jueves, 28 de febrero de 2013

VOLTAMOS A FACER GALLETAS!

Onte fixemos galletas. Primeiro nos organizamos para traaer os ingredientes. Cada equipo facía un tipo de galleta: Os Pitufos de laranxa, Os Estrelas de pebidas de chocolate e Os Esquíos de marmelada de amorodo.
Comenzamos por aprender o nome dos ingredientes en inglés e logo en lingua de signos. Cando xa os sabíamos, puxémonos a tarefa.
 Primeiro pesamos todos os ingredientes menos os ovos. Nun recipiente mesturamos o azucre moreno coa manteiga e engadimos os ovos batidos un a un. Despois lle botamos a fariña xunto co sal e o fermento. Logo amasamos a mestura con esencia de vainilla e un ingrediente segredo. Engadímoslle a reladura de laranxa ou pebidas de chocolate segundo o sabor, démoslle formae as colocamos sobre o papel de fornear. Ao final metémolas no forno e cando estaban douradas, sacámolas e deixámolas arrefriar.  Xa estaban listas para comer!
Probámoslas na clase e cada un de nós levou para a casa unha saquetiña con nove galletas.

Mnnnnn! Que ricas!


miércoles, 27 de febrero de 2013

REPASO COÑECEMENTO DO MEDIO

Para non esquecer os temas que xa estudamos nesta materia déixovos varios enlaces sobre o traballo, a historia e as cidades.

 A repasar que ainda nos quedan uns cantos máis!

martes, 12 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

Despois de informarnos onde xurdiu e como de desenrolou a civilización exipcia esperábanos moito traballo para decorar os accesorios do noso disfraz. Grazas a inestimable axuda de Luisa Gago que pasou moitas horas con nós traballando arreo, poidemos ter todo a punto para o gran día
E como auténticos exipcios e exipcias os nenos de nenas de 4º A e 4º B percorremos as rúas de Reboreda nun espléndido día.

A seguir disfrtutando de entroido e destas minis vacación!



Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación personalized with Smilebox