domingo, 29 de enero de 2012

WANGARI

Xa fai un tempo que Margarida me deixou un lote de libros e entre eles atopeime con un que narraba a historia de Wangari.
Nun primeiro momento pensei que era un conto, un fermoso conto dunha muller que loita pola natureza e a o mesmo tempo polo progreso do seu pobo. Pero non, esta muller existiu de verdade e conseguiu que que unha terra que estaba erosionada e empobrecida pola desforestación, voltara a ter vida e a situación ecomómica dos seus habitantes mellorara. Como o conseguiu? Pois plantando árbores.
La tierra estaba desnuda. Mi misión fue intentar vestirla de verde con estas palabras que resume o seu labor. Iniciou o Movimiento verde que se extendeu por trinta paises africanos e conseguiu que se plantaron máis de trinta millóns de árbores. Por esta contribucion lle concedeu o Premio Nobel da Paz 2004.
Aquí vos deixo unha actividade Lim, tan marabillosa como esta historia, feita por Belen Junquera que comparte con nós.
Nada mellor para celebrar o DÍA DA PAZ!

RÉPTILES

Aquí tedes un novo video sobre estos animais miticos, misteriosos e monstruosos que forman o grupo dos réptiles.


miércoles, 25 de enero de 2012

OS ANFIBIOS

Xa estamos estudando o tema dos animais e para ir entrando en materia nada mellor que este vídeo sobre eses os anfibios.
Xa veredes canta información e curiosidades se mostran de este grupo de animais tan especiais.

CANCIÓN DA PAZ

O vindeiro luns 30 de xaneiro, celebraremos no colexio o DÍA DA PAZ con un acto no que cantaremos esta canción cargada de optimismo que nos invita a ¨celebrar a vida, segundo a segundo e todos os días"

sábado, 21 de enero de 2012

ELABORACIÓN DUN MENÚ SAUDABLE

Para poñer en practica os coñecementos adquiridos sobre alimentación e adquirir hábitos alimenticios saudables, ao longo de toda a semana pasada, a media mañán consumíronse os alimentos que figuraban nun menú previamente elaborado e pactado por cada equipo.

Para confeccionar o menú, primeiro teñan que elexir e pactar 5 alimentos pertenecentes a cada grupo : proteinas, hidratos de carbono e vitaminas. Unha vez que xa teñan a lista feita, cada membro do equipo encárgase de decidir que alimentos se van tomar nun déterminado día da semana.
A negociación non sempre é fácil xa que todos temos preferencia por algunhas comidas e en cambio outras non son do noso agrado, pero ao final os tres equipos consensuaron un menú moi, pero que moi saudable.

Este vídeo é un exemplo de como funcionan os equipos e sobretodo, vese como é a dinámica dentro do equipo dos PITUFOS porque a pesar de ser alumnos moi diversos todos sonescoitados. e todas a opinións se teñen en conta.



. video

miércoles, 18 de enero de 2012

ENLACES PARA REPASAR

O frío destes días propiciou que varios de nos sufriramos os ataques de virus e bacterias de catarros e gripes. Algúns vamos recuperándonos pouco a pouco sen ter necesidade de quedar na casa, outros como Juan Arjona e Arrieta xa levan dos días sin vir ao cole.
Para que non se aburran mentras están quentiños na casa e para que os demais vaides repasando, deixo un enlace de LENGUA CASTELÁ e outro de MATEMÁTICAS.

Esperamos que vos recuperedes pronto!



sábado, 14 de enero de 2012

LINGUA DE SIGNOS

En cada unha das aulas de terceiro temos alumnos de necesidades educativas especiais que non poden comunicarse a través da linguaxe oral polo que necesitan dun sistema alternativo de comunicación. O feito de telos como compañeiros enriquécenos a todo grupo e bríndamos a oportunidade de aprender con eles unha forma diferente de comunicación: a lingua de signos.
Da man da profe Lydia e da profe Alejandra preparamos para o festival de nadal unha fermosa panxoliña cantada e signada e, como podedes observar neste vídeo gravado nos ensaios, non se nos da nada mal.
video

jueves, 12 de enero de 2012

ALMORZO SAUDABLE

Nada mellor para comenzar o día que tomar un almorzo completo!

Levamos xa uns días estudando cales son os alimentos e as súas propiedades, así que hoxe quixemos poñer en práctica todo o que levamos aprendido sobre alimentación, almorzando todos xuntos no cole. Nesta primeira comida do día non poden faltar un lácteo, para proporcionarnos as proteínas que precisamos para medrar; os hidratos de carbono para poder ter a enerxía suficiente para afrontar a longa xornada escolar e, non nos podemos esquecer da froita, tan importante para tomar as vitaminas que nos van axudar a estar mais sans.


Foi todo un éxito!

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!




domingo, 8 de enero de 2012

ALIMENTACIÓN SALUDABLE

Neste enlace tedes xogos e actividades para nenos e nenas de entre seis e dez anos.
Marcelo, un personaxe que veu do Planeta Sanus ensinará aos máis pequenos a cuidarse e alimentarse axeitadamente.



viernes, 6 de enero de 2012

AGASALLOS DOS REIS MAGOS

Seguro que hoxe estades disfrutando deses marabillosos agasallos que lle pedístedes aos Reis Magos
Dende a biblioteca, Margarida fixonos unha proposta moi divertida que consistía en escribirlle a carta aos Reis como si fósemos o protagonistas dun dos nosos contos favoritos e estas foron alguns dos agasallos que pediron:
  • Carapuchiña Vermella.- unhas plantas para que o bosque volte a ter flores e unha chaqueta nova para a avoa
  • Aladino.- unha alfombra nova, a que tiña está moi vella de pecorrer todo o mundo.
  • Cincenta.- un vestido de festa e unha criada para non ter que volver a facer as tarefas da casa.
  • Ricitos de Oro.- un peine novo e un suavizante para o pelo.
  • Branca de neve.- carapuchos novos para os ananiños.
  • Os lobos.- non se puxeron de acordo, un pediu varios quilos de chuletas porque non houbo maneira de cazar un porquiño, outro unhas zapatillas de deporte para poder correr un pouco máis rápido e así poder conseguir por fin o seu obxectivo, e o do conto de Carapuchiña, unha dentadura nova xa que lle romperon os dentes cando comeu a avoa.
Serían tan afortunados coma vos e terán xa con eles os seus agasallos?


martes, 3 de enero de 2012

BOAS VACACIÓNS!

Espero que esteades todos e todas pasando uns días estupendos e que aproveitedes para facer actividades diferentes e visitar lugares interesantes. Gustaríanos moito que compartísedes con tod@s esas vivencias tan especiais destas vacacións, para elo só tedes que enviar un correo con fotos a nosa dirección terceiroasantopaio@gmail.com e así poderemos publicalas.

As primeiras fotos que recibimos son de Arrieta e María que se atópan estos días en León e Balmaseda e dende alí, con moito frío, quérennos desexar a todos unhas boas vacacións.
Moitos bicos para tod@s!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own photo slideshow

ACTIVIDADES DE LINGUA GALEGA

Antes de que rematen as vacacións de nadal imos traballar un pouco, así que vos deixo un par de enlaces para facer actividades de Lingua Galega.
Enlace