as nosas artemias non duraban máis de 5 ou 6 días.
Investigando que podía fallar probamos a cambiar o sal xa que nas instrucción indicaba que non podía ser iodada, pero a de cociña como poidemos comprobar tampouco xa que ten aditivos para que non se apelmace. Había que conseguir sal mariño puro e fomos por el. O outro problema era a comida, nos primeiros días alimentábanse do pienso que viña no preparado pero logo había que darlle de comer. Probamos con fariña, con levadura, con levadura de cervexa,  con comida para peixes pero non saían a diante. Eramos un expertos en mil formas de non criar artemias, ata que conseguimos nun super unhas cápsulas para consumo humano de alga espirulina e parece ser que lles gusta. Teñen sobre uns 25 días e están preciosas.
Outra das miñas aficións e liar a aquel ou aquela que se preste para vir a clase contarnos  cousas interesantes. Facendo garda de patio atopeime coa mamá que ver a cuidar o acuario que temos no cole e conteille o das nosas artemias e sin pensalo moito ofreceuse a vir a darnos uns cantos consellos. Non fixo falla que mo repetira dúas veces así que este mércores veu a darnos un lección maxistral sobre estes pequenos crústaceos. É toda unha experta en animais acuáticos, así esperamos volver a contar con ela en máis ocasións
Grazas Montse!  Foi xenial poder contar contigo!



miércoles, 20 de marzo de 2013

UNS CURIOSOS ANIMAIS

Hoxe estivemos facendo unha lectura na clase sobre os pingüíns e quedamos con ganas de saber algo mais destes curiosos animais.E así buscando información atopamos este interesante vídeo que queremos compartir con Alex e Adrián que están enfermos e levan días sen vir o cole.  

Esperamos que vos guste!

lunes, 18 de marzo de 2013

OS MOVEMENTOS DA TERRA

Se queredes entender un pouco mellor os movementos da Terra e a súa relación coa sucesión dos dìas e as noites e as estacións do ano e ver tamén como se producen as fases da Lúa, non tedes máis que ver con moita atención estos vídeos.


viernes, 15 de marzo de 2013

SEMENTAMOS XUDÍAS

Os nenos e nenas de primeiro tamén nos están axudando coa horta. Hoxe sementamos  xudías en vasos que logo levamos para aula. Esperaremos a que nazan o medren no  interior e, en canto as temperaturas sexan un pouco máis elevadas,  transplantarémolas.
Mirade que ben o fixeron! 

jueves, 14 de marzo de 2013

COMENZAMOS A PLANTAR

Esta semana comezamos a plantar  na nosa horta.  Como sempre a resposta das familias foi impresionante e os nenos e nenas trouxeron: menta, hortelán, ruda, romeo, manzanilla, loureiro, funcho, milrama, perexil, aloe vera, xarxa, melisa e nébeda.
 O longo da  semana, en pequenos, estivemos traballando na horta plantando as aromáticas e tamén aproveitamos para plantar  frambuesas e unha chea de amorodos dos que esperamos probar os seus froitos antes de rematar o cole . E non solo eso,  hoxe atrevémonos a  sementar tirabeques.

 Mil grazas familias!

 
Click to play this Smilebox slideshow.
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow generated with Smilebox

domingo, 10 de marzo de 2013

QUEREMOS EMPEZAR A PLANTAR NO NOSO HORTO




Estimadas familias:

Como xa vos comentarían os vosos fillos e fillas vamos a dispoñer dun pequeno horto onde realizaremos diferentes cultivos. A parte dos productos hortícolas imos adicar un espazo para plantas aromáticas e medicinais.
Ata non fai moito as plantas non se mercaban,  cando una persoa tiña una planta diferente compartíaa cos veciños dándolle un esquexe ou semente  Todos saían beneficiados xa  que  era una forma de garantizar a pervivencia desa especie.  Nos queremos recuperar este espíritu solidario da xente de antaño e pedímosvos que si tedes algunha planta arómatica: menta, hortelán, poenxos, romeo,  herba luisa, ruda, tromentelo, malvarrosa….  ou  arbustos de froitos do bosque: arándanos, grosellos… as compartades con nós dándonos un fillo, esquexe  ou semente para o noso  horto novo.

 Esperamos que dentro duns meses, despois de coidalas con moito esmero, ser nós os que poidamos compartir con vos as nosas plantas.

Grazas pola vosa colaboración.


jueves, 7 de marzo de 2013

ÉRASE UNA VEZ LAS AMÉRICAS

Se queredes saber quen foi Cristóbal Colón e como se supón que realizou as súas fazañas non tedes mais que ver estos entretidos vídeos.

Animádevos a velos e comentalos en familia!


domingo, 3 de marzo de 2013

MEDIDAS DE CAPACIDADE E PESO

 Nestes intres estamos a traballar un dos temas mais complexos e dificiles de entender para vos, así que necesitades practicar moito e  facer unha morea de exercicios. Para empezar aquí tedes uns cantos.


 




PREPASO DAS LINGUAS

Por fin voltei a topar un enlace para que poidades repasar Lingua Galega.. Anque non se correspondan totalmente cos temas que estamos a traballar aquí tedes os enlaces para ir facendo as actividades.

 Lingua Galega:  prendas de vestir, artigosdemostrativos,   palabras rematadas en -axe e ite.

Lingua Castelá: artigos e demostrativos,  palabras rematadas en -z ou -d,  e en -aje, -eje,  jero/a e -jería e os prefixos aero-, super- e tele-