sábado, 12 de enero de 2013

O incrible cultivo de xacintos

Xa estamos de volta das vacacións e espérannosun trimestre con novas sorpresas moi divertidas. Unha delas foi cultivar xacintos pero non en terra senon en auga. Como non tíñamos xacinteiras, reciclamos botellas de plástico de auga ou refrescos. Preparámola cortándolle a parte de arriba e botándolle auga.
Cada equipo elaborou unhas preguntas sobre o que queríamos saber sobre os xacintos e buscamos a información en internet.
O pasamos moi ben traballando en equipo!
Esperaremos impacientes a que medren! 

Equipo Os Pitufos


No hay comentarios:

Publicar un comentario